Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>A ESQUERDA ? LA IZQUIERDA solidarízase con Radio San Borondón</b> - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ESQUERDA ? LA IZQUIERDA solidarízase con Radio San Borondón
La Izquierda
NOTA DE PRENSA

O espazo de confluencia A ESQUERDA ? LA IZQUIERDA, formado por nove formacións políticas e sociais de distintos ámbitos autonómicos, solidarízase con Radio Dixital San Borondón e exprésalle todo o seu apoio e colaboración na súa resistencia fronte ao Goberno de Canarias que, ao parecer, pretende pechar a emisora.

Explican en A ESQUERDA ? LA IZQUIERDA que distintas informacións apuntan a que o Goberno canario procura o xeito de clausurar as emisións de Radio San Borondón, punta de lanza do Centro da Cultura Popular Canaria, e quizais a súa máxima expresión polo alcance e difusión da súa cobertura nas illas. Todo o proxecto cultural San Borondón ten como lema «A Voz do Pobo» e isto é o que parece molestar especialmente ao Goberno de Canarias.

Segundo A ESQUERDA ? LA IZQUIERDA, Radio San Borondón desvelou intencións escondidas en proxectos gobernamentais, denunciou incumprimentos e transgresións desde o poder político e empresarial, desvelou alianzas inmorais entre o público e o privado, e deu, efectivamente, a voz ao pobo e ás súas diversas expresións políticas, sociais e culturais. Todo isto converteuse nunha pedra no zapato do Goberno canario, unha pedra molesta que intenta sacarse facendo o que calquera Goberno autoritario faría: cancelar a licenza para a emisión de radio.

Advirten en A ESQUERDA ? LA IZQUIERDA que ese espazo político-social de nove formacións e partidos promoverá cantas iniciativas sexan necesarias no Estado español para denunciar e evitar o peche de Radio San Borondón e implicará nelas a cantas organizacións políticas e sociais estean dispostas a loitar pola liberdade de expresión, derradeiro baluarte dos dereitos fundamentais que algúns falsos gobernos demócratas queren derribar. Hoxe é Radio San Borondón, mañá será calquera medio dixital. Non pasarán!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-01-2014 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0