Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.
PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A voltas co nepotismo |
|
Por: Óscar Lomba
http://praza.com/opinion/1501/a-voltas-co-nepotismo/
Nepotismo (do latín «nepos», neto, sobriño ou descendente) é unha forma de corrupción na cal un cargo público utiliza a súa posición para conceder empregos públicos ás persoas conectadas a el por lazos familiares ou de amizade, de xeito que outras, que posúen unha mellor formación, quedan privadas do acceso ao devandito posto.
A palabra «nepotismo» xurdiu para expresar as relacións de concesión de privilexios entre o Papa e os seus familiares. No período do Renacemento, os papas e outras autoridades da Igrexa Católica, por non ter fillos, protexían aos seus sobriños, nomeándoos ou propoñéndoos para cargos importantes dentro da Igrexa.
Actualmente, o nepotismo é amplamente condenado na esfera política mundial, sendo asociado á corrupción e considerado un cancro da democracia. O maior nepotista da historia quizais foi Napoleón Bonaparte, unha vez que nomeou a tres dos seus irmáns como reis nos países por el conquistados.
O Artigo 103.1. da Constitución Española de 1978 di textualmente que «a Administración Pública serve con obxectividade os intereses xerais e actúa de acordo cos principios de eficacia, xerarquía, descentralización e coordinación, con sometemento pleno á lei e ao dereito». E o artigo 103.3. afirma que «a lei regulamentará o estatuto dos funcionarios públicos, o acceso á función pública de acordo cos principios de mérito e capacidade, as peculiaridades do exercicio do seu dereito á sindicación, o sistema de incompatibilidades e as garantías para a imparcialidade no exercicio das súas funcións».
Por medio destes artigos, queda explícito o carácter inconstitucional do nepotismo. Porén, entendo que iso non impide que se elaboren outras normas contra esta lacra para reforzar a prohibición desta práctica. De todas maneiras é importante salientar que aínda que o nepotismo non sexa un crime grave debe ser combatido. Opino que, cando queda comprobada a comisión desa práctica, o responsábel público debería quedar suxeito á acción xudicial por ese acto de improbidade administrativa, o que á súa vez debería incluír desde o resarcimento integral do dano ao erario público ata a perda da súa condición de responsábel público e todos os dereitos políticos inherentes a devandito cargo.
Por todo o exposto, entendo que os 21 casos de «enchufismo», que son noticia estes días en Vigo, non deberían quedar impunes.
* Óscar Lomba é avogado.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|