Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>Enchufismo Municipal </b> - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Enchufismo Municipal
Por Óscar Lomba *

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/11/27/enchufismo-municipal/0003_201311V27C12993.htm

A cidadanía viguesa presencia abraiada a sucesión de informacións sobre presuntas contratacións irregulares e posibles casos de enchufismo no Concello de Vigo. Semella que este asunto está moi presenta nas charlas de café que están cheas de alusións a tal ou cal conduta dun determinado político que «enchufa» á súa filla, á súa irmá, á súa esposa, ao cuñado, ao primo segundo da súa irmá a «traballar» nesta ou naqueloutra contrata.
As devanditas prácticas de corrupción branca ou de baixa intensidade son as que xeran o caldo de cultivo para que as grandes «quenllas de pescozo branco» atopen augas cálidas para nadar, sempre prestas a cazar subvencións ou a premiar a achegados e coñecidos con postos destacados nos que poidan ?vivir do conto? mentres miles de parados vigueses ollan estupefactos a dantesca danza de vaidades que aniña na nosa institución municipal. E case ninguén ergue a voz. A cidadanía limítase a seguir malvivindo, a obviar o que xamais debería ser permitido, a pensar que, quizais, cun endebedamento permanente, un orzamento municipal dilapidado continuamente nuns insignificantes concertos en Castrelos, unhas poucas becas de inglés e unhas cantas humanizacións cada lexislatura fornécese «pan e circo» dabondo para aguantar ata as vindeiras eleccións, ata que o trampolín municipal axude a catapultar ao Alcalde ata a seguinte Corporación, ata que a paciencia dos 33.600 sufridos desempregados aguante, ata que as mangas da chaqueta propia cedan ao peso das esmolas coas que se compran os espíritos minguados pero oprimidos que terminan servindo irremisiblemente a detestables intereses privados.
Esa corrupción, denominada corrupción branca ou de baixa intensidade, é tan nociva como unha doenza patóxena. Deste xeito o enchufismo podería ser equiparado cos primeiros síntomas dunha enfermidade infecciosa que está empezoñando ao conxunto do corpo social vigués e está debuxando novos espazos de desilusión e desesperanza. A sociedade civil e a xustiza deben artellar respostas axeitadas para parar e eliminar de raíz esta corrupción branca, antes de que sexa demasiado tarde.


* Óscar Lomba é avogado e militante de ANOVA

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2013 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0