Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Non ao Enchufismo no Concello - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Non ao Enchufismo no Concello
Nova Esquerda GalegaA alarma social xerada trala publicación de diversas informacións relacionadas con presuntas contratacións irregulares e concesión de empregos en diversas contratas relacionadas co Concello de Vigo non deberían quedar impunes.

Para Nova Esquerda Galega (N.E.G.) as devanditas prácticas relacionadas co suposto tráfico de influencias e o presunto «enchufismo» consumados polo Alcalde de Vigo e os seus concelleiros, ao outorgar empregos, cargos ou beneficios a través de influencias ou recomendacións, desatendendo aos méritos propios dos candidatos, aínda que non poida probarse a transgresión da lexislación vixente, si supón unha acción rexeitábel e pouco ética.

Nova Esquerda Galega (N.E.G.) opina que o tráfico de influencias é unha práctica ilegal e o enchufismo debería selo tamén, ou cando menos moralmente obxectábel, pois a influencia persoal en ámbitos do goberno municipal, a través de conexións con persoas relacionadas por afinidade política ou familiar, e co fin de obter favores ou tratamento preferencial, resulta profundamente inxusto, deshonesto e indecente.

Opinamos desde Nova Esquerda Galega (NEG) que moitos deses empregados «enchufados» nas contratas municipais teñen probabelmente fortes conexións con militantes destacados ou cargos públicos do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) de Vigo, o que ademais supón ter información privilexiada e apoio incomparábel de determinados responsábeis da corporación Viguesa.

Nova Esquerda Galega (NEG) xulga extremadamente inxusto, indigno e reprensíbel que determinadas persoas que exercen autoridade política e que teñen poder de decisión sexan os que coloquen arbitrariamente a determinados cidadáns en numerosos postos e empregos, impedindo deste xeito o acceso a outras persoas a eses mesmos postos en igualdade de condicións.


Vigo, 15 de novembro de 2013

Comisión Executiva Nacional de Nova Esquerda Galega (NEG)
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-11-2013 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Oichedes... Sacáchedes unha nota de prensa en relación o avogado Gustavo García polo ataque sofrido. O caso é que non a atopo ou é que hai algún motivo pa qu#blgtk08#e non apareza? Mirai, prexulgar e malo... en todolos sentidos, pero igual convén que saquedes outra notiña ooh... xa sabedes, porque rectificar e de sabios.
Comentario por leon (15-11-2013 17:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0