Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.
PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
IU impulsa a plataforma "Suma" para as europeas |
|
FONTE: Galicia Confidencial
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/16488.html?pag_com=1
Este proxecto, no que participan formacións galegas, nace coa vocación de constituírse como "referente da converxencia política e social", nun proceso que pretende ir máis alá das europeas. Tenta chegar a acordos con outras formacións como ANOVA.
Finalmente, a plataforma política e social impulsada por IU xa ten nome; "Suma, la gente primero". Con ese nome concurrirá ás eleccións europeas en converxencia con outras forzas políticas da esquerda estatal e nacionalista e cos movementos sociais.
Esta nova plataforma busca un "proceso de ruptura democrática", restaurar a República e "rachar co sistema que está ao servizo dos mercados e da Troika". "Para iso é necesario a conformación dunha gran Fronte Ampla non excluínte, unha gran Fronte de Esquerdas e Republicano; unha Fronte Cidadá e Popular que acabe coa dispersión e atomización das nosas organizacións que só favorece aos poderes fácticos", destaca este novo proxecto político-social nun comunicado.
"Este primeiro paso aberto, plural, é converxente con propostas similares como as de ANOVA que teñen unha visión común para estas próximas eleccións europeas", apuntan fontes consultadas por GC.
"Suma, la gente primero", é un espazo de converxencia entre organizacións sociais e políticas que vén traballando desde o mes de xullo pola constitución dun referente político que poida presentarse ás vindeiras eleccións euiropeas.
Presenza galega
Nova Esquerda Galega (NEG) tamén participa deste proxecto conxuntamente co grupo La Izquierda, outra plataforma política que nuclea a 9 partidos de distintos ámbitos no Estado español e que, xunto con IU, tenta ser a referencia de esquerdas deste proxecto. En La Izquierda están, ademais de NEG, Ezker Batua - Berdeak EB-B, Iniciativa Socialista de Izquierdas ISI, Plataforma Ciudadana YA PCYA, Colectivo Red Verde de Extremadura CRV-Ex, Compromiso Socialista CS, Unión da Izquierda Socialista de Aragón UISA, Madrid Socialista MAS, Fuerza Republicana FR y Convergencia por Extremadura CEx.
Un dos principais obxectivos de "Suma, la gente primero" é pactar con outras formacións políticas de Euskadi, Cataluña ou Galicia. Por iso, un dos seus principais obxectivos é chegar a un pacto con Anova. "A experiencia de Alternativa Galega de Esquerda e o papel de ANOVA foi fundamental para dar os pasos para impulsar un acordo político electoral da esquerda federal rupturista coas esquerdas nacionalistas e os movementos sociais como o 15 M", apuntan as fontes consultadas.
"Voz propia" de Galicia
Polo momento, as negociacións seguen abertas e tamén se poderían incorporar outros partidos políticos. "Unha Fronte ampla destas características permitirá que Galicia teña unha voz propia no Parlamento europeo", insisten. De feito, hai uns días, Yolanda Díaz, aseguraba que Galicia contará, cando menos, cun posto de saída nesta plataforma.
Presentación en decembro
"Suma, la gente primero" fará a súa presentación pública o próximo mes de decembro. Nesa presentación farase unha primeira aproximación aos eixos programáticos, que se basearán nas reivindicacións dos "colectivos sociais en conflito" (mareas, PAHs, movemento estudantil e xuvenil), aos que "Suma" está xa consultando. Este programa abrirase así mesmo á participación cidadá a través de Internet e en diferentes foros por todo o Estado.
As organizacións que participan e apoian este proxecto son Ahora Tú Decides, Asamblea Popular 15M de la Concepción, Asamblea Popular 15M de San Blas, Asociación Nacional de Desempleados (Adesorg), Compromiso La Izquierda , Confederación de los Verdes, Confluencia, Construyendo la Izquierda-Alternativa Socialista (CLI-AS), Convergencia Desde Abajo de Colmenar, Convergencia por Extremadura, Convocatoria Cívica, Convocatoria Por Tenerife, Cooperación por la Renta Básica y el Reparto del Trabajo, Coordinadora de Plataformas en Defensa de las Personas Desempleadas (PDPD)-Adesorg, Corriente Marxista Revolucionaria El Militante, Frente Amplio de Canarias, Frente Cívico, Ezker Batua-Berdeak, Fundación CEPS, Grupo de Trabajo 15M por el Bloque Social Inclusivo, Iniciativa Socialista de Izquierdas (ISI ES), Izquierda Abierta, Izquierda Anticapitalista, Izquierda Republicana, Izquierda Unida (IU), Los Verdes Grupo Verde, Movimiento Yo no pago, Nova Esquerda Galega, Plataforma Ciudadana Ya, Plataforma Contra la Impunidad del Franquismo, Plataforma por el Respeto Social, Plataforma por la República, Primavera Andaluza, Sindicato de Estudiantes, Socialismo XXI, Unidad Cívica por la República.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|