Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.
PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A ESQUERDA esixe a extradición a Arxentina dos torturadores franquistas |
|
A xuíza Servini de Cubría espera unha resposta oficial do Goberno de Rajoy para que de curso á petición de captura contra os catro imputados nos delitos de lesa humanidade durante a ditadura franquista.
A xuíza María Servini de Cubría, que leva adiante a causa aberta en Arxentina contra os crimes do franquismo, asinou o pedido de extradición para catro exfuncionarios de seguridade da ditadura acusados de torturas en Arxentina.
As peticións de captura internacional cursadas a través de Interpol son contra o ex garda civil Jesús Muñecas Aguilar, o ex escolta de Francisco Franco e da Casa Real Celso Galván Abascal, o ex comisario José Ignacio Giralte González; e ex inspector José Antonio González Pacheco, alias Billy El Niño. Aínda que o Estado español confirmou o falecemento de Giralte González (morto en 2007), e de Galván Abascal (en 2009), a Xustiza Arxentina non recibiu documento ningún que acredite o deceso de ambos os dous, así que a solicitude de extradición mantense para os catro españois.
O xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz asegurou, o 25 de setembro, que citaría a Muñecas Aguilar, de 77 anos, González Pacheco, alias Billy El Niño, de 66, en canto Arxentina formalizase as peticións de detención.
En Arxentina, a tortura está tipificada con penas que oscilan entre os oito e os 25 anos de prisión.
Desde A ESQUERDA esiximos ao Goberno de Rajoy e á xustiza española que cumpra os seus compromisos internacionais e extradite de forma urxente a estes verdugos e torturadores franquistas. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|