AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

A Xunta de Galicia pechou Flocos TV, a mellor xanela do audiovisual galego

Agora se entramos en Flocos TV podemos ler "Esta web xa non está operativa".


A que viña sendo a mellor xanela do audiovisual galego acaba de ser pechada.

A partir de agora non só non incorporará novas películas ao seu escaparate (había 300 pezas en cola agardando para ser subidas), senón que xa non poderá ensinar ningún dos fondos que podiamos visitar ata hai uns días, máis de 350 obras dispoñibles entre curtas, tráileres, making of, documentais, videocreacións e longametraxes.

E por se alguén pensa que os motivos do peche son económicos, que saiba que o custe de mantemento da web na rede era de 300 euros mensuais.

Claro que a mala noticia non é unha sorpresa para ninguén. Dende o comezo desta última lexislatura da Xunta este non é o primeiro proxecto comprometido co audiovisual galego que se bota por terra, así que a derruba de Flocos TV xa estaba tardando. De nada lle valeu a boa acollida do público nin o recoñecemento dos profesionais.

Quedará na nosa memoria a idea xenial e a brillante execución dunha web que abrigaba curtas e longrametraxes de todos os estilos feitas na nosa lingua, unha auténtica videoteca en liña gratuíta, á que se enlazaban centos de blogues, tamén este.

Como homenaxe a Flocos TV e co agradecemento aos que a puxeron en pé, incorporamos imaxes da entrega do Mestre Mateo 2008 á mellor obra interactiva, que foi recollido polos seus creadores, os integrantes da Navalla Suíza e a desaparecida Axencia Audiovisual Galega:




Máis información aquí.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 01-03-2011 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0