AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Os pais que queren educación en galego para os seus fillos non son respectados
Imaxe de Jessica Barcala
Nota de prensa da CGENDL ante a supresión
das liñas de galego en infantil


A Coordinadora Galega de ENDL denuncia unha decidida acción de desprotección do galego no ensino infantil por parte da Consellería de Educación.

A actuación da Consellería provoca a desorientación e o caos administrativo nos centros educativos que xa cumpriran coas súas responsabilidades.

A decisión das familias que optaron polo ensino en galego ao abeiro dun programa de innovación educativa de óptimos resultados non é respectada.


A Consellería de Educación vén de prohibir que se desenvolvan os Proxectos de Innovación Educativa que lles permitía aos centros de contornos castelanfalantes con máis dunha liña ofertar ás familias un ensino en galego nunha delas, única forma de achegar a lingua galega aos máis cativos nestes contextos.

Os citados proxectos veñen de ser eliminados despois de permitir que se realizase a preinscrición, se tramitase a documentación e se conformasen os agrupamentos do alumnado. Días antes de formalizar a matrícula, as familias e os centros non saben cal vai a ser o criterio de agrupamento, polo que temen que os nenos galegofalantes queden diluídos en grupos maioritariamente castelanfalantes. Isto, unido á presenza social do castelán na sociedade, supón a castelanización total dun alumnado cuxas familias querían que aprendesen o galego desde as idades temperás.

Queda demostrado que a opinión das familias que queren ensino en galego non é respectada, xa que todas as que participan nestes Proxectos de Innovación solicitaron expresamente este tipo de ensino pensado para o galego e aprobado no Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNL) como medida de apoio a esta lingua que é a que está minorizada na sociedade.

A maneira de proceder da Consellería de Educación demostra unha total falta de responsabilidade por parte da administración educativa e de respecto cara os profesionais do ensino, ao deixar os centros de Infantil sumidos no desconcerto e a desorientación, ademais de introducir un caos organizativo nos derradeiros días de curso. Tamén evidencia a falta de respecto cara ás propias familias ao negarlles a posibilidade de respectar a súa decisión.

En definitiva, esta medida sen dúbida irá en menoscabo da calidade educativa ademais de supoñer unha acción gravísima de desprotección do galego, lingua minorizada que require de accións de apoio.

A Coordinadora Galega de ENDL anuncia que redobrará esforzos para, en colaboración cos diferentes sectores que compoñen o mundo educativo, evitar a desprotección e a marxinación da lingua galega no ensino infantil.

Fonte: Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 20-06-2010 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0