AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

A CGENDL mostra a súa preocupación pola demisión dos coordinadores/as dos ENDL
Perante a demisión dos/as coordinadores dos ENDL, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüísticas quere manifestar o seguinte:

En primeiro lugar, expresar o recoñecemento público ao labor desenvolvido por estes/as profesionais ao longo dos pasados anos. O seu traballo de asesoramento, apoio e coordinación dos ENDL dos centros educativos foron un avanzo importantísimo para a realización do traballo dos equipos durante os pasados cursos.

Foi o seu, alén diso, un labor feito desde a coherencia, o compromiso sen complexos coa nosa lingua e unha profesionalidade que axudou a aunar esforzos, a non duplicar labores, a optimizar os recursos e os cartos dos contribuíntes e visibilizar o traballo colectivo, a maior parte das veces voluntarista, de moitas das persoas comprometidas coa nosa lingua nos centros de ensino.

En segundo lugar, mostrar a maior comprensión á hora de presentar a súa renuncia xa que, coma eles/as, observamos como desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística se está a lexislar en contra do traballo que viñeron desenvolvendo estes anos e en contra da nosa lingua.

En definitiva, a renuncia destes/as profesionais de grande valía para o noso traballo diario só pode ser entendida como un grave paso atrás no traballo a prol da normalización lingüística nos centros educativos.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 20-06-2010 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0