AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

A Xunta prohibe a inmersión en galego nas cidades


Suprímese a continuidade da liña en galego en infantil en 23 centros públicos e 19 concertados, malia haber máis demanda que oferta

Prohibida a inmersión... en galego. O decreto aprobado polo bipartito permitía esta técnica pedagóxica na lingua propia en Educación Infantil nas contornas urbanas para favorecer así que os máis pequenos que teñen un contacto nulo coa lingua o poidesen ter nas escolas. Esta posibilidade existía grazas á lexislación aprobada en 1995 polo goberno de Manuel Fraga e que posteriormente foi desenvolvida no decreto de 2007 que agora foi suprimido polo Executivo.

Algúns colexios de ámbitos castelánfalantes podían potenciar este modelo para garantir unha competencia mínima en galego dos rapaces de entre tres e cinco anos. O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia (STEG) lembra que xa o ano pasado a consellaría xa optou por eliminar as axudas económicas para este programa. Agora, Educación acaba de comunicarlle aos 47 centros que mantiñan estes programas de que non poderán levarse a cabo no vindeiro curso

Dende o STEG aseguran que ?esta decisión non ten en conta a demanda constante de numerosas familias que constatan diariamente a imposibilidade de garantir o bilingüismo para unhas nenas e uns nenos que, a partires dos 6 anos terán que coñecer ben o galego para comezar o ensino obrigatorio.? "As únicas novidades lexislativas deste goberno en materia educativa non se preocupan da calidade do ensino, senón de eliminar todas as medidas existentes de protección da lingua", aclara.


Fonte: Xornal de Galicia (16/06/2010)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 20-06-2010 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0