AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Os coordinadores provinciais e central da normalización nas aulas dimiten polo novo decreto
Casteleiro

A nova norma elimina o termo ?normalización? do nome dos equipos, que deben limitarse a ?dinamizar? a lingua

A Secretaría Xeral de Política Lingüística do bipartito encomen­doulles en 2007 ?revitalizar? o galego nos centros educativos mediante a ?coordinación?, en cada provincia dos equipos de normalización lingüística dos centros educativos non universitarios. Tres anos e medio despois, unha norma do mesmo departamento, xa no Executivo do PP, forza a súa dimisión.

O ?cambio de rumbo? na política lingüística da Xunta e, nomeadamente, a posta en marcha do denominado decreto do plurilingüismo, vén de provocar a dimisión conxunta dos catro coordinadores provinciais dos equipos de normalización, así como do coordinador central, que desenvolvía o seu traballo dende Compostela.

Segundo puido saber Xornal de Galicia, a norma impulsada dende o departamento que dirixe Anxo Lorenzo foi o detonante final dunha situación que, segundo as fontes consultadas, ?latexaba? dende hai meses no seo dos gabinetes provinciais de normalización, aos que o Executivo de PSdeG e BNG incorporar a estes profesionais que, á súa vez, orientaban o labor dos mestres que, en cada centro educativo, se ocupan directamente da promoción da lingua galega.

Atendendo ás mesmas fontes, estes cinco docentes consideraron que o seu labor de ?compromiso coa normalización? da lingua propia de Galicia ?xa non pintaba nada?, o que os levou a tomar a determinación de abandonar o seus postos de maneira conxunta ao remate do presente curso escolar, o primeiro no que o novo decreto xa estará en vigor.

A xuízo destes mestres, o ensino galego atópase diante dun ?peche de ciclo en materia de normalización e dinamización lingüística?, no que, ao abeiro do decreto 124/2007, xa derrogado, existiu, na súa opinión, unha ?defensa sen complexos da nosa lingua? nas aulas, mediante unha ?pedagoxía innovadora? tanto ?no ámbito escolar?, coa implantación da norma que situaba as materias impartidas en galego nun ?mínimo? do 50%, coma no ?extraescolar?.

Foron estas as circunstancias que se situaron por tras dunha decisión ?reflexionada e acordada? entre os cinco docentes e que, ao mesmo tempo, abre a incógnita de se os seus postos serán cubertos por outros profesionais no curso 2010-2011 xa que, ata o mes de setembro, os dimisionarios permanecerán, de xeito provisional, nas súas funcións.


CAMBIO DE DENOMINACIÓN

O futuro dos equipos de normalización lingüística dos centros educativos foi un dos focos de maior controversia durante todo o proceso de elaboración do denominado decreto do plurilingüismo, comezando polo seu propio nome xa que, de agora en diante, os órganos encargados da promoción do idioma no ensino pasan a ser, unicamente, de ?dinamización? do galego.

Neste sentido, a presidenta da coordinadora galega de equipos de normalización, Valentina Formoso, considerou, durante o proceso de elaboración do decreto, especialmente ?preocupante? o ?transfondo? da medida. Na súa opinión, o cambio de nome ?dá por suposto que o galego xa está normalizado e só compre desenvolver medidas de dinamización en torno a el?. Pola contra, apunta, ?na sociedade e, sobre todo, entre os adolescentes en idade de acudir á escola, a lingua propia segue a precisar normalización e máis protección?.


Fonte: Xornal.com (18/06/2010)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 20-06-2010 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0