AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Luís Villares, xuíz: 'Unha sanción por desobedecer o decreto do ensino poderíase impugnar por ilegal'
O maxistrado da Fonsagrada participará no V Congreso de AGAPEMA
A Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática, AGAPEMA, organiza en Ferrol os días 25 e 26 deste mes o seu V Congreso. Entre as comunicacións previstas para esa cita, figura unha moi acaída para saber o que pode acontecer no vindeiro curso escolar. É a que presentará o xuíz Luís Villares baixo o título ?Podemos dar as clases en galego??. En Radiofusiòn explicou que si: ?Non habería dificultade ningunha en que ante unha hipotética sanción derivada desa aplicación do regulamento se puidese impugnar a actuación por ilegal e declarala nula completamente?.

Sociedade ? 17/06/2010 ? Autor: M. A.

Teimar en impartir as materias en idioma galego non é ?rebeldía?, en todo caso unha ?desobediencia?, precisa o xuíz titular d?A Fonsagrada. Requirido polo abeiro que a lei lles confire aos mestres que continúen a desenvolverse en clase como o facían baixo o decreto do ensino derrogado, Luís Villares explica: ?A suxeción de todos ao ordenamento xurídico é ao seu conxunto, non unicamente ao decreto, que non convivé só, senón que está subordinado a leis que están por enriba como a de Normalización Lingüística e a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias?. O contido desas normas entra en contradición co decreto promovido pola Xunta dunha maneira que Villares cualifica como ?aberta e groseira?. Xa que logo, lembra que ?posto a escoller a que norma se somete un, as de rango superior teñen que ser observadas sobre as de rango inferior cando estas contradicen ás outras, porque son nulas?.

?Teño reservas? avanza o xuíz sobre a posibilidade de que se lle abran expedientes sancionadores aos mestres que desobedezan o decreto. Non dubida en sinalar o decreto do plurilingüismo como ?ilegal? e, así as cousas, ?todos os actos que deriven de regulamentos ilegais son nulos de pleno dereito?. O maxistrado prognostica que se cadra non se chega a esa situación se prosperan antes do inicio do curso os recursos presentados por diversos sindicatos e plataformas contra a norma da Consellaría de Educación. Nese caso, adianta Villares, ?supenderíase provisionalmente a súa aplicación e continuaría en vigor o anterior decreto. Os tribunais poderían deixar o novo sen efecto transitoriamente e, se o declaran ilegal, o Goberno tería que facer outro?.

Verbo do plan da Xunta para promover unha reforma legal que permita realizar consultas aos pais e nais en Primaria e Secundaria sobre o idioma das materias e outros aspectos do ensino, Luís Villares é tallante: ?Calquera que lea a sentenza do Tribunal Constitucional 337/94 entende que non pode ser así. Esa sentenza acabou cun debate semellante en Cataluña nos anos 90?. ?Non hai lei que poida facer abdicar ao Executivo autonómico do seu deber de decidir a configuración curricular a favor dunha suposta elección paterna ou materna?. ?A regulación dese contido entraría no corazón mesmo do dereito á educación e deberá ser regulado por lei orgánica. A Xunta non ten competencia para iso?, resolve.


Fonte: Coordenadora de Equipas de Normalización de Ferrolterra


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 20-06-2010 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0