AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

O avoíño
"Avoíño" é unha promo do documental Lourizán, parroquia mártir. Crónica dun paraíso perdido.


GRAVADO NO PAZO DE LOURIZÁN EN MAIO DE 2007





Entrevistado: José Santiago Pazos

Guión e dirección: Lukas Santiago

Imaxe e Son: Miguel Barbosa e Facundo De Vitto

Montaxe: Lukas Santiago

Produción: Lukas Santiago


COMENTARIO DO DIRECTOR:

En realidade, esta curta é un resumo da entrevista que lle fixen ó meu avó fai xa 3 anos, para o documental Lourizán, parroquia mártir. Crónica dun paraíso perdido. Este traballo fíxeno para a miña familia, e o título que eu lle puxera no seu momento foi o de Avoinho, pero vén a ser unha especie de resumo ou de promo do documental que quero facer da miña parroquia, a primeira historia que tiven ganas de contar porque foi a primeira historia que o meu avó me contou de pequeno: Cando era neno pensaba que nacera nun lugar moi feo. E foi o meu avó o que me fixo comprender que non era así, que Os Praceres era un lugar especialmente fermoso, e que esa beleza nola roubaran, os ricos, como di el...

Este documental, como o seu título indica, é a crónica de cómo Lourizán era un auténtico paraíso fai un século, no que o mandamáis da época, Montero Ríos, estableceu a súa residencia, e onde viñan as clases altas tomar os baños de mar, tan de moda naquel momento; e como a instalación da Celulosa en tempos de Franco, supuxo non soamente a destrución de gran parte do que era o banco marisqueiro máis grande e produtivo de Galicia, cando levavan a cría para Carril e ás outras rías, senón tamén a destrución do futuro da parroquia que pasou a convertirse nunha especie de patio traseiro, como eu lle chamo, do Concello de Pontevedra, dando lugar posteriormente á instalación aquí da depuradora, ou á construción do tren ó porto polo medio da única praza que temos. Como di o meu avó: O pueblo matouno... Lourizán, é unha parroquia mártir, unha máis, de tantas. Pero é a nosa!

Xosé Santiago para min é o mellor avó do mundo. Se tivera que destacar algo del sería que é ante todo un home bo, e que sempre afrontou o mundo co seu eterno sorriso Os vellos representan a sabiduría popular. Son os últimos portadores da cultura tradicional galega, rural e mariñeira, que con eles desaparecerá ante o empuxe da posmodernidade e do mundo globalizado. É o noso deber documentar e rexistrar o seu testemuño para conservar en parte ese mundo que xa se foi... O amor e o respecto ós vellos é moi importante. O amor polos nosos maiores é o amor ás nosas orixes. Se non nos sentimos orgullosos das nosas orixes non nos queremos a nós mesmos. E se non nos queremos a nós mesmos non podemos amar ós demais...

Saúde, amor e alegría!!!


Vía: Aula Galicia

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 22-06-2010 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0