AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Galegos no estranxeiro
Alumnos e alumnas do IES Chano Piñeiro de Forcarei na súa viaxe de estudos a París entrevistaron a Josefa, unha emigrante galega que leva máis de 30 anos en París traballando como porteira, emprego desenvolto pola maioría das galegas emigradas á capital francesa. Estiveron os rapaces e rapazas de Forcarei na súa portería, na zona da Ópera, e Josefa contestou amablemente as preguntas que lle fixeron.

Segundo recollen no blog Lingua de Montes: "En Ile-de-France disque hai máis de 20.000 galegas e galegos. E a maior parte non só fala en galego senón que llo transmite aos seus descendentes. Aínda han de facer boa a celebérrima frase "sempre nos quedará París". Reparade, iso si, a lóxica influencia do francés na súa lingua: o factor, o fiul, o sandic."

Escoitemos o podcast da entrevista con Josefa:





Fonte: "Mini-entrevista a Josefa, emigrante galega en París", publicado no blog Lingua de Montes (15/04/2010) do ENDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 09-05-2010 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0