AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Canto de Reis de Santaia de Moar
Este "Canto de Reis de Santaia de Moar" foi interpretado polos Obradoiros de Cantos de Reis do Concello da Coruña, no Fórum Folk, o luns 22 de decembro de 2008.


Canto de Reis de Santaia de Moar

San Xosé e mais María
eles ían para Belén
ían cantando nos reis
cantémolos nós tamén.

Ían de vila en vila
e de lugar en lugar,
en busca de Xesús Cristo
non o puideron topar.

Foron dar con el a Roma,
revestido no altar
misa nova vai dicir,
misa nova vai cantar.

Aquela pombiña branca
que está enriba no altar,
ela é Nosa Señora
ela vénnos visitar.

San Xosé bota as redes
por riba de San Bernaldo
toma nena este paniño
mándanos o aguinaldo.

Aquí hai mociñas
que gastan peineta,
que nos han de dar
a media peseta.

Aquí hai mociñas
que gastan refaixo,
que nos han de dar
o que traen por baixo.

Aquí hai mociñas
que gastan salero,
que nos han de dar
o viño no xerro.

Recompilación de cantos de reis.

Máis información sobre os cantos de reis.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 07. Patrimonio Inmaterial - Publicado o 06-01-2010 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0