AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Xa está na rede o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade
Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade
Preséntase no Museo do Pobo Galego o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI), traballo que xurdiu da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial, que creou o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego.

Nos momentos iniciais, o proxecto contou cunha abondosa "materia prima", consistente nunhas 600 fitas recollidas de informantes da Galiza rural directamente, ou baixo a súa dirección, por Xosé Luís Rivas, Mini, e Baldomero Iglesias, Mero, nos últimos 35 anos.

Tamén se dispuña no fondo do Museo dunha colección de gravacións realizadas en 1994, como resultado do proxecto interactivo museo-escola Recupera-la tradición oral.

Despois dun laborioso proceso de tratamento das gravacións orixinais, transcrición e construción dunha base de datos, o APOI está en condicións de entrar en funcionamento e desde aquí dámoslle a benvida.

http://www.apoi-mpg.org


Fonte: Vieiros (25/06/2009)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 07. Patrimonio Inmaterial - Publicado o 25-06-2009 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0