AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

A nosa lingua é o noso lugar no mundo


Dos seis mil idiomas que existen no mundo, a metade está en grave perigo de extinción e é probable que desaparezan nos próximos cen anos.

Pero que acontece realmente cando desaparece un idioma? E por que unhas linguas desapareceron ao longo da historia e outras, en cambio, expandíronse?

Isto e moito máis estuda o documental danés In Language We Live (Voices of The World), en galego Na lingua vivimos, que podedes ver aquí en sete partes dobrada ao castelán.

Dirección: Janus Billeskov Jansen e Signe Byrge Sørensen.

1ª parte:


"Cada vez que desaparece un idioma pérdese con el unha visión do mundo. (...) As diferenzas dos nosos entornos son as responsables das palabras únicas de cada idioma. (...) Se desaparecese o meu idioma perdería o meu lugar no mundo. Xunto co meu idioma esvaeceríanse tamén longas épocas do meu pasado, a historia e a cultura da miña familia."

"Así que só existen seis mil xeitos distintos de ver o mundo, das cales tres mil poden desaparecer nos próximos cen anos, isto significa que existe o risco real de perder a percepción que cada un de nós ten dos seres humanos, é dicir, que desapareza o noso concepto do que é un ser humano".

David Crystal, lingüista.


2ª parte:


"Hai unha verdade universal e é que a lingua máis influínte vai dominar sempre a menos influínte. A cultura maioritaria absorbe a minoritaria. Isto é unha lei de vida para os humanos. Non importa se falamos do español, do francés, do portugués, do árabe, do hindi, do ruso ou do chinés, todos eles son idiomas con moito peso que ao chegar a calquera parte do mundo, fano como apisoadoras que van destruíndo as linguas minoritarias ao seu paso."

David Crystal


3ª parte:


"O idioma está moi perto do corazón das persoas, forma parte da nosa alma, por iso é algo cara ao que sentimos un grande apego. De aí que o idioma sexa o punto feble contra o que atacar para manter un pobo sometido."

David Crystal


4ª parte:


"A pregunta que todo o mundo se fai é: cando morre unha lingua? Dise que cando morre a última persoa que a fala, pero algúns pensan que é cando morre a penúltima, posto que entón a última queda sen ninguén con quen falala."

David Crystal


5ª parte:


"Cando existe a posibilidade de que unha lingua poida desaparecer, os membros máis importantes dunha comunidade son os adolescentes. Son fundamentais posto que serán pais na seguinte xeración. (...) En dez anos eles serán nais e pais e a menos que lles teñamos inculcado a importancia do seu idioma para a súa identidade e que adquiran conciencia diso, non se molestarán en ensinárllelo aos seus fillos."

David Crystal


6ª parte:


"Se o pobo mla bri desaparecese hoxe, xa sexa a súa lingua ou a xente que a fala, desgraciadamente non sei ata que punto o mundo os botaría de menos, pero iso débese unicamente a que non saben o que se están perdendo. Se os mla bri desaparecesen preferiría desaparecer con eles porque eu si sei o que me estaría perdendo. Eu xa me sinto parte deles. Son un mla bri e síntome coma tal."

Declaracións dun mozo que aprendeu a lingua dos mla bri aos sete anos.


7ªpate:


"Penso moito sobre as posibles consecuencias que ten que unha lingua desapareza. É como se lle dixésemos a alguén: que tería perdido o mundo se a túa lingua nunca tivese existido?"

David Crystal


Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 17. Plurilingüismo - Publicado o 29-04-2009 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Moi boa documentación.<#blgtk08#br />
Noraboa.
Comentario por Milprimaveras (29-04-2009 20:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0