AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Regueifas desde Bastavales
Josefa de Bastavales, Xurxo Souto e Pinto de Herbón cantan unhas regueifas, acompañados por Manu Chao á guitarra, para o programa Alalá da Televisión de Galicia.



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 10-11-2008 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Pradolongo gañou o premio "Ciudad de San Sebastian Film Comission"

Fotografía de Roi Fernández


A longametraxe Pradolongo gañou en setembro o ?PREMIO CIUDAD DE SAN SEBASTIAN FILM COMISSION?, que se outorga no marco do Festival de Donostia, integrado na sección "Made in Spain".

Esta distinción supón unha plataforma de lanzamento internacional para a película gañadora. En anos anteriores, o premio recaeu en filmes como Alatriste, La leyenda del tiempo e En la ciudad.

A película protagonizada por Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto, competía coa selección da mellor cinematografía española recente e impúxose a outras películas presentes na sección "Made in Spain" como as famosas El orfanato, Rec ou Los crímenes de Oxford.

O xurado, integrado polas actrices Natalia Verbeke e Alicia Borrachero, así como polo escritor e crítico Manuel Hidalgo e o decorador Pascual Ortega, destacou desta cinta rodada en Valdeorras que foi "a que mellor reflectiu os valores urbanísticos, paisaxísticos, culturais e sociais do entorno onde foi rodada".

O Festival de Donostia recoñeceu así o traballo do equipo de Pradolongo, que soubo convertir unha historia local en universal, sen renunciar ao emprego do galego de Valdeorras na súa versión orixinal.

Aquí tedes a noticia ofrecida pola Galega.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 24-10-2008 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Pradolongo no IES de Adormideras da Coruña
Esta reportaxe foi realizada o curso pasado pola Nosa Terra Diario no IES de Adormideras da Coruña durante a campaña de promoción da película Pradolongo polos institutos de toda Galicia. Na reportaxe falan Ignacio Vilar, o director de Pradolongo, e os tres actores, Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto.

Fálannos da importancia de contar historias, de contalas no cine e de contalas en galego. Porque a lingua é cultura, pero tamén é industria, e diso saben moito nos países nos que existe unha industria de cine consolidada.

Lémbrannos que para que unha industria cinematográfica se consolide en Galicia fan falta moitas películas en galego de calidade, moita promoción e moit@s espectador@s que as vaian ver aos cines. Ti viches Pradolongo?


A Nosa Terra Diario, Abril de 2008
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 24-10-2008 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
Rubén Riós a véspera da estrea oficial de Pradolongo
A véspera da estrea oficial da longametraxe Pradolongo, en marzo de 2008, Rubén Riós foi entrevistado no programa Bos días da TVG. Nel falou da película, do seu traballo como actor, de Martiño, o personaxe que interpreta no filme, dos seus compañeiros de reparto, da xente de Valdeorras, da súa lingua e da súa paisaxe, da importancia de promocionar a industria do cine en Galicia... Aquí podedes velo e escoitalo:


Programa Bos días da Televisión Galega, 13 de marzo de 2008



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 24-10-2008 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Cándido Pazó

Cándido Pazó estivo connosco no IES Breamo o venres 4 de abril e concedeunos esta entrevista despois da súa actuación. Aínda que tardamos bastante en presentárvola, estamos encantados de facelo. Podedes escoitala (aínda que tarda moito en cargar) e/ou lela, como gustedes.



ADRIÁN CAMPOS- Dende cando contas contos e por que?
CÁNDIDO PAZÓ- Desde o ano 98, pero dedícome ao teatro desde os 15 anos, ou sexa, toda a vida, e conto contos como unha maneira máis de contar historias, podo facer unha obra de teatro, podo escribir un guión para a televisión, en fin, para min é unha forma máis de contar historias.

RAFAEL LAGO- Pero de neno contabas tamén contos nas clases??
C.- Bueno, era un neno falador, botáronme moito de clase por falar; puxéronme moito nesa mesa que o profesor tiña cerca, normalmente ao alcance do brazo?
R.- O típico.
C.- Típico. E falaba moito, pero non é que contara así contos, pero si era falador e gustábame contar anécdotas e quitarlle partido a todo o que pasaba e convertelo nunha pequena historia, si.

A.- No seu currículo di que ten tendencia a improvisar, sempre foi así?
C.- A ver, o de improvisar hai que ter coidado, canto mellor sexa a historia, máis improviso. Quero dicir, se eu non sei a historia que vou contar non podo improvisar, pero si eu sei a historia, entón no medio da historia improviso, coma hoxe, porque me fala un ou outro, pois cambio de tema, entón hai que ter en conta esta circunstancia. Improviso canto mellor sei a estrutura. Si, sempre fun improvisador.

A.- E con iso nácese nace ou apréndese?
C.- Isto é como futbolista. Eu quixen ser futbolista pero nada, non había maneira, era malísimo.
A.- Igual ca el.
C.- Claro, e entón, quero dicir, hai unha parte coa que naces e unha parte que aprendes. Se me permitides dicilo cun exemplo: Se ti buscas petróleo tes que furar muito muito, pero tópalo se o hai. Por muito que fures, se aí onde estás furando non hai petróleo, non o hai. En cambio, se o hai, se cadra está mui profundo, mui profundo e hai que furar muito, pero sae pa fóra. Entón, aprender é como furar o pozo do petróleo, eso é aprender. Pero agora, se non hai petróleo, que iso é nacer, podes furar todo o que ti queiras. A min por muito que me mandaran ás melloras escolas de fútbol, non sei, a Lezama, do Atlético de Bilbao, que é unha das máis famosas, creo que non habería maneira.

R.- Canto tardas en crear un conto, ou se o adaptas como o fas?
C.- Si, a ver, primeiro fago unha adaptación estrutural pequena e despois vou contando ese conto. As primeiras veces que o conto, é mui simple, mui pequeno, non ten moitas voltas? pouco a pouco vai aumentando, vai recollendo de aquí, de alá e vai facéndose máis complexo e máis rico. O proceso entre nacer e estar, non digo terminado, porque nunca o está, pero estar completo, rico, pode ser un ano, pero un ano contándoo, non é que eu na miña cabeza estea pensando como è, senón que a base de contalo e contalo, vas quitándolle e póndolle.

A.- Por que se che deu por contar contos se tamén traballabas, como dixeches, no teatro?
C.- Sigo traballando no teatro. Pa min é unha parte, hai unha cousa que se chama artes escénicas e entón contar historias ou tecnicamente como se denomina que é narración oral.. A narración oral é unha parte das artes escénicas, que sobre todo en Latinoamérica se practica muito, eu traballo muito por Colombia e por aí, en Venezuela, en Chile, agora mesmo vou a Cuba dentro de pouco, alí é moi normal que haxa festivais de narración oral. Por aquí cada vez máis tamén.

R.- A ver, fálanos da preparación que tes antes de facer unha actuación como a de agora.
C.- Bueno, pois, montar as cousiñas, xa ves que teño aquí unha escada para subirme, como un pequeno escenario para min; pois teño que pór o equipo de son, porque aínda que bueno, aquí é un bo local e se a xente está calada escoitaríase igual, non sempre é así? E despois teño que, digamos, concentrarme, facer uns pequenos exercicios así coa boca, a historia aquela do trabalinguas e tal? Sobre todo concentrarme un pouco.

A.- E tamén? sénteste integrado no mundo dos contacontos?
C.- Bueno, claro, aquí si, entre os galegos pois estou nun pelotón bastante, digamos, dentro do pelotón, aí xunto con Quico Cadaval, Avelino González, Róber Bodegas, Paula Carballeira, Carlos Blanco, somos como un pelotón que estamos aí na parte de adiante, entón claro que me sinto integrado.

R.- (?)Destas actuacións que fas no instituto, hai algunha anécdota para comentar?
C.- En cada instituto hai unha, pois desde fotografías, que fago sempre unha foto para ter un recordo, onde aparece un chaval póndome os cornos, un chaval que o pasou ben pero que está simplemente, pois iso, vacilándome, a contar eu anécdotas que pasaron alí nese instituto, ou por exemplo, utilizar un nome para unha personaxe e resulta que hai un chaval que se chama así, e entón a partir dese momento todo o mundo lle chama, pois que sei eu, hai unha historia que é ?Os dous chepudos? e tiven que cambiarlle o nome ao personaxe porque despois se metían cun alumno porque se chamaba igual. Unha tontería, pero anécdotas destas hai moitas, si. Ou por exemplo, unha moi bonita (ata non sei se foi aquí en Pontedeume, penso que si, non o podo asegurar de todo, en Pontedeume ou en Miño) non estou seguro se en Pontedeume ou en Miño. (Como era?) Uns tiñan que ir a un, non era no propio instituto, era nuna Casa de Cultura, (penso que era en Miño) e entón os rapaces ían andando, eran maiores, eran como de Bacharelato ou 4º da ESO, ían andando pola súa conta e uns cantos ?desviáron? o camiño, e metéronse nunha cafetería á hora da clase e eu estaba alí. E eles falaban e isto e o outro e eu escoitabaos perfectisimamente falar, e entón despois aos rapaces un profesor mirounos e mandounos ir, e despois eu, sen dicir quen eran, tomeille moitísimo o pelo por todo que dixeran, ghaghagha, ghighighi, e eles estaban abraiados, non se deran conta de que todo aquilo que falaban de se: ah, vai ser un coñazo, non vou ir, colgamos clase, enganamos o profesor, que non o enganaron, e eu estaba nunha mesa ao lado, escoitando absolutamente todo.

A.- Dinos de que che soa, E logo ti quen ves sendo?
C.- Iso é unha peza que eu estrei non moi lonxe de aquí, en Narón, o venres pasado, día 28 e o día 29, e que será a peza que con Talía Teatro, estaremos representando por Galicia. É unha peza baseada, inspirada, ou a partir dunha peza mui clásica que se chama O Anfitrión de Plauto, era un autor romano.

R.- (?)A felicitación non sei se xa cha deron, polo premio.
C.- Si, ao chegar, polos Marìa Casares. Bueno, son os premios de teatro galego, onde este ano efectivamente me deron un premio a min en concreto por ?A piragua?, que é unha obra que fala dos malos tratos e da violencia doméstica e que quedei contento polo premio pero tamén moi contento porque o iluminador, que é o que pon as luces, e o que fai a música, tamén tiveron premio e son unha xente que estaba empezando, é o primeiro premio que teñen e, digamos que para eles..
A.- Failles máis ilusión.
C.- Moita máis ilusión da que me pode facer a min que, pois deses, pois teño sete agora?
A.- Bastantes.
C.- Bastantes, de moitos anos; e tamén a actriz protagonista, que dalgunha maneira representa a esas mulleres maltratadas das que trata a miña peza, que tamén tivo premio.

A.- E agora podías dicirnos un trozo do trabalinguas que dixeches antes?
C.- ?Unha vella mui fella mu fella fifirifella de micarantella, tivo un fillo mu fillo mu fillo fifirifillo de micarantillo, mandouno á caza mu faza mu faza fifirifaza de micarantaza, trouxo un coello mui fello mu fello fifirifello de micarantello, botoullo ao canizo mu fizo mu fizo fifirifizo de micarantizo?, ensinoumo a miña nai, Lina González.

A.- Vale, grazas. E para rematar?
R.- Si, un consello que poidas dar aos rapaces e rapazas que queiran ser contacontos?
C.- Escoitar, escoitar. Non é, o difícil, pode ser tamén difícil falar, pero, almacenar, porque cando alguén quere contar unha historia encontrarase con que conto, que digo. Entón ser mui curiosos do que se di na casa, do que se di nos bares, en fin, das cousas que están pasando, das historiñas, das anécdotas da clase? Hai amigos e amigas que, ao mellor eles non contan moi ben as historias, pero as historias que lles pasan son divertidas e ó mellor ti cóntalas mellor ca eles. Pero ti almacenas e eu creo que un neno o que ten que facer basicamente é almacenar e despois, claro, tratar de falar o mellor posible. Isto é moito máis importante que ir a cursos, a escolas (digo de contadores, non á escola esta), almacenar e falar ben.
R- É o que conta.
C.- Si, é o que conta, nunca mellor dito. Grazas.
R.- Ben , pois xa é todo isto, moitas grazas.
C.- Moi ben.
A.- E agora unha pequena foto para o blog.
C.- Moi ben.

Entrevista realizada por Adrián Campos e Rafael Lago (3º ESO - B)




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 22-04-2008 01:08
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Pradolongo no IES Breamo
Pradolongo xa se estreou na Coruña e a próxima fin de semana tócalle a Narón. O xoves 17 teremos connosco no instituto ao director e actores para promocionar esta película e de paso poderán contarnos que se sente ao facer cine e como ven o panorama cinematográfico en Galicia.


Imaxes de Pradolongo coa canción de Luis Emilio Batallán "Quen poidera namorala", editada no 1975 a partir dun poema de Álvaro Cunqueiro e regravada na actualidade para a película.
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 15-04-2008 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Pradolongo
Pradolongo é o filme de Ignacio Vilar, producido por Vía Láctea, que acaba de ser estreado cun éxito sen precedentes na comarca de Valdeorras (Ourense), onde foi gravado. Nas próximas semanas estrearase nas principais cidades galegas.

Rubén Riós (Libro de Familia) interpreta a Martiño, Tamara Canosa (Mareas Vivas, Heroína, Valderrei) interpreta a Raquel e o debutante Roberto Porto interpreta a Armando. Os tres protagonistas da película son amigos desde a infancia e acaban de cumprir a maioría de idade. Os dous mozos compiten polo amor da rapaza, mentres observan a posíbel venda da louseira propiedade dun deles. Así, os conflitos persoais mestúranse coa realidade da Galiza rural en proceso de venda e despoboamento. Filme iniciático, polo tanto, no que os protagonistas descóbrense a si mesmos á vez que redescobren o mundo que os arrodea.


Entre os moitos atractivos da película está o uso da variante dialectal do galego empregado en Valdeorras, a fermosura das paisaxes nas que se rodou e o traballo de procura de actores mozos que tivo lugar nos institutos da comarca de Valdeorras. Pero ademais os primeiros amores de instituto, a busca de saídas profesionais, a preocupación polo contorno, a ecoloxía e os conflitos nas relacións coa familia e os amigos son temas pouco tratados no noso cine e poden ser de grande interese para o público adolescente.

Por se todo o anterior fose pouco, Pradolongo é o primeiro filme rodado en galego dende 2002. A película considérase a sexta que se grava integramente en galego na historia do cine en Galicia, despois de Sempre Xonxa (1989) de Chano Piñeiro, Urxa (1989) de Xosé A. López Piñeiro e Carlos G. Pinal, A metade da vida (1994) de Raúl Veiga, e Era outra vez (2000) e Días de voda (2002) de Juan Pinzás.

Velaí unhas imaxes da rodaxe de Pradolongo:




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 25-03-2008 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0