AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

A vida de antes

Nome: Carmen Fernández del Río
Orixe: O Vicedo (Lugo)


A algunhas aldeas galegas a electricidade tardou moito en chegar e as lámpadas de aceite foron utilizadas até ben entrado o século XX.

Carmen conta os recordos da súa infancia e como utilizaba os candís para iluminar e os contos de medo que lle contaban...

Fonte: Archivo de la experiencia


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 21-06-2009 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
O país dos ananos. Que deportes practican?

Fragmento do magazine da TVG O país dos ananos.
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 01-05-2009 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
O país dos ananos. As películas que lles gustan

Fragmento do magazine da TVG O país dos ananos.
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 01-05-2009 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
O país dos ananos. O que menos lles gusta comer

Fragmento do magazine da TVG O país dos ananos.
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 01-05-2009 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
O país dos ananos. Que pasa cando nacemos?

"Ao nacer dannos un golpe na cabeza e así ganamos o sentido", esa é a teoría dun pequeno no magazine da TVG O país dos ananos.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 01-05-2009 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
A mellor comunicadora do ano 2008
Belén Regueira recibiu onte o premio Mestre Mateo 2008 á mellor comunicadora de TV polo seu traballo no programa da TVG "Ó país dos ananos".

E recibiuno moi merecidamente, porque comunica moi ben na súa lingua rica rica, como a dos ananos que a acompañan cada semana na Galega.

Aquí podedes ver a Belén Regueira cos ananos, que nos contan tanto como saben de coches:




Parabéns, Belén!


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 01-05-2009 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
Certame de Poesía en Andrade
Os nosos veciños do Equipo da Biblioteca e o ENDL do CEIP de Andrade celebraron un Certame de Poesía, con motivo do Día Mundial da Poesía o 21 de marzo, e elaboraron este precioso vídeo no que se recollen os poemas en galego que se presentaron, creados e ilustrados por alumnos e alumnas do 2º ciclo.


Poñémolo na sección de Lingua Rica Rica porque con nenos e nenas así o galego pode vivir as mil primaveras máis que lle desexou Cunqueiro.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 29-04-2009 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
García (Dios Ke Te Crew) rapeando
Momento do obradoiro de Hip-Hop impartido no Breamo, no que García, Mc de Dios Ke Te Crew, rapea un pouco antes de poñer a todo o mundo a traballar...




Deixa o teu comentario (4) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 24-04-2009 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
A tele galega e a súa historia
A Televisión de Galicia forma parte da Compañía de Radiotelevisión de Galicia (CRTVG). As súas instalacións centrais están en San Marcos, no concello de Santiago de Compostela.

No mes de xaneiro do ano 2009 a TVG fixo historia ao converterse en líder autonómica por primeira vez na súa historia.


Historia:

As obras da súa sede comezaron en outubro de 1984. Inaugurou as súas emisións en xullo de 1985, coa retransmisión en directo dos actos do Día do Apóstolo en Santiago. O 25 de xullo emitiu a súa primeira película. Logo destas probas suspendeu a transmisión ata setembro, cando comezou a programación normal, con 39 horas de emisión á semana. Actualmente emite as 24 horas do día e o 70% é de produción propia.

Ó longo da historia a cadea tivo diversos directores.

O 31 de decembro de 1996 a canle Galeusca TV, integrada tamén por ETB e TV3, iniciou as súas emisións cara América vía satélite e o 17 de maio do ano seguinte a TVG comezou a transmitir por internet.

A programación da TVG emítese INTEGRAMENTE en galego para todo o territorio, agás a publicidade. Pero, con todo, os últimos datos mostran que a publicidade en galego xa é a metade do total. Non obstante, a primeira canle televisiva en emitir en galego foi o Centro Territorial de RTVE en Galicia.

A TVG forma parte da FORTA, unha federación de diferentes televisións autonómicas españolas.

A segunda canle ou G2:

A segunda canle, G2, púxose en marcha o 2 de febreiro de 2009. Fíxose con retraso, porque xa se dixera que ía ser no 2005 e logo que no 2006. Esta segunda canle actualmente emite de luns a venres bloques infantís e o resto das horas reemitirá a programación de Galicia TV América, mentres que as fins de semana están dedicadas ó deporte.

O director da CRTVG, Benigno Sánchez, tiña previsto que a canle emitise de luns a venres de 07.00 a 00.45 programación de divulgación, cultural, deportiva, documentais, cine, infantís, xuvenís, etc.; e que as fins de semana se centrase no deporte (con especial atención ó minoritario e ó de base) e á cultura.

Anúnciase a creación dunha canle de noticias no 2010 e dunha cuarta canle posterior sen confirmar temática.


Adaptación da información da Galipedia, a enciclopedia libre en galego,
realizada por Adrián Campos e Rafael Lago (4º ESO)





Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 18-03-2009 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
Como falan no Riós?


Ben falado! Capítulo 77 (Emitido o 4/11/2008)

Capítulo adicado á fala de Riós, concello do sur da provincia de Ourense.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 11-02-2009 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
Como falan en Carnota?


Ben falado! Capítulo 64 (Emitido o 16/10/2008)

Capítulo adicado á fala de Carnota, concello coruñés da Costa da Morte.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 11-02-2009 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
A lingua estándar é pra o que é


Ben falado! Capítulo 89 (Emitido o 20/11/2008)

Neste capítulo fálase do prexuízo da lingua estándar e da necesidade de evitar que ese prexuízo impida a transmisión da lingua da casa aos nenos por medo a que non estea tan ben coma a da escola, cando a verdadeira vitalidade dunha lingua está nos ditos cotiás.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 11-02-2009 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
Cazador de palabras

Estamos de noraboa porque temos un novo espazo de entretemento adicado á nosa lingua, Cazador de palabras.

Trátase dun docushow divulgativo, un espazo que intenta demostrar que a lingua pode ser empregada para falar de calquera cousa, seria ou divertida, social ou familiar, científica ou popular.

En cada capítulo, o programa sairá á caza de palabras relacionadas cun determinado tema: o deporte, os oficios, a música, o mar... para analizar o léxico a través de diversas seccións.

Cazador de palabras emítese todos os xoves ás 21:45. E, por suposto, tamén pode verse na Televisión á carta.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 10-02-2009 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Ben falado!
Xa van emitidos máis de cen programas de Ben falado!, un microespazo de cinco minutos diarios adicados á lingua galega, dirixido e presentado por Xesús Ferro Ruibal, académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Ben falado! vénse emitindo desde xullo de 2008 e podemos velo de luns a venres ás 15:30 na TVG.

Ademais pódense ver todos os capítulos emitidos até agora na Televisión á carta.

Tamén podemos ver os capítulos na páxina do CEIP da Seca - Isidora Riestra (Poio), coa vantaxe de que levan un pequeno título ilustrativo dos temas tratados en cada capítulo.


Neste segundo capítulo de Ben falado! (emitido o día 22/7/2008) podemos coñecer a etimoloxía de Galicia e tamén por que o galego pertence ao selecto grupo do 5%.


Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 09-02-2009 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Historias de Galicia
Está á venda a primeira temporada de Historias de Galicia, a interesante serie documental da Televisión de Galicia, premiada nos Mestre Mateo 07 (2008) cos premios ao mellor programa de TV, mellor realizador (Xosé Manuel Vega) e mellor comunicador (o presentador: José Barato).

Serie dirixida a todos os públicos, que ten por obxecto divulgar os feitos que configuraron ao longo dos séculos a realidade material, económica, política, social e cultural de Galicia. En cada capítulo pártese dun escenario da Galicia actual, e cóntase cal foi a evolución dun fenómeno histórico. A serie contou con dez asesores históricos.

Agora na TVG estase a emitir unha nova temporada de Historias de Galicia e podedes ver os novos capítulos os xoves ás 22:15.

Trailer da serie.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 06-02-2009 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0