AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Manolo Kazolo por Machina
Manolo cazolo é o personaxe dunha canción popular galega que nos amosa a face máis escura do que chamamamos tradición oral, a violencia machista como fenónemo normalizado aínda que, supoñemos, rexeitado pola maioría.

Machina, a banda de rock post-bravú de Cerceda, bérranos o retrouso "Manolo Cazolo matou a muller/ con sete coitelos e un alfiler" con toda a súa rabia, neste video-clip dirixido por Óscar Ansótegui. Manolo Cazolo convértese aquí nun personaxe de terror, implacable e sen rostro individual. Máis que os golpes, a súa violencia é o medo. O camiño é a elección, a liberdade dunha muller que nos mira buscando comprensión para saír desa prisión escura, na que un día afastado, entrou por amor.





Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 31-12-2009 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos na Maré por Uxía e Chico César
Cantos na Maré é o título desta canción de Uxía Senlle adicada á nosa lingua, a mesma que nos permite comunicarnos con máis de douscentos millóns de persoas de cinco continentes, mais Cantos na Maré tamén dá nome ao Festival Internacional da Lusofonía que desde o ano 2003 ten lugar cada ano en Pontevedra da man da propia Uxía.



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 31-12-2009 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
Ponte ao meu lado. Voces da Rádio e Guadi Galego
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2008, o grupo Vozes da Rádio e a cantante Guadi Galego xuntáronse para gravar "Ponte ao meu lado", unha canción para reivindicar de novo o Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 31-12-2009 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Máis perto. Meninos Cantores
Dous mil nenos e nenas da Galiza e de Portugal, convocados pola asociación Ponte... nas ondas! , apoiaban no 2007 a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués cantando sobre as pontes do Miño.




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 31-12-2009 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
Nadal de Luíntra. Por Berrogüetto
Con esta panxoliña tradicional, interpretada por Berrogüetto na voz de Guadi Galego, queremos desexarvos un Bo Nadal:



As imaxes do vídeo pertencen á película Natividade, a historia, de Catherine Hardwice


Deixa o teu comentario (5) - Categoría: 04. Música - Publicado o 23-12-2009 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos na Maré o próximo sábado en Pontevedra
Cantos na Maré 2009

Cantos na Maré é o Festival Internacional da Lusofonía que desde 2003 vén amosándonos que desde a lingua galega se poden tender pontes que nos acheguen a outras culturas emerxentes, á vez que sitúan a nosa cultura no mundo.

Cantos na Maré é un proxecto cultural pioneiro no estado español, que a través da lingua e da música traza un mapa común entre os territorios da lusofonía.

Ás 9 da noite do sábado 19 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar a edición deste ano, Cantos na Maré 2009. Baixo a dirección artística de Uxía e a dirección musical de Paulo Borges, o espectáculo xuntará no escenario a Tito Paris (Cabo Verde), Raquel Tavares (Portugal), Fred Martins (Brasil) e Uxía (Galiza). Catro talentos que se mesturarán nun espectáculo exclusivo, íntimo e multicultural.

De mostra, un botón, Fred Martins cantando "Doceamargo":



Máis información sobre o espectáculo e a venda de entradas en:
http://www.cantosnamare.org/espectaculo/2009


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 12-12-2009 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
"Salitre" por Xabier Díaz, Guadi Galego e Guillerme Fernández
Tema do disco do mesmo nome de Xabier Díaz, interpretado por este e Guadi Galego acompañados pola guitarra de Guillerme Fernández:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 01-12-2009 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro número en papel da revista GALIZAELECTRONICA.COM
Portada do 1º número da revista Galizaelectrónica.com en papel
O portal web de referencia da música electrónica galega edita unha revista en papel para chegar a novos lectores. O primeiro número ten como protagonista da portada a dj ourensá Cora Novoa.

Desde hai máis dun ano GALIZAELECTRONICA.COM informa na rede da actualidade da música electrónica do país. Agora, cunha edición en papel tentará ampliar o número de visitas do portal e fomentar o gusto pola música electrónica.

A primeira edición, que consta de 1.000 exemplares, será distribuída en universidades, festas e locais de todo o país, mais tamém en localidades veciñas do norte de Portugal, como Monção, Valença do Minho ou Melgaço.


Podes ver a revista na web GALIZAELECTRONICA.COM ou o Primeiro número en formato pdf



Fonte: Portal Galego da Língua


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 12-11-2009 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
"Amor na televisión" por Magritte
Con ou sen axudas, o pop en galego segue buscando o seu lugar no mundo. Aquí vemos unha mostra da música POPVRINCIANA da banda ourensá Magritte. Trátase do videoclip do seu tema Amor na televisión.



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 09-10-2009 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
ArengA
ArengA
Non queremos marcharnos de vacacións sen antes deixar aquí constancia dunha banda de punk/rock eumesa que xa é máis que unha promesa: ArengA.

Os integrantes do grupo son Chelen (bataka e coros), Pablo (baixo e coros), Miguel (guitarra solista) e Xabi (guitarra e voz) e as súas caras sonnos moi coñecidas no Breamo, así que agardamos con impaciencia a súa maqueta.

Escoitade algo de ArengA no MySpace e opinade:

http://www.myspace.com/arenga.



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 25-06-2009 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
"Sigue... e dálle" por Zënzar
Xa está na rúa A tribu, o último disco da banda de rock de Cerceda Zënzar, pero hoxe poñemos a navegar nas Gabarras este temazo que lle deu título ao seu anterior álbum Sigue... e dálle, que viu a luz en 2006:





Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 25-06-2009 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
Álex Freire deunos a coñecer "Pardeconde" nas Gabarras e escoitámosllo a Gran Purismo acompañado polo Puto Coke e encantounos, pero agora temos a versión completa coas adicatorias e todo, así que paga a pena volver a escoitar este temazo e paseármonos unha outra vez por Pardeconde da man de Gran Purismo:




Esto vai pa a miña aldea, pa que vexas, Pardeconde, Pardeconde.

Cando era neno sempre iba eu pa alí,
tiña un abuelo que sempre me quixo tanto a min,
solo cunha bicicleta era feliz,
cun cadelo e a escopeta de balís, éche así.

Foi un tempo, ben, ben entretido
como as pelexas do Valiente con Malvino,
como pasaron da segunda,
e comprar Phoskitos,
e xogar con Himan,
Javier tiña o castillo.

Os vellos sempre estaban pa botar partidas,
i o meu vello sempre me pingaba calderilla,
tomaba sete cocacolas, ai miña barriga,
e chorei cando morreu o can da Guillermina.

Eramos outros, xogábamos no souto,
xogábamos ó couto,
xogábamos cos outros,
xogamos ó balón e se rebota contra a pedra
vai parar ó pozo ou ó portal da Campecha,
ó corral do Cesáreo ou á véntana da Amalia,
ó poleiro abaixo onde o José das sandalias,
sen darte conta que os balóns sempre baixan lanzados,
se te descuidas tes que ir tu hasta a fonte buscalos.

Sempre fumos algo brutos eiquí,
sempre levo de recordo máis dunha cicatriz,
sempre fomos todos guapos e que poido dicir,
que máis de unha moza pudo ser actriz, éche así.
Nada inventado, todo verdadeiro,
a nosa nave era un castiñeiro,
xúroche, rapaz, que a súa madeira aínda a cheiro,
i o que non quería subir era un pildeiro.

Somos de Esgos, non somos modernos,
sei que houbo un tempo no que non había teléfono,
e pa que queres tal cacharro do demo?,
se eiquí toda a xente sábeche falar a berros ?cago en Dios?.

E se vacilas pola calle non che teño medo,
que os de eiquí sómosche duros tal coma penedos,
que vaian de malotes, de chulos ou locos, Fuck you,
eiqui a xente limpa o cu con toxos.

Xa verás cando chegan festas do San Pedro,
i as orquestas e i os gitanos que venden enredos,
xuntaranse todos os vellos i os nenos,
i os da comisión pasan pa pedir pa o peto,
e ten cuidado si a túa moza baila,
que aquí roubámosche a cadela coma o cura en Niñodaiga,
eiquí celebran festas por todo e por nada,
pero tes direito a telas se traballas, rapaz.

O conxuro recitado polo Amaro,
e todos van á barra coma un raio,
esta festa éche super fértil do carallo,
se contas nove meses moitos nacemos en maio.

I os domingos ir a misa a aguantar,
que din que os que che saben beber tamén che saben rezar,
unha resaca do carallo do rapaz
que nunca deu polas de diante e as de tras, que va.

Noites inolvidables no alto da Cruz,
unha pandilla de rapaces chea de espíritu,
saber quen lle gusta a quen, charlas de tu a tu,
e apagar nos cigarriños cando vías unha luz.

Iste é o meu sitio, esta é a miña terra,
na casa na Aira de Arriba é onde vive a miña abuela,
son o fillo do Amaro, o neto da mai Celia,
o meu primeiro cego serio pilleino en Maceda.

E sei que moitos pensan que esto xa está olvidado,
eu seguirei ladrando como o can do Louriano,
que son auténtico, único e original, coma a callada do Carranchá.

Ei, ei... que pasa oh, esta merda xa acabou, ou que, ponme esa instrumental outra vez que aínda lle hai que faguer un refrán a esta xente, ostiá, veña, aí está, moitas grazas

Ei, ei Pardeconde, estades preparados para o estribillo?

E xa fai tanto tempo que non paso por alí, e cada vez que fun nunca me arrepentín, esté en donde esté, eu sei ben de donde, que carallo! po! po! Son de Pardeconde.
E xa fai tanto tempo que non paso por alí, e cada vez que fun nunca me arrepentín, esté en donde esté, eu sei ben de donde, me cago en Dios! Son de Pardeconde.(bis)

Esto foi todo, falándoche do meu pueblo, da miña aldea, nunca me olvidarei de naide, escoita ben:

Javi Ferreño, Javi Blanco, Ana, Susana, Abel, Claudio, Bruno, Montse, Joseciño, Diego, Daniel, Dani, Iván, Severino tamén, Gloria, Manolito, Carmen, e toda a mafia da Aira de Arriba tamén, Tamara, Mari Carmen, Sito, Javi, Antonio, Amelia, Rosa, Sebe, Agustina, tío Antonio, Amalia, Tía María, tamén, Odilo, i o Eliseo i a Isabel, tamén o José, a Milagros, Eladio, María Belén i a Maruja tamén, i o Juan Carlos, i a Beatriz i o Ricardo, i o Alberto i o Toño i o Roberto, a Benita, o Louriano, o Pepe i a Mercedes, todos volo merecedes, e para non olvidar o Juan i a Pilar, e todos os que son do outro lugar, o tío Amaro, a tía Antonia, Alyés, Amadora, a xente de Babilonia, todos os meus primos de Lisboa, un ola, i o Chaparro i o Gandola, todos na miña mente, nunca me olvidei, xa nos vemos cando pasarei, que estedes vivos ou mortos eu sempre me recordo, ió, Granpurismo, conocido como Carlos Abad Garrido, ió, a familia dos Abades, esta éche a merda, si, un verdadeiro gallego, que descanse en paz José Garrido Pequeno, ió.


Letra e música de Gran Purismo


Web oficial: www.granpurismo.com

Deixa o teu comentario (15) - Categoría: 04. Música - Publicado o 21-06-2009 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
"A lira" por Uxía Senlle e Zeca Medeiros

"Canto tradicional de Açores que popularizou Adriano Correia de Oliveira no que convidei a un coro de luxo afro-galego-portugués para unha revisión íntima e ao tempo épica desta fermosa peza na que me dá o contrapunto a voz grave e profunda do azoriano Zeca Medeiros". Uxía Senlle

Evocador vídeo do director galego Mario Iglesias.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 21-06-2009 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
A canción do vagho por Leo i Arremecághona!!!
Performance do inclasificable Leo i Arremecághona. Outro xeito de entender a música e de pasalo ben.


Para estar ao día dos seus movementos: ARREMECÁGHONA'S PRODUCIÓNS
Para escoitar os seus grandes hits: O Leo i Arremecághona!!! en MySpace.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 21-06-2009 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
"A misteriosa" por Santiago Auserón

Imaxes do obradoiro de cancións dirixido por Santiago Auserón dentro do Certame A Coruña Son 2009, organizado polas Concellarías de Cultura e Mocidade do Concello da Coruña.

Música de fondo: A misteriosa, versión en galego da canción La misteriosa, de Santiago Auserón, incluída no disco ACS08 (A Coruña Son 2008)


Fonte: acorunacultura


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 18-06-2009 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [13]
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0