AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Ninfa das frescas augas. Roi Casal
Tema principal do primeiro disco de Roi Casal, Lendas douradas editado por PAI Música.


A letra procede do poema Meniña, ti a máis fermosa, pertencente a Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 03-02-2010 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
O Son do Ar. Luar na Lubre
O Son do Ar cumpre 25 anos! O tema composto por Bieito Romero é o tema estrela do grupo Luar na Lubre e o que lle abriu as portas ao público internacional da man de Mike Oldfield, que lle fixo a versión máis coñecida, pero non a única, pois O Son do Ar foi interpretada por ducias doutros músicos e con diferentes instrumentos e estilos.

Aquí o podemos escoitar dende Hiroshima, interpretado polo grupo xaponés "Harmo":


A continuación, interpretado pola violinista Shira Kammen para o videoxogo "Braid":

>

Existe ademais un Espazo en Facebook adicado á peza, onde podemos escoitar outras versións deste e outros temas do grupo.


Fonte: Vieiros (22/12/2009)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 03-02-2010 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
O fillo do mar. A Banda da Balbina
O fillo do mar de A Banda da Balbina foi a canción gañadora do Apologhit deste verán:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 03-02-2010 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza escoita. SKACHA


Por fin traemos ás Gabarras un tema de Skacha. Este recomendóunolo Caetán (3º ESO - B) e gustounos:


Un pobo pisado, un pobo asoballado,
Unha lingua esquecida, non sen antes ser prohibida,
Un pobo con medo, un pobo atemorizado
Un labrego que traballa sempre está calado
Unha terra perseguida, xente maltratada
Unha historia esquecida, unha bandeira malferida

Galiza! Escoita!
Comeza a loita!!
Galiza! Enteira!!
Todos á lareira!!

Os montes queimados, o mar contaminado
Todo é cemento, todo é asfalto
Loita de valentes, guerrilleiros bravos
Algo pasa nesta terra, denantes mortos que escravos
Denantes mortos que escravos, denantes mortos que escravas

Galiza! Escoita!
Comeza a loita!!
Galiza! Enteira!!
Todos á lareira!!

Loitando e traballando: un pobo labrego!



Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 04. Música - Publicado o 03-02-2010 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
Rockin' chair. Os Resentidos
Outro dos vídeos más interesantes da factoría Reixa: Rockin' Chair, un tema pertencente a "JEI", o LP de 1990 d'Os Resentidos e o seu disco máis aclamado pola crítica, mesmo foi elixido pola revista musical Rockdelux como o mellor disco nacional do ano.



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 03-02-2010 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia Sitio Distinto. Os Resentidos
Outro tema imprescindible d'Os Resentidos co seu imprescindible vídeo. Antón Reixa e os músicos Alberto Torrado, Javier Soto e Xabier Debesa, viñeron a encher de luz, humor e sarcasmo o panorama musical dos oitenta en Galicia ao tempo que abriron camiños até aquel momento inexplorados para a música en galego.



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 03-02-2010 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia Caníbal (Fai un sol de carallo). Os Resentidos
Videoclip completo, obra mestra indiscutible de Antón Reixa.

Os Resentidos foron a a primeira banda que popularizou un tema de rock en galego en España e foi con este "Galicia Caníbal" en 1986.



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 03-02-2010 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
Puro efffecto. Faltriqueira
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 03-02-2010 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
Este pandeiro que toco. Por Faltriqueira
Tema interpretado por Faltriqueira na Praza da Constitución en Vigo o 24 de xullo de 2008.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 03-02-2010 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
Xente por Berrogüetto
E como o ano 2009 foi un ano estupendo no que á produción musical en galego se refire, queremos despedilo con boa música e aproveitamos para desexarvos un moi feliz 2010 á xente toda!!! E facémolo por partida dobre!!!

"Xente" na voz de Guadi Galego:



"Xente" na voz de Xabier Díaz:




Este é un tema de Guadi Galego e Guillerme Fernández, inspirado nunha letra de Manolo Maseda, e publicado no ano 2006 no disco 10.0 de Berrogüetto

Olla a rúa de atrás
olla o chan oe o mar
olla os que xa non están
oe o bardo cantar

Oe o son do andar
son os que veñen sen pan
saen do seu despertar
collidos da túa man

Ollame óllate
olla os ollos dos que ven
ven de ti ven de min
óllame óllate

xente que vai soa
xente que vai embora

xente que namora a
xente

xente diferente
xente intelixente

xente intermitente
xente

xente divertida
xente distendida
xente a túa medida
xente

xente que comprende
xente que sorprende
xente que non se vende
xente



Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 04. Música - Publicado o 31-12-2009 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
Descarga ao Vivo
Partindo dunha iniciativa de A Central Folque, un grupo de músicos prepararon na Habana un repertorio histórico galego-cubano tratado con liberdade creativa e interpretativa, mesturando a sonoridade do jazz latino e do folc europeo. Velaquí unha pequena reportaxe de ANOSATERRA TV sobre o proceso.


Descarga ao Vivo, o espectáculo galego-cubano resultante, xa conta en YouTube cunha Canle de descargas ao vivo, onde se poden ver vídeos dos seus espectáculos.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 31-12-2009 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
Cuarta Potencia por The Homens


Está tendo lugar nas cidades galegas a presentación ao vivo de Cuarta Potencia, o novo disco do grupo de power-pop The Homens, do que podemos escoitar un adianto no seu MySpace.

Cuarta potencia é, nas palabras do grupo, melodía a volume atronador, inocencia pop e nihilismo negro. O cuarto traballo de The Homens recolle unha ducia de cancións nas que envorcan todo o vivido e aprendido en catro anos de xira sen fin, insistindo no seu gusto polo pop británico de todas as décadas e a enerxía do punk americano dos oitenta, e engadíndolle un renovado interese pola psicodelia e a experimentación.

Cuarta potencia é cantar bonito coa boca espumando rabia. Cuarta potencia é cantar por non chorar.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 31-12-2009 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
Anju Kitahara por Emilio José
Emilio José, creador de indietronic, vén de publicar o disco Chorando apréndese, que está a ser extraordinariamente ben recibido polo público e tamén pola crítica, que fala del como dunha "pequena obra mestra", como "o disco máis sorprendente do ano" ou como "o traballo máis importante do pop alternativo nacional de 2009".

Podemos escoitalo no seu myspace e mesmo descargar os seus temas. Eis o videoclip que publicou no verán co tema Anju Kitahara e imaxes de "La familia crece":


Eu coñecín
rapazas tan guapas tan guapas
que me fan pensar en ti
á noite á noite á noite á noite á noite
que podo facer? que podo facer?
non te esquezo máis
nunca nunca nunca nunca

E todas as cousas rotas eran chicles de menta contigo arrededor
Xamais coñecín problemas ou momentos tristes contigo arrededor
O mundo paraba enteiro cada vez que sentía que estabas arredor
E cada bostezo teu era tan bonito que agredía fisicamente

Eu só me quero deitar no sofá
Só teño forzas para ollar para atrás
E por que eras tan linda?
E por que eras tan lista?
E por que eras tan mm mm?
Por que?


Letra de Emilio José


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 31-12-2009 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
Grelo 66 por Kastomä
Este é o segundo vídeo promocional do disco Almas da noite de KASTOMÄ, dirixido por Gaspar Broullón e Matías Tarrío e producido por SETEMEDIA.

A Ruta do Grelo é o traxecto que vai de Ordes a Sigüeiro, e que é famoso por estar cheo de greleiras vendendo os seus produtos. Kastomä fan a ruta como é debido e protagonizan a súa particular Route 66, aínda que neste caso re-bautizada como Grelo66.



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 31-12-2009 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
A infancia. Kastomä
Eis o videoclip promocional da canción "A Infancia" da banda de rock de Ordes, KASTOMÄ (apócope de "que queres tomar?").

O tema pertence ao seu último disco, As almas da noite, e lembra unha tarde de verán duns nenos do rural galego: escoitando os contos da avoa, inspeccionando os pendellos, arrolándose polos prados, atravesando corredoiras, enchéndose de lama ata as orellas, xogando a ser artista... Quen non fixo, ou non quixo facer iso cando era pequeno? Mesmo pequena?



Páxina da banda: www.kastoma.com


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 31-12-2009 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [13]
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0