AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Hip hop feminino en Vigo
Para as rapeiras AID e WÖYZA e a graffiteira SAX o hip hop é a súa vida. Na seguinte reportaxe d'A Nosa Terra Diario fálannos do papel da muller no hip hop, da lingua galega e o rap, das potencialidades do mercado portugués, etc.:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 18-05-2010 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
25 anos cantando os nosos soños


En marzo de 2010 Uxía Senlle cumpriu 25 anos como cantante profesional e este vídeo é unha homenaxe a Uxía feita polas Candongas do Quilombo (Andrea Núñez e Raquel Rei) en marzo de 2010.
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 18-05-2010 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
A Coruña Son


Declaracións do músico Bieito Romero sobre o certame musical A Coruña Son 2010.

Até o 2 de maio estivo aberto o prazo para subir as cancións en galego, agora podemos participar nas votacións para elexir os dez gañadores do obradoiro de música, concerto e grabación dun disco colectivo.

As bases do certame poden consultarse na web do certame: acorunason.eu
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 03-05-2010 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
Faltriqueira en Miraxes (TVG)



Presentación de "efffecto faltriqueira", o segundo álbum das eumesas Faltriqueira no programa Miraxes da TVG
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 03-05-2010 15:52
# Ligazón permanente a este artigo
A polo Ghit 2010
Este ano poderemos gozar do certame A polo Ghit 2010, pero esta vez grazas exclusivamente a Vieiros.

No quinto aniversario do certame que escolle a canción do verán, a Radio Galega deixa de apoiar a iniciativa e dálle as costas, malia a demostrar, ao longo destes anos, ser un magnífico escaparate da potencia creativa dos nosos músicos.

Desde que no verán de 2009 se produciron cambios na dirección da CRTVG, xa vimos como se suprimía da programación da Radio Galega Aberto por Reformas, o que foi o primeiro programa exclusivamente adicado á promoción dos grupos galego de todos os estilos (demostrando que non só existía o folck en Galicia, senón que se podía facer hip hop e funky e rock e tecno e reggae en Galicia e en galego), e vimos logo como se suprimía da Televisión Galega Banda Curta, programa onde se daba a coñecer a música pop e rock galega e as bandas surxidas arredor dos locais de ensaio. Agora tamén temos que ver como a Radio Galega se desentende do que se convertera en certame de referencia dos veráns! Fáltanos algo por ver? Pois si, resulta que a CRTG visitou a oficina de patentes para rexistrar "A polo ghit", unha marca que non era súa e que xa estaba rexistrada polo seu dono, Vieiros...

En fin, agardamos que, a pesar de tantos esforzos por esmagar a música emerxente en galego, este ano A polo Ghit 2010 sexa todo un éxito e participen tantos músicos como nos certames anteriores e poidamos gozar de moitas e boas cancións!


Máis información relacionada:
"Un lustro de éxitos: A Polo Ghit 2010!" Vieiros (12/04/2010)
"A Radio Galega tenta sen éxito apropiarse de A Polo Ghit" Vieiros (13/04/2010)
"A Polo Ghit non está só: en catro días, máis de 1.350 seareiros no Facebook" Vieiros (19/04/2010)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 19-04-2010 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
O pozo de Arán. Carlos Núñez e Anabela Pires
Por recomendación de Antía de Colegas das Palabras incluímos este tema de Carlos Núñez do seu disco Maio Longo, cantado por Anabela Pires.

Carlos Núñez presentou o videoclip en castelán, pero un internauta entusiasta fixo esta montaxe coa versión en galego da canción que quedou así de ben:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 19-04-2010 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
Concertazo contra o decretazo

Hoxe en Pontevedra haberá moita música para defender o galego e protestar contra o decretazo!

Xa se dixo de moitos xeitos, pero hoxe tamén se dirá con música: o galego é cousa de tod@s e tod@s somos responsables do seu futuro!
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 17-04-2010 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
Sanabria. Xabier Díaz


Van rebuxando
os mozos pola fragua
van rebuxando
fan como as lavandeiras
que andan lavando.

Sanabresona
chámante Sanabresa
Sanabresona
tería de ser túa
Sanabria toda.

Unhas coas outras
correde bailar mozas
unhas coas outras
que non queren os mozos
romper as botas.



Peza pertencente ao disco Coplas para Icía, interpretada por Xabier Díaz, acompañado por Pedro Lamas (saxo soprano) e Suso Iglesias (acordeón), na gala benéfica da Asociación contra o cancro de Cambre-Anceis, celebrada o 26 de decembro de 2008 no centro da Xuventude de Cecebre (Cambre - A Coruña).


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 08-04-2010 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
Cantar de Salcedo. Xabier Díaz


As estrelas corren corren
todas nunha carreiriña
tamén corren os amores
da túa man para a miña.

Tiñas os olliños negros
coma o fío de coser
nacemos un para o outro
que lle habemos de facer.

Moito hai que non te vin
xa os campos botaron herba
agora veño saber
se mantés o si que deras.



Peza pertencente ao disco Coplas para Icía, interpretada por Xabier Díaz e acompañado por Pedro Lamas (saxo soprano) e Suso Iglesias (acordeón), na gala benéfica da Asociación contra o cancro de Cambre-Anceis, celebrada o 26 de decembro de 2008 no centro da Xuventude de Cecebre (Cambre - A Coruña).


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 08-04-2010 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
Salitre. Guadi Galego, Xabier Díaz e Guillerme Fernández


Tema pertencente ao primeiro traballo discográfico Músicas de Salitre de Xabier Díaz, cantado por este e Guadi Galego, acompañados á guitarra por Guillerme Fernández.
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 08-04-2010 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
Ajárrate. Mercedes Peón
Outra canción de Sihá (2007), o terceiro disco de Mercedes Peón:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 13-03-2010 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
Paralá. Mercedes Peón
Tema do disco Sihá (2007), o terceiro da cantante e instrumentista Mercedes Peón, unha das nosas autoras e intérpretes máis respectadas internacionalmente.




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 13-03-2010 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
Bilingüismo Harmónico. Leo i Arremecághona!
Recomendado por Xoana, chega por fin ás Gabarras o "Bilingüismo Harmónico" do sen par Leo i Arremecághona!, unha adaptación do "Should I Stay Or Should I Go" de The Clash. Mágoa que neste vídeo hai demasiadas interferencias...

A verdade é que tardamos en subilo ao blog porque non sabiamos se encaixaba mellor nesta sección de música, na de humor ou na de reflexión sobre a lingua, pois en realidade encaixa á perfección nos tres apartados, así que será mellor escoitarmos esta canción á vez que reflexionamos sobre a lingua e, como nos di a propia Xoana, botando unhas risas:


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 13-03-2010 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Marabilla. Mercedes Peón
Eis un vídeo co famoso tema "Marabilla" de Mercedes Peón:

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 21-02-2010 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
Música galega e poesía. Reportaxe no programa Libro Aberto
Unha reportaxe de Olalla Vaamonde sobre a relación entre a música e a poesía na escena galega no desaparecido programa da TVG Libro Aberto. Con Fanny + Alexander, NARF e Dios Ke Te Crew.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 10-02-2010 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0