AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

GALEOKE, a música que levas dentro
Por fin temos un karaoke para cantar en galego! E ademais coas músicas orixinais dos grupos!

Trátase dun xogo e dá unha puntuación comparando a túa voz co tono de voz das cancións. Permite xogar en varios modos de competición, podendo xogar só unha persoa, varias persoas simultaneamente, ou por turnos.

Nace o xogo do GALEOKE e poderemos mercalo a partir do 21 de decembro nas tendas de discos e en www.toupa.net

Xa falta moi pouco!

Ademais, o Consello da Cultura Galega agasalla catro mostras do xogo do Galeoke a través dun sorteo. Preme aquí e participa na PROMOCIÓN.

Mira a LISTAXE DE GRUPOS QUE APARECEN NO VOLUME I, e, se falta algún dos teus temas favoritos neste primeiro volume, non te preocupes, porque pensan sacar volume II e III e...


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 16-12-2010 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
Tola atrás de ti . O ghit do verán
O xurado de A polo ghit 2010, constituído por Xil Ríos, Ugía Pedreira, Uxío Broullón e Roxelio García escolleu como ghit do verán a peza de Sés 'Tola atrás de ti'.

A lista dos temas presentados a concurso foi moi variada e a calidade das propostas levou tamén a un lugar destacado as seguintes pezas:

'Amorío no Estío', de A amiga fea

'Galician Punchi Jaiteira', de Compañía do Ruído

'A marajota'
, de O tren da unha show

E atrás das catro pezas máis votadas, aí van os temas que completan o particular Top10 deste Apologhit 2010:

'Quimbumbia'
, dos Ulträqäns

'Gladiador', dos Trabalhadores do Comercio

'Zombies no Gaiás'
, de Galegoz

'Mais non'
, de Paris Joel

'G-g-A-a-L-EGO', de El Puto Coke

'Ana de Palacio'
, de Metralletas lecheras



Pódense escoitar e descargar todos os temas en A polo ghit 2010.

Fonte: Vieiros (23/07/2010)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 02-12-2010 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Rap da física de partículas
Rap en brasileiro sobre o colisor de partículas LHC. Outro xeito de achegarse á Física de Partículas:

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 04-11-2010 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
NEMO. Banda sonora de Fanny + Alexander
Nemo é unha curtametraxe de Miguel Mariño Lamas e Ariadna Camiño, na que podemos ver a outra cara do lenzo.

Neste vídeo podemos ver un fragmento no que Isabel Rei pinta o seu cadro con música de Fanny + Alexander de fondo:

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 22-06-2010 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
O camareiro. La Pegatina
E aquí temos outra rumba de La Pegatina, tamén proposta por Marcos Manso (4º ESO), ao que lle louvamos o gusto:




E lembra que La Pegatina permite descargar os seus discos de balde desde a súa web.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 22-06-2010 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
A morriña. La Pegatina
La Pegatina é unha banda catalá de rumba que comparte a súa música en internet e ten algúns temas en galego, e ben feisteiros, por certo.

Este tema propúxonolo Marcos Manso (4º ESO) e pensamos que dá pé a bailarlle unha baila, algo moi apropiado nestas datas estivais que se presentan cheas de verbenas:



La Pegatina permite descargar os seus discos de balde desde a súa web.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 22-06-2010 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
Os dous amigos. Roger de Flor
O músico e cantante Roger de Flor relátanos as peripecias de dous entrañables personaxes absolutamente reais: o artesán e poeta Luís Maquieira e o trobador aresán coñecido como o Marqués das Viñas.




O vídeo clip foi realizado polo cineasta Carlos Alberto Alonso co apoio loxístico de Rubén Coca Produccións. Os exteriores pertencen a Pontedeume, Fene, Neda e Meirás no verán do 2008 e conta coa presenza estelar de María e Carolina "Faltriqueira"


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 22-06-2010 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
Os Trasnos do Moscoso, Noise Projecto e Telémaco en NSAIO 2008


Seguemento feito polo Capitán Nsaio das bandas que participaron en 2008 en Nsaio, a rede galega de locais de ensaio, na Semifinal de Novas Tendencias celebrada na Coruña.

Nesa ocasión participaron Os Trasnos do Moscoso, Noise Project, Telémaco e os británicos The Go! Team.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 22-06-2010 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Projecto Mourente
Entrevista a Marcos Valcárcel (Projecto Mourente) na gala de A polo ghit da TVG de 2006:

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 22-06-2010 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
Como os caranguexos. Projecto Mourente


A estrea de Projecto Mourente sobre un escenario, ao vivo, tivo lugar na Sala Nasa en maio de 2007, até ese momento só se podía escoitar a súa música descargándoa da plataforma A Regueifa.



"Como os caranguexos" é un tema de Baixo os eucaliptos, o que foi o primeiro disco de Projecto Mourente e que se pode descargar de balde na Regueifa


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 22-06-2010 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
Sen ti. Dj Son1c Feat. Isis
Cando sacou A festa non vai parar o Dj Son1c prometeu que voltaría a crear dance en galego e cumpriuno! O novo tema chámase Sen ti e xa está dispoñible totalmente de balde no sitio oficial dos seus produtores, Moguda, desde o 17 de maio.

Escóitao a continuación ou descárgao e dinos que che parece:



Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 04. Música - Publicado o 01-06-2010 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
G-g-a-A-l-ego. El Puto Coke
El Puto Coke preséntase a esta edición de A Polo Ghit cun tema, G-g-A-a-L-EGO, que defende o uso da nosa lingua, a mesma que Afonso X O Sabio consideraba perfecta para a poesía e a música .

Para este tema conta coa produción de Bleis e a colaboración de Anxo Lorenzo, o recoñecidísimo gaiteiro que aparece por cortesía de Zouma Records, ademais das achegas de Wöyza e Dj. Fabián.

O tema forma parte do novo maxi do MC, onde tamén figura o tema Irmán, e que se pode descargar dende licorkafe.com, e que supón a agardada volta do artista ao panorama sonoro e, de paso, tamén supón a súa estrea no A Polo Ghit.


Fonte: Vieiros (27/05/2010)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 28-05-2010 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
Por ti. Aíd
Magnífico rap de Aíd para a campaña Orgullos@s do galego:



Por ti

Por ti, trocou miña vida por ti
todo é distinto dende que estás aquí
casi lembro a primeira vez que te vin
e é curioso que co tempo confiaras en min

Agora formas parte de min
é molesto se me esquezo cando te coñecín
agora somos porfin inseparabeis e sin ti
non sabería vivir, ti dime como vivir

Sen poderme expresar, ti me ensinache a cantar
o son do teu alalar, ti me ensinaches o mar
e aprendín a rimar,
e aprendín a crear, e aprendín a amar

Quixo o destino xogar
e eu deixeime levar
e quen o ía dicir que eu mesma ía contar
a miña vida en papel, agora podo soñar

Nunca aborrezo de ti
e adoezo eu si me separo de ti
gústame ouvir o teu son, podo sentir cada ton
quero crear a ilusión de que ti estás ao carón, de min

cada suspiro é unha inspiración
e é o teu latexar que segue o beat da canción
co tempo te coñecín, agora estamos aquí
ti formas parte de min, eu formo parte de ti

Ven aquí e faime soñar
que en soños podo voar, está a maxia no ar
e as notas poden soar, e o vento pode zoar
no soño eu podo contarte o que adoito calar e

Non sei o que será de ti,
pero eiquí te terei, siga ou non xunto a ti
eu vivo con ilusión descoñecendo o confín
e escribo esta canción por si te esqueces de min

AID
Cantante

Texto en .pdf

Podes escoitalo completo na web da Coordinadora de ENDL, no apartado de textos está de segundo, ou no MySpace da cantante.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 28-05-2010 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
Cerceda será o primeiro municipio galego '100% libre da SGAE'
Cabeceira de C

Dende mañá, sábado 22 de xuño de 2010, Cerceda vai ser o primeiro concello que se independice simbolicamente da Sociedad General de Autores y Editores (SGAE). O acto vai ter lugar o vindeiro sábado 22 de maio coincidindo coa XVII edición do Festival Rock que este ano ten como tema central a Cultura Libre, organizado pola asociación cultural Lucerna.

A xornada abrirase cunha mesa redonda que terá lugar ás 18.30 horas baixo o lema de ?Bens culturais de uso común?, na que tomarán a palabra a xornalista María Yáñez, Francisco Alvarellos e Xaquín Riera (socios da Casa de Música), Uxío Broullón (creador da plataforma commonsbaby.com), Samuel L. Paris, autor do libro de poemas Manual da destrución, editado baixo licenza creative commons, o cantautor Leo i Arremecághona, que distribúe o seu traballo con licenza libre, e o cercedense Martín Loureiro, membro do grupo Machina.

Durante toda a xornada, os bares da capital cercedense non pincharán ningunha música que estea suxeita á SGAE.

A partir das 22 horas, logo da lectura do manifesto polo cal se declara a vila zona libre da SGAE, comezará o concerto no que participará as bandas 12 Labirinto, Nao, Fracasados de Antemano, O Leo i Arremecághona e Selectah in Helicopta +Gendebeat.


Fonte: Vieiros (10/05/2010)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 21-05-2010 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
Cores do Atlántico
Cores do Atlántico é un traballo divulgativo-musical sobre as cantigas de amigo que ofrece unha nova perspectiva do xénero máis autóctono da nosa lírica medieval, desde unha dobre dimensión: a interpretación teórica da catedrática holandesa Ria Lemaire Mertens e a interpretación musical da cantautora brasileira Socorro Lira.

A continuación podes ver unha reportaxe sobre esta iniciativa na que interveñen Ria Lemaire (autora do libro e profesora titular de literatura portuguesa e brasileira da Universidade de Poitiers, Francia), Socorro Lira (cantante e autora do disco Cores do Atântico) e Santi Veloso (presidente da asociación cultural e pedagóxica Ponte...nas Ondas!):



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 21-05-2010 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0