AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Faltriqueira

María, Ana, Teresa e Carolina, catro nomes de catro mulleres eumesas que forman o grupo Faltriqueira.

Todo comezou hai máis de dez anos, cando unha mestra de pandeireta e baile as animou a quedar para ensaiar un par de pandeiradas. O que comezou como un divertimento foinas levando de bar en bar primeiro e, anos despois, de escenario en escenario, grazas a grupos como o vasco Oskorri, o galego Luar na Lubre ou ao gaiteiro asturiano Hevia e ás estupendas colaboracións que fixeron con eles.

No 2002 sacan o seu primeiro traballo de nome Faltriqueira, o que presentan en lugares como Namibia, o Forum Barcelona, o festival Rock in Río..., percorrendo media España e parte do estranxeiro.

No 2006 sacaron un segundo disco, Efecto Faltriqueira que as levou a colaborar con Victor Manuel, Tejedor... e actuar en festivais e galas como a emitida este mércores pola TVG en homenaxe a Zeca Afonso.

Non lles gusta que lles chamen pandereteiras, son "Faltriqueira". A súa musica rompeu fronteiras, e agardo, dende aquí, que sigan enchendo os escenarios coa graza e a alegría que tan ben saben transmitir a todo o mundo, e que as ferreñas da súa pandeireta tarden moito en deixar de soar.


Artigo realizado por Inés (3º ESO-A)
Deixa o teu comentario (5) - Categoría: 04. Música - Publicado o 27-04-2007 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
Abrimos un apartado de música
A música amansa as feras. A música cóllenos por sorpresa e consegue chegar a lugares do noso corazón que non acada ningunha outra arte... Por iso pensamos que dar información sobre os grupos musicais e cantantes que utilizan o galego pode facer moito pola normalización lingüística, mais tamén pola nosa felicidade.

Animádevos e promocionade os vosos grupos e cantantes favoritos. Aquí caben todos os estilos.
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 27-04-2007 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0