As Campaíñas


VALS con BASHIR, de Ari Folman y David Polonsky
Vals con Bashir é ao tempo unha película de animación e un cómic (novela gráfica dise agora) realizado coas propias imaxes do filme. Hai xa algún tempo que merquei o libro e resistín a tentación de lelo durante unhas semanas, agardando a facelo seguindo o mesmo proceso de creación. Desgraciadamente, a película non se estreou en Santiago e as espléndidas referencias obrigáronme a lelo sen demora, encantoume. Onte, vin a película en DVD, aínda me gustou máis.

Trata da memoria, de como agochamos no subconsciente os feitos do pasado que non fan difícil vivir o presente. E trata da guerra, cando os seres humanos amosamos o peor do nós mesmos. O protagonista (o mesmo director, Ari Folman) reconstrúe a súa actuación como soldado do exército israelí durante a invasión do Líbano en 1982 e a matanza nos campos de refuxiados palestinos de Sabra e Chatila, apoiándose nas testemuñas doutros compañeiros de armas.

Non hai respiro, nada sobra pero tampouco falta. Isto é a guerra, medo, moito medo, sen heroes, só xente derrotada pola indignidade da violencia que, vinte anos despois, comproban que é imposible fuxir do pasado, que os atormenta.

O cómic, editado por Salamandra, é magnífico, pero a película é excepcional. A animación case mecánica, os colores e, sobre todo, a música e o son, que teñen un papel dramático de primeira orde fannos estremecer. É unha obra (ou dúas) auténtica, verdadeira, redonda e á vez chea de matices, directa ao estómago e á cabeza. A guerra nos converte a todos en vítimas, pero para facer a guerra fan falta soldados, uns séntense heroes e outros, como Ari Folman, miran cara atrás con perplexidade e tristura: onde estaba eu durante a matanza de Sabra e Chatila? Lede o cómic e vede a película, non vos arrepentiredes.


Heladio


Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 24-05-2009 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Los pilares de la tierra, de Ken Follett
El amor y la muerte se entrecruzan vibrantemente en este magistral tapiz cuyo centro es la construcción de una catedral gótica. El escritor Ken Follett nos transporta al fascinante mundo de la Edad Media, un convulso período histórico que se erige en el escenario de enconadas pugnas, intrigas y pasiones desenfrenadas. El libro comienza con el ahorcamiento de un extraño personaje cuya verdadera historia no conoceremos hasta el final de la novela, (un millar de páginas más tarde). A partir de aquí se desarrollan varias subtramas que se relacionan y enredan entre sí al igual que los personajes que las protagonizan. A través de los capítulos conoceremos los esfuerzos del prior Philip por gobernar el priorato de Kinnsbridge y construir en él una hermosa catedral, su enemistad con el taimado obispo Warelan, las vicisitudes del maestro constructor Tom Builder y su familia, la historia de amor entre Jack y Aliena, las andanzas del malvado y cruel William Hamleigh?todo ello sazonado con el contexto histórico de la guerra civil entre el rey Stephen y la emperatriz Maud, las disputas entre Henry II y Thomas Becket, y los esbozos arquitectónicos y artísticos que nos acercan un poco más a la complejidad constructiva de una catedral. A pesar de tener más de un millar de páginas, la prosa del libro es bastante ágil, destacando los diálogos y las descripciones a partes iguales. Los personajes parecen responder a una personalidad prefijada, los malos son muy malos y los buenos son muy buenos, no hay término medio entre la bondad y la maldad y todos ellos parecen carecer de profundidad psicológica y de evolución interna. Como desventajas es importante destacar que el lector corre el peligro de perderse ante los inesperados giros y relaciones entrecruzadas entre los diversos personajes de la trama, pero todo ello se resuelve después de haber realizado un pequeño esquema mental. Sinceramente, recomiendo su lectura, eso si, pausada y relajada. Engancha considerablemente, es digno de leer, de juzgar y de valorar.
LOLI COUSO
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 14-05-2009 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
La buscadora de perlas, de Jeff Talarigo
Una joven de 19 años se dedica, a pesar de la oposición de su familia, a buscar perlas; un trabajo duro y arriesgado que sin embargo la hace sumamente feliz. Pero su vida da un trágico vuelco cuando contrae la lepra y es recluida en una isla cercana a Nagashima, después de haber sido repudiada por su familia y por el resto de la sociedad. Allí, la joven se ve obligada a cambiar de nombre y olvidar todo su pasado, es entonces cuando decide llamarse Fuji (en honor al monte sagrado) y emprender una nueva vida al servicio de los demás. Así aprende a valorar las cosas más insignificantes, gozando de la amistad del poeta Yami y de la belleza de la isla. Transcurridos veinte años, tras los cuales su espíritu rebelde se mantiene firme, los nuevos progresos médicos determinan que Fuji está curada y que puede abandonar la isla, sin embargo, el mundo que descubre en el exterior no le convence. Es una obra de Jeff Talarigo, escritor estadounidense que ha trabajado como periodista antes de dedicarse a la literatura y a la enseñanza en Japón, donde reside desde inicios de los años 90.La buscadora de perlas es su brillante debut literario y ha sido recomendado por la asociación de los libreros independientes de Estados Unidos. A título personal , deciros que a pesar de la brevedad con la que el escritor conforma el argumento ( creo que podría haberse detenido más en el corazón y el alma de la protagonista )es una obra digna de ser leída y valorada ,pues la protagonista vive una hermosa historia de superación y de dignidad en un hipócrita mundo de desprecios y deshonra.
LOLI COUSO
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 14-05-2009 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
Otra idea de Galicia, de Miguel-Anxo Murado
En pouco tempo teño lido dous libros do meu admirado Miguel-Anxo Murado. Xa escribín aquí do magnífico Fin de Século en Palestina e agora vouno facer de Otra idea de Galicia, publicado pola editorial Debate no ano 2008. Son dous libros moi distintos, que teñen en común a escritura limpa, a erudición e a retranca do autor, conseguindo que a lectura sexa sempre áxil, nunca nos decepciona.

Otra idea de Galicia forma parte dunha serie de ensaios sobre as Comunidades ou territorios do Estado español cos que se pretende desmontar algúns dos mitos, dos estereotipos, que reinan no imaxinario colectivo, tanto dentro como fóra deses territorios. Todos tendemos á xeneralizar, a obviar as diferenzas e os matices, cando queremos definir e particularizar a un determinado pobo ou país. Esas xeneralizacións, sen embargo, só son útiles para debates de radio ou de taberna, e carecen de rigor intelectual. É dicir, son mentiras. É moito o que compartimos todos os galegos, pero non existe un carácter galego único. Non somos unha única árbore con moitas gallas, senón moitas árbores distintas que medran distintas e distantes nun espazo común (o mapa de Domingo Fontán), co que todos dunha ou outra maneira nos identificamos (algúns mesmo se caracterizan por desprezar a súa propia condición de galegos, o que é colmo da ignorancia).

Neste libro, Murado non escribe sobre o carácter dos galegos, el sabe ben que non existe, senón que recorre a súa ampla formación histórica para desmontar os tópicos que se teñen acuñado sobre Galicia. A Historia é a única ferramenta que pode axudarnos a comprender o presente. Unha Historia que analizada con criterio xamais é lineal, non hai un único camiño pechado que nos conduce inevitablemente ao presente (a ao futuro), senón que existen moitas corredoiras que levan a moitos camiños e eses a súa vez rematan hoxe en múltiples cruces que inician outros vías, algúns con orixes distantes. A Historia explica o presente pero non o xustifica, e así o entende o autor. Neste libro, de lectura obrigada para todos aqueles que queiran coñecer o noso pasado, non só reafirmar as ideas preconcibidas, atoparemos unha sinxela e evocadora interpretación do pasado de Galicia que nos ilustra sobre o presente.

Nunha entrevista en A Nosa Terra sobre o libro, Murado di: 'Non temos datos para saber desde cando exactamente a xente fai determinado ritual. O que si podemos deducir é que canto máis se defende a ?eternidade? dunha tradición máis probábel é que esta nacera hai pouco tempo. Por exemplo, as romarías naceron logo da recatolización de Galiza, en plena Contrarreforma após o Concilio de Trento (1545-1563). En calquera caso, que as tradicións sexan inventos non significan que non sexan reais. É dicir, se unha sociedade toma por bos trazos de identidade e dálles rango de verosimilitude, ao final eses conceptos inflúen nas súas vidas e na súa autopercepción colectiva. Non hai que esquecer que cada un de nós inventa o seu pasado, reconstruímos o noso pasado, convertemos as lembranzas en mitos. Pois as nacións tamén inventan a súa infancia'.

En definitiva, un libro máis que recomendable (ogallá se publique en galego) que non pretende adoutrinarnos desmontando uns tópicos e reforzando outros, que non pretende adoutrinarnos senón que nos fai formular máis preguntas, que non é un libro de Historia pero que nos ensina a Historia, un libro optimista que rexeita o tópico da decadencia de Galicia e que, ademais, está moi ben escrito.


Heladio
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 10-05-2009 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
Dedicatoria de Manel Cráneo

O pasado xoves día 30 de abril Manel Cráneo presentou na libraría Kómic de Santiago o a súa novela gráfica Os Lobos de Moeche, ambientada durante a gran revolta irmandiña de finais do século XV. Alí tivemos e sorte de que, con gran amabilidade, nos fixera un fermoso debuxo e escribise unhas palabras para o noso clube nun exemplar da súa obra. Moitas grazas.


Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-05-2009 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0