As Campaíñas


23 DE ABRIL: ler está de moda
Comentarios (0) - Categoría: Eventos - Publicado o 23-04-2010 01:28
# Ligazón permanente a este artigo
Novidades da Biblioteca (mes de abril), para os maiores
Relación comentada dos libros e bandas deseñadas mercadas pola Biblioteca, coa orientación do Club de Lectura. Destinados aos alumnos de Secundaria, aos profesores e aos pais.

Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Biblioteca - Publicado o 23-04-2010 01:26
# Ligazón permanente a este artigo
Mesa de intercambio

Desde hai algunhas semanas o Club montou no vestíbulo do Colexio unha mesa de intercambio de libros, discos, vídeos, revistas, etc. Animamos a todos os membros da comunidade educativa a participar coas súas achegas, seguro que todos temos material bibliográfico na casa que nós xa non usamos e que seguro lle pode gustar a outras persoas na noso Colexio.

O material depositado na mesa pódese levar en propiedade e, unha vez lido e/ou escoitado pódese devolver á Mesa de Intercambio, ou non.

Temos que gabar e agradecer, de novo, a colaboración da profesora de Plástica, Hortensia. Ela, xunto a un grupo de alumnas de 1º da ESO é a responsable desta marabilla de cartel. Moitas grazas. Aquí podedes ver máis fotos do cartel.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 20-04-2010 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
Dúas novelas para non durmir
>

NA NOSA BIBLIOTECA

















Nesta ocasión -sen que sente precedente- vou falar de dúas novelas que van interesar ós queridos alumnos. Trátase das lecturas deste trimestre para a clase de Castelán en 1º e 2º de ESO: El caso del artista cruel, de Elia Barceló, e El príncipe de la niebla, de Carlos Ruiz Zafón. Debo dicir que esta última novela animeime a lela pola recomendación dunha rapaza do club, e non me decepcionou en absoluto, todo o contrario.
Tanto Barceló (autora de Cordeluna, unha fantástica historia romántica onde se entrecruzan o mundo medieval e o século XXI, máis recomendable a partir de 3º da ESO) como Ruiz Zafón (o autor de La sombra del viento, moito máis coñecido porque tamén publica para adultos), son dúas figuras importantes no panorama da literatura xuvenil en castelán.
O que máis me gustou de ambas novelas é que están ben escritas: nelas existe algo máis que a simple corrección que é frecuente atopar nas novelas para mozos. No caso da obra de Barceló non me sorprendeu moito, porque xa coñecía Cordeluna; pero si me sorprendeu bastante o estilo de Zafón, ó que -teño que admitilo- me acheguei con certo recelo debido a que os autores superventas, en principio, me inspiran desconfianza. Pero debo dicir que ten a facultade de explotar ó máximo o poder da connotación, de crear un ambiente coas palabras, de facer soñar elexindo as evocacións adecuadas.
As dúas novelas teñen unha trama moi ben elaborada. Con isto quero dicir que a historia, o relato, está moi ben planificado; e ademais destacan polo seu bo manexo da intriga e do interés. As dúas coronaron con éxito a difícil tarea de quitarme o sono un par de días, cousa que unha novela para adolescentes non lograra dende que era eu a adolescente (é dicir, dende hai máis que un par de días).
El caso del artista cruel é unha historia policiaca protagonizada por unha rapaza española que estudia en Innsbruck. Ademais da intriga, ten bastante interés a mirada da protagonista sobre Austria e os seus costumes, así coma o achegamento (moi tímido) á parafernalia do mundo da arte como negocio.
El príncipe de la niebla é unha historia de pantasmas, entre o real e o sobrenatural, onde o máis destacado é a recreación de ambientes e a utilización de símbolos. É un relato sinxelo, pero redondo: poucos elementos para un excelente resultado.

Recomendo encarecidamente ambas novelas a todos os alumnos de Secundaria: a primeira, para os que teñan preferencia polas historias verosímiles; a segunda, para quen non lle teña medo á fantasía.
Comentarios (2) - Categoría: Lecturas - Publicado o 14-04-2010 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
El arte de volar, de Altarriba e Kim
NA NOSA BIBLIOTECA


Todo comezou no ano 2001, cando o pai de Antonio Altarriba suicidouse aos noventa anos nunha Residencia da Rioja. Antonio decidiu, a partir dos escritos do seu pai elaborar un guión que máis tarde ofreceu ao debuxante Kim, coñecido sobre todo pola parodia dos fascistas que publica El Jueves: Martínez en Facha. Desde o ano 2006 Kim comezou a debuxar ?El arte de volar? que sería publicado por Edicions de Ponent no 2009.

Ultimamente teño moita sorte coas bandas deseñadas que leo, son dunha calidade impresionante, tanto literaria como artística. ?El arte de volar? é un cómic realmente impresionante, imprescindible polo que conta e por como o conta. Desde a primeira a última viñeta engánchate, malla en ti cunha forza irresistible, rompendo con calquera defensa ou distancia que pretendas opoñer a intensa e desesperanzada vida do seu protagonista.

É a historia de vida dunha persoa, pero tamén o reflexo descarnado, case cruel, das miserias que tiveron que sufrir os españois derrotados polo fascismo. Os seus desexos dun mundo mellor, a súa ansia de voar, viuse esmagada pola aguia do franquismo, sumíndoos na amargura dunha existencia mediocre imprescindible para sobrevivir.

A Historia e a vida do protagonista forman unha unidade que os autores conseguen expresar á perfección. A pobreza do mundo rural, a ilusión da II República, os desastres da Guerra Civil e do exilio, e a castración franquista non son un escenario neutro de fondo, senón que penetran na biografía de Antonio condicionando ata a medula, ata o corazón, calquera posibilidade de vivir, de ser feliz. Hai amor e hai humor (pouco) pero non é posible adaptarse a un mundo hipócrita, inxusto. Só ao final pode voar.

É unha obra redonda, magnífica, que acaba de recibir o Premio Nacional de Cómic de Catalunya (seguro que non é último) e que mesmo se compara, con razón, con Maus, o cómic por antonomasia do Holocausto nazi. Imprescindible para saber Historia, imprescindible para saber da vida.


El Arte de Volar from polinomio on Vimeo.



Heladio
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 09-04-2010 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0