As Campaíñas


LER
?Aprendín a ler sen que ninguén se decatase. Cando a mestra seguía ensinando aos outros nenos a xuntaren o eme co a, había xá tempo que eu coñecía a solidariedade que tecen entre si os signos escritos, as súas combinacións infitinas e os sons marabillosos (...). Ninguén se decatou. Lin coma unha posesa, primeiro ás agachadas, e despois, cando me pareceu que transcorrera o tempo normal de aprendizaxe, á vista de todos, mais tendo moito coidado de disimular o meu interese e o pracer que me proporcionaba. A nena fráxil convertérase nunha alma famenta. Aos doce anos deixei a escola para traballar na casa e mais nos campo cos meus pais e os meus irmáns. Aos dezasete, casei?. Así di Renée, a protagonista d´A elegancia do ourizo de M. Barbery. A súa é unha historia de ficción pero para millóns de nenas convértese na única realidade. Por iso a Unesco dedica o vindeiro 23 de abril ?Día Mundial do Libro? á alfabetización cunha mensaxe clara: ?Open books, open doors?. Porque cando aprendemos a ler e a escribir, aprendemos a abrir as portas.


ROSA ANEIROS (O XORNAL)
Comentarios (0) - Categoría: Ler - Publicado o 13-04-2009 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
La sociedad de los otros, de William Nicholson
Esta é a primeira novela para adultos do polifácetico William Nicholson (editorial Salamandra, 2005). Nicholson ten destacado como guionista (Gladiator, Tierras de Penumbra), director de cine(A la luz del fuego) e autor de teatro (La retirada de Moscú).

A novela cóntanos as peripecias dun mozo inglés, sen nome, acabado de saír da Universidade, que emprende unha viaxe por Europa. Este mozo é moi particular, despreza case tódolos aspectos da súa vida cotiá, tanto a familia, coma os compañeiros e, mesmo, o seu ligue 'de mantemento'. Nada o entusiasma, é un amargado sen ilusións. Sen querer, o protagonista vese obrigado a realizar unha viaxe coas mil libras que lle dá seu pai para sacalo do seu ensimesmado mundo. Aquí comeza a aventura, cando o mozo entra nun pais de Europa do leste e se ve atrapado nunha rede terrorista que loita contra o tiránico goberno, pero tamén contra outro grupo opositor máis moderado, a sociedade dos outros, que rexeita a violencia e se organiza a través de clubs de lectura.

Cheguei ao libro a través dunhas recomendacións entusiastas doutras lectoras. Para min foi unha pequena decepción, xa que se ben houbo algúns momentos en que me atrapou o suspense, en xeral me pareceu un libro cheo de ocorrencias pseudofilosóficas, cun final tan disparatado como falso. Pódese interpretar como unha viaxe ao revés, xa que o protagonista máis que enriquecerse persoalmente saíndo do seu ambiente de burgués mal criado, aprende a valorar o que antes tiña e non estimaba. Non é unha mal novela, pero a min non me convenceu. Sei que hai moita xente á que lle entusiasmou, así que anímovos a lelo para saber a vosa opinión.


Heladio
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 11-04-2009 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0