Estas dúas coleccións da autora inglesa, compostas por seis novelas cada unha, teñen un argumento similar: as aventuras das rapazas que estudian en sendos internados desde os doce ata os dezaoito anos. As relacións entre nenas moi diferentes dá lugar a enfrentamentos e reconciliacións, encontros e desencontros nos que sempre triunfa como exemplo un modelo de comportamento caracterizado por valores tales como a lealtade, a valentía, a xustiza e a comprensión.
O internado Torres de Malory é máis estricto ca o de Santa Clara no referente á disciplina, e a protagonista destas novelas, Darrell Rivers, é unha rapaza responsable que anhela chegar a ser algún día delegada do colexio, pero que tamén sabe disfrutar coas numerosas bromas das súas compañeiras. No colexio Santa Clara estudian as irmáns O'Sullivan, Isabel e Patricia, bastante máis traviesas que Darrell, quen nun principio se opoñían a ir a Santa Clara. Neste internado o profesorado considera que o maior éxito que se pode acadar é lograr que as rapazas problemáticas acaben por aprender a levar unha vida en comunidade.
O funcionamento destes centros educativos responde a dous modelos pedagóxicos diferentes que existían na Inglaterra de mediados do século XX. As obras son de lectura sinxela, moi amenos para os rapaces a pesar de tratarse de novelas un tanto anticuadas desde o punto de vista da comunidade educativa actual. Están recomendadas para rapaces de entre 9 e 12 anos, aínda que tamén poden ter interés para lectores de máis idade.
Na clase de Cultura Clásica limos a adaptación da Ilíada e da Odisea, de Homero, realizada por Marcia Williams e editada pola editorial Acanto. Esta banda deseñada é todo un clásico, case tanto coma o orixinal, para todas as idades. Os debuxos son magníficos, cheos de detalles simpáticos, e o texto é cercano, irónico e divertido. Lévanos de Troya a Ítaca nunha viaxe chea de color, aventuras e sonrisos. Ista é a opinión dos lectores:
Pois o cómic estivo moi ben. As imaxes son moi boas e non fai falta ler a letra para enteirarse sobre a Ilíada e a Odisea.
(Tania)
Foi divertido porque contaba a historia das dúas lendas pero dunha forma orixinal e fácil de entender.
(Pablo)
Foi moi interesante lelo porque aprendes a historia da Odisea e da Iliada dunha maneira divertida
(Iago)
O cómic estivo moi ben porque asi podemos saber máis cousas sobre a Iliada e a Odisea dunha forma máis graciosa. Así tamén podemos saber máis sobre esas lendas que son moi interesantes.
(Rubén)
O cómic resultoume entretido e ao mesmo tempo proporcionoume múltiples achegas sobre a historia dun modo divertido.
(Daniel)
O comic foi moi entretido, os debuxos eran de gran calidade e podíase saber case o que pasaba,xa que contaba a historia con moito detalle.
(Adrián)