As Campaíñas


CONCURSO LITERARIO: UN NOME PARA A NOSA MASCOTA

Recordámovos que ainda estades a tempo de participar no concurso literario "Un mome para a nosa mascota".O prazo remata o vindeiro martes 22 para Primaria, e o martes 29 para Secundaria.
Trátase dun relato no que a única base obrigatoria é que sexa protagonzado por unha rá, a ser posible nas Campaiñas, e esa rá ha de ter un nome que quedará para a mascota (o que teña no relato gañador).
¡Ánimo, participade!
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-11-2011 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Sesión dedicada a Rosalía de Castro

Con motivo da cercanía da actividade prevista para final de trimestre, a visita á Casa-Museo de Rosalía de Castro, hoxe dedicamos a reunión do Club a falar da obra de Rosalía. A verdade é que os alumnos tiñan bastantes coñecementos sobre ela, sobre todo Patricia, que disfrutou coa súa exposición.
Se fixo lectura dalgúns dos seus poemas máis populares e pasounos o tempo moi rápido.

NEGRA SOMBRA
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

...................................

Nos últimos minutos presentouse unha posible actividade cara a San Valentín: un recital de poesía amorosa. Acordamos que témola que empezar a preparar con tempo para que quede axeitada.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-11-2011 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0