As Campaíñas


Los viajes de Gulliver, de Jonathan Swift
NA NOSA BIBLIOTECA


Jonathan Swift (1667-1745) foi un escritor irlandés. Nace en Dublín e estudia Teoloxía no Trinity College. Trasládase a Inglaterra, onde traballa como secretario e como preceptor. Posteriormente regresa a Irlanda, ordéase sacerdote, e volve a marchar a Inglaterra, onde participa activamente na vida política. A vida amorosa de Swift parece moi interesante, pola súa misteriosa relación cunha rapaza á que el chama Stella, sobrenome de Esther Johnson. Swift foi un home cun carácter moi agudo, o que se percibe ben nas súas obras satíricas. Ademais, foi el quen inventou o nome de Vanessa, tan popular hoxe.

Ademais de As viaxes de Gulliver, Swift escribiu A batalla dos libros, Unha modesta proposición ou o poema Cadenus e Vanessa.
As viaxes de Gulliver ten como título orixinal Viaxes a varias remotas nacións da Terra (en catro partes). Por Lemuel Gulliver, primeiro oficial médico, e logo capitán de varios barcos (Travels into several Remote Nations of the World. In four parts. By Lemuel Gulliver, first a Surgeon, and then the captain of several ships). A obra publicouse por primeira vez en inglés no ano 1726. A edición manexada é unha traducción ó castelán feita por Póllux Hernández.

As viaxes de Gulliver destaca fundamentalmente polo seu espírito satírico. É unha obra narrativa, unha novela, que parodia os libros de viaxes que tan de moda estaban no século XVIII. Nela se narran, como di o título, as viaxes que fai Gulliver polo mundo. Nas súas particulares odiseas, Gulliver chega ós lugares máis disparatados que se poden imaxinar. Moi famosas son as aventuras en Liliput (o país dos ananos) ou en Brobdingnag (o país dos xigantes), aínda que menos coñecidas son aquelas que teñen lugar na Illa Flotante o nos país dos houyhnhnms, uns cabalos excepcionalmente dotados de razón.

Na obra abundan as pasaxes cómicas, pero o humor de Swift é mordaz; manexa a ironía e o sarcasmo de forma maxistral. O branco constante das súas críticas é o home e a súa conxénita perversidade, e repasa unha por unha todas as debilidades do ser humano, as aberracións da sociedade europea da súa época, as corrupcións físicas e mentais ás que todos os homes -pola súa propia natureza e polo feito de vivir en sociedade- padecen, ata o punto que se chega a identificar ó home (ó que lle dará o nome de yahoo) coa mesma maldade. Esta crítica é, dende o meu humilde punto de vista, o mellor da obra, e a sensación que provoca no lector é moi extraña, pois ó mesmo tempo conviven o sorriso e a amargura. Non hai lugar para a esperanza nun mundo dominado por humanos. Sen embargo, a ironía de Swift non só se aplica ó comportamento dos homes, senón tamén ó mesmo fenómeno literario. Swift fai afirmar ó seu personaxe Gulliver que, fronte a todo tipo de invencións que se publican nos libros de viaxes, el só contará feitos verídicos. Esta afirmación repítese varias veces ó longo da obra, e cada vez vai tomando tintes máis xocosos, ata que no último capítulo di: ?Desearía con toda el alma que se promulgara una ley obligando a todo viajero, antes de permitirle publicar sus viajes, a prestar juramento ante el Presidente de la Cámara de los Lores que todo lo que pretende imprimir es, a su leal saber y entender, absolutamente verdadero?.

O libro pode ser lido polo público de todas as idades, sen embargo, non creo que sexa moi recomendable para nenos ou adolescentes, pois estes aínda conservan a inocencia e a confianza na natureza humana, e non é bo pervertir as mentes dos xoves coas amarguras dos adultos, por reais que sexan. Na biblioteca do colexio hai tres exemplares da obra, os tres en castelán.




Comentarios (2) - Categoría: Lecturas - Publicado o 08-11-2009 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
Visita á Biblioteca Ánxel Casal de Santiago
O sábado 24 de outubro, un día moi chuvioso, fomos visitar a Biblioteca Ánxel Casal. A Biblioteca é moi bonita, cunha fachada de cristal,e moitas cores.


Está todo moi ordenado e cos libros, cómics e discos moi ben expostos. Consta de catro pisos, a planta baixa ten a prensa e a banda deseñada, namentres que o segundo é o espazo adicado a nenos e rapaces. Aí foi onde estivemos nós.

O espazo que máis nos gustou foi o curruncho dos bebés, de tal xeito que ata os máis grandes nos acubillamos alí. No fondo todos somos uns nenos.

Ás doce da mañán houbo unha sesión de conta contos a cargo dun grupo de teatro de Valga. Para os mais maiores resultou un pouco aburrida, pero para os mais pequenos foi máis entretida. Sobre todo rimos moito cunha nena moi graciosa do público.

Regresamos para a casa a 13,20. No autobús viñemos cantanto e xogando. Pasámolo ben e temos gañas de volver a esa Biblioteca tan acolledora e alegre, na que o tempo pasa sen que te enteres.


Aquí podes ver máis fotos da visita.
Comentarios (1) - Categoría: A Nosa Biblioteca - Publicado o 04-11-2009 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
O pazo baleiro, de Xabier P. Docampo
NA NOSA BIBLIOTECA


Xabier P. Docampo naceu na Terra Cha, en Rábade (Lugo) en 1946. Foi mestre, traballando durante oito anos en Preescolar na Casa. Ten publicado moitos escritos sobre lingua e educación. Tamén escribiu libros de texto, e traballou en Radio Nacional de España en Galicia e en periódicos. Obtivo numerosos premios, entre eles o Premio 'Rañolas 1994' á mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1995, por Cando petan na porta pola noite. O seu primeiro libro é O misterio das badaladas (1986). Outra obras súas son A chave das noces (1987), O país durminte (1992), O home que inventou unha maneira de andar (1998), A viaxe de Purpurina ou a historia dunha pinga de auga (1999), A casa da luz (2002) e A decisión de Valerio (2005).

O Pazo Baleiro, editado por primeira vez en 1997 por Anaya- Xerais, trata dun neno chamado Nicolás que so foi tres días do colexio e non volveu máis. No seu tempo libre lía libros, mentras que cando estaba súa nai, marchaba da casa e agochábase, xa que os seus pais non sabían que él non ia ó colexio. Nicolás non é quen de segui-lo ritmo das clases. Amólalle ir sempre á escola.

Nicolás está engaiolado polo traballo do seu tío Delio, un reparador de vellos reloxos que vive nun vagón de tren abandonado. Nun dese reloxos está o comezo dunha emocionante investigación da man dos seus amigos Ramiro e Sol, únicos cómplices dos seus segredos, cando atopan dentro dese reloxo un cofre con misteriosos obxectos. Entre eses obxectos atópase unha carta que lles dá a clave para saber ónde comeza-la súa investigación: o pazo baleiro.

Este libro está recomendado para nenos dende 12 anos. Este libro gustounos porque é de aventuras.

Noelia e outros (1º da ESO)


Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 04-11-2009 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0