As Campaíñas


Ulises Moore, de Pierdominico Baccalario
NA NOSA BIBLIOTECA


É un libro de aventuras que vai de dous irmáns que se van mudar a outra casa, onde teñen que descubrir unha serie de misterios que deixou o seu antigo propietario para os seus seguintes moradores. Os misterios vannos descubrindo grazas a un bo amigo chamado Rick. Os rapaces descubren unhas chaves que conducen a oito portas misteriosas é mediante
un libro de linguas olvidadas é un dicionario conseguen descubrir cal é a porta adecuada que as
conducen a unha barca olvidada...


Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 21-01-2009 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
O cero escuro

NA NOSA BIBLIOTECA


O cero escuro é o título dun libro que An Alfaya publicou no ano 2003. Aínda que o acabo de comenzar, gústame moito mirar a portada antes de iniciar a lectura co pequeno resumo que trae para saber de que vai, así como mirar algo nas últimas páxinas. Neste libro chamoume moito un verso final que di:


Somos novos,
somos tantos como estrelas,
todos xuntos invencibles,
separados, vulnerables.



Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 21-01-2009 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
La perla
NA NOSA BIBLIOTECA




La perla é unha pequena xoia literaria escrita por Jonh Steinbeck (1902-1968)na que se relata a loita pola supervivencia dunha familia e por ende dun pobo. Kino e a súa muller Juana atopan ao seu fillo moi enfermo e non teñen cartos para pagar ao médico. Kino bucea na procura dunha perla que costee a factura do médico, mais a inmensa perla que atopará tamén será portadora de desgrazas.

Este autor californiano foi autor tamén de dúas das obras máis coñecidas do século XX As uvas da ira coa que recibiu o premio Pulitzer no ano 1940, e de Ao este do Edén (1962)levadas ao cine con grande éxito. Foi premio nobel de literatura en 1962.


Ao leste do Edén:



As uvas da ira:

Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 21-01-2009 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
CUMBRES BORRASCOSAS
NA NOSA BIBLIOTECA


Esta novela romántico-gótica escrita por Emily Brontë(1818-1848) narra a historia de amor tempestuosa entre Heathcliff e Catherine, a filla do seu acolledor. Heathcliff foi recollido polo pai de Catherine sen que quede moi claro de onde veu e que levou ao señor Earnshow a adoptalo. Pouco a pouco irá crecendo un fervente amor entre Heathcliff e Catherine, mais a distinta condición social dos protagonista fará que el marche para acadar fortuna e casar con ela. Sen embargo o seu destino será moi diferente ao que soñaron.

Sorprende a unión metafórica do título co discorrer da historia amorosa dos protagonistas salpicada de ciumes, vinganzas e un amor que perdura máis aló da morte.Emily Brontë é a irmá de outras novelista coñecidas: Charlotte Bronté quen escribiu Jane Eire,tamén levada ao cine, de grande éxito xa na súa época fronte ao escaso éxito e grandes críticas que obtivo Emily coa publicación da súa novela;e Anne Brontë que publicou as novelas Agnes Grey e A dama de Wildfell Hall.

Foi levada ao cine en numerosas ocasións cun grande éxito. Aquí tendes algunhas secuencias:



Aquí vos vai en inglés, por se queredes practicar idiomas:







Gema
BANDA SONORA
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 21-01-2009 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
MILLENNIUM I e II: a fascinante Lisbeth Salander
NA NOSA BIBLIOTECA


Títulos: Los hombres que no amaban a las mujeres (Millennium I) e La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina (Millennium II)
Autor: Stieg Larsson
Editorial: Ediciones Destino. Colección Áncora y Delfín
Tradución do sueco: Martin Lexell e Juan José Ortega Román


As dúas primeiras obras da serie Millennium encheron a miñas 'non vacacións' de Nadal. Tanto me engancharon que aproveitaba calquera momento para continuar coa súa lectura e moitas veces sorprendíame na rúa desexando chegar a casa para coñecer como continuaban os avatares dos protagonistas. Facía tempo que algo así non me ocorría, e a verdade é que gocei coma un rapaz con zapatos novos. Por isto lle dou as grazas ao finado autor sueco e agardo impaciente a publicación do derradeiro (que pena!) título da colección: La reina en el palacio de las corrientes de aire.

Resulta difícil comentar unha novela negra, de acción e misterio, sen estragar o suspense, así que me limitarei a citar os aspectos que máis me gustaron sen desvelar a trama. O mellor das novelas, máis que a intriga dos acontecementos, son os personaxes. O autor conseguiu que fose capaz de coñecer o carácter dos personaxes, mesmo dos secundarios. Coñecemos como son, pero non porqué son así, isto ímolo descubrindo segundo nos metemos na historia.

A auténtica protagonista é a inadaptada, case unha friki, Lisbeth Salander. Unha moza de 25 anos que vive e actúa á marxe dos convencionalismos sociais, pero que a pesar de todo resulta engaiolante. Ten un concepto particular da moral que lle permite sobrevivir no submundo que a rodeou desde nena. Ao igual co outro protagonista, o recto periodista Mikael Blomkvist, seguro que non entendemos o seu comportamento pero non poderemos evitar sentirnos atraídos por ela. Todos quixeramos ser os seus amigos, máis nos vale!

Os libros nos presentan tamén unha realidade distinta da que imaxinamos sobre o aparentemente frío país sueco. O infame mundo da prostitución e da trata de brancas, a violencia doméstica, a corrupción do mundo das finanzas, a estúpida e cruel actuación dos servizos secretos e os inconfesables secretos familiares, pululan polas novelas. E, por suposto, o sexo e o amor tamén teñen un papel protagonista.

En definitiva, unha lectura máis que recomendable para todos os amantes da novela negra, pero tamén para todos aqueles aos que lle gusten as boas historias ben contadas. É aconsellable que a lectura se faga en sesións longas, para meterse na historia e non parar ata saber... onde está Harriet Vanger?, quen matou ao periodista Dag Svensson e a súa parella? Xa me contaredes.


Heladio
Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 20-01-2009 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
O señor Ibrahim e as flores do Corán
NA NOSA BIBLIOTECA



Título orixinal: Monsieur Ibrahim et les fleurs du Coran.
Autor: ERIC-EMMANUEL SCHMITT
Tradución: EMMA LÁZARE RODRÍGUEZ
Edita: Faktoría K de Libros


Obra do dramaturgo e novelista francés Eric-Emmanuel Schmitt, un dos escritores máis sorprendentes e exitosos da literatura francesa actual, ademais do autor vivo máis representado do teatro francés. Filósofo de formación, dedicouse durante anos á docencia até que comezou a escribir. Entre os numerosos títulos que compoñen a súa obra, destaca a "Triloxía do invisíbel", un ciclo de obras que xiran en torno ás grandes relixións da humanidade e á que pertence esta obra, O señor Ibrahim e as flores do Corán, xunto con O libertino e Variacións enigmáticas.


O señor Ibrahim é a historia da amizade que nace entre un comerciante musulmán e un adolescente xudío de trece anos nun arrabaldo do París dos anos sesenta. Malia o posíbel choque de culturas e credos, entre o tendeiro da rúa Azul e Momo, orfo de nai e desasistido polo pai ante a vida, técese unha fermosa relación no que as falsas apariencias van deixando paso ás confidencias e á descoberta da vida por parte do mozo baixo as ensinanzas de Ibrahim.

Trátase dunha noveliña curta pero intensa, delicada, emotiva, que trasmite paz e consegue reencontrarnos coa vida e a humanidade.




A obra foi levada ao cinema polo director François Dupeyron en 2003. Destaca nesta versión cinematográfica o traballo de Omar Shariff, que interpreta o señor Ibrahim.



Román







Comentarios (2) - Categoría: Lecturas - Publicado o 18-01-2009 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiras Guías de Lectura das Campaíñas



Comentarios (0) - Categoría: Guías de lectura - Publicado o 15-01-2009 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
Máis lecturas no 2009

Tras as vacacións o Club de Lectura "As Campaíñas" retomou hoxe a súa actividade para poñer en común as lecturas feitas durante o nadal. Antes de marcharen, os/as integrantes recibiron unha guía de lectura elaborada pola coordenadora do club, Gema, á que lle hai que sumar un monográfico de banda deseñada confeccionado por Heladio, profesor de Ciencias Sociais e grande lector de cómics.

Ademais, o proxecto do Club de Lectura "As campaíñas" foi valorado positivamente pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación ao abeiro da convocatoria que incentiva a creación de Clubs de Lectura en centros públicos para o curso 2008-2009.

Como vedes, xa contamos cun cartaz novo para o noso clube, deseñado por Hortensia, a nosa profesora de Educación Plástica e Visual á que aproveitamos para mandar unha aperta moi forte e moitos parabéns dende o colexio pola súa recente maternidade.
Comentarios (0) - Categoría: Funcionamento - Publicado o 14-01-2009 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
Conto de Nadal en versión Disney




Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-01-2009 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
Conto de Nadal, de Charles Dickens
NA NOSA BIBLIOTECA



Para comezar a súa andaina, o Club de Lectura As Campaíñas escolleu un clásico da literatura universal, Un conto de Nadal, que foi o noso primeiro libro para a primeira quincena do mes de decembro. A Christmas Carol, no seu orixinal en inglés, é unha novela publicada en 1843 por Charles Dickens, autor doutras obras tan coñecidas como Oliver Twist, David Copperfield ou Historia de dúas cidades. Tamén coñecida como Canción de Nadal, esta novela curta de inspiración gótico-realista foi publicada por entregas e conseguiu o favor do público ao instante. dende aquela, foi adaptada en numerosas ocasións ao cinema, ao teatro e mesmo aos debuxos animados de Disney, Barrio Sesamo ou os Teleñecos.

Un conto de Nadal mestura realidade e fantasía nunha novela que ten como protagonista desta obra a Scrooge, un ancián avarento que vive en soidade e apegado ao seu traballo, sen importarlle o mínimo o que acontece ao seu redor, nin seqera no Nadal. Na véspera do 25 de decembro, Scroge é visitado polos espíritos do Pasado, do Presente e do Futuro, que son anunciados pola alma do seu antigo socio Jacob Marley. Será entón, cando o vello se decate do sentido da súa vida, lembre o seu pasado, augure unha morte terríbel no esquecemento de todos os que o rodean e se decida a comezar unha nova vida ao outro día, día de nadal, para sorpresa de todo o mundo.
Comentarios (2) - Categoría: Lecturas - Publicado o 14-01-2009 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0