As Campaíñas


Novas lecturas para o verán dos máis mozos
Gerónimo Stilton é o que máis conecta coa rapazada

O xornal- 20/07/2009

O verán é unha época propicia para que os máis preguiceiros á hora de ler collan gusto a este hábito tan san e pracenteiro. Para iso, nada mellor que unha boa colección de títulos como os que nestes meses adornan os andeis das librarías con exemplares para todos os gustos e idades. Aínda que os nenos seguen sendo o grupo de poboación que máis le, segundo todos os estudos, os máis reticentes terán os próximos meses poucas escusas para non atopar un libro ao seu alcance, sexa do xénero que sexa, e gozar de boas historias que alivien as calores do verán.

OS TÍTULOS QUE MÁIS DESPUNTAN
Entre algúns dos libros de literatura infantil máis destacados esta tempada salienta Gerónimo Stilton. Ya te daré yo kárate (Destino). Este simpático personaxe, residente en Ratonia e dirixente dun xornal, segue facendo as delicias dos máis pequenos desde que comezou a súa primeira aventura Mi nombre es Stilton até a última, públicada baixo o título Ya te daré yo kárate.
O incrible devorador de libros, de Oliver Jeffers é a obra coa que se presenta no mercado Patas de peixe, unha nova editorial especializada nos libros e álbumes para nenos. Unha divertida lectura que fala do pracer de ler , evitando sermóns e cun tono moi ameno.
Carlos Negro vén de publicar Makinaria (Xerais), coa peculiaridade de tratarse dun poemario dedicado a un público xuvenil. É a historia dun rapaz de quince anos que gusta dos coches e da música dura, e que se constitúe como fábula dos adolescentes que pasan as fins de semana agolpándose nas discotecas e conducindo baixo os efectos do alcol.
Kika Superbruja y el libro de hechizos de la película Disney (Bruño) é a serie da nena á que lle cambiou a vida o día que atopou un libro de maxia debaixo da súa cama. Inxeniada polo escritor alemán Knister, encandeou aos nenos españois, que seguiron as súas peripecias desde o primeiro libro até o último.
Pocoyó. Primeras Palabras (Timun Mais) é o novo libro deste pequeno, dedicado aos animais e os alimentos, con palabras en castelán e en inglés, tapa e páxinas grosas e duras, imprescindibles para o trote que lle dan os nenos a partir de dous anos aos que van dirixidos.
Leo, el Dragón Lector (Páginas de Espuma) trata do dragón azul que voou á illa Apagada. Segue a ser un dos preferidos dos nenos, como se viu na recente edición da Feira do Libro, cun título que inicia unha nova colección de contos infantís cuxa finalidade é facilitar a lectura aos que comezan a ler.
Terra imaxinada (Puerto Norte-Sur), é o tratado das criaturas do chan e do subsolo, magnificamente ilustrado por Inti Ansa, que desenvolve un bestiario de seres mitolóxicos e de lenda da terra procedentes de distintas culturas ao longo e ancho do planeta e que dá continuidade ao anterior, Auga imaxinada.
Carla. Qué bien huelen las frutas, (Timun Mais) é o novo título da colección das historias de Carla, que mesturan a realidade máis próxima ao neno con elementos de fantasía para estimular a súa creatividade. Neste libro, os pequenos frotan as pezas de froitas e descobren os seus ricos cheiros a través do xogo.
A Pequena historia de España (Espasa), de Manuel Fernández Álvarez, é unha obra moi entretida que narra a historia española como se fose un conto cheo de aventuras, só que estas aventuras sucederon de verdade.
Comentarios (0) - Categoría: Recomendacións - Publicado o 21-07-2009 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Dez pasos... e a ler!

1.- Escolla unha data para comezar a ler e respéctea.
2.- Evite comezar por libros considerados de pouca calidade, pode que o título despois lle decepcione por non reflectir a realidade e pode destruír a mellor das intencións.
3.- Líbrese de todos os móbiles, playstation, dvd's e afíns que teña preto.
4.- Despois de comezar a ler non pode parar sen, polo menos, chegar ao remate do primeiro capítulo; deixalo no medio aumenta considerablemente o risco de desistir antes mesmo de ter comezado.
5.- Para automotivarse, pense moitas veces en todos os beneficios da lectura.
6.- Pida ás persoas que están ao seu arredor que non bocexen nin se deiten no sofá a ver os programas de televisión que pasan en prime time.
7.- Pida axuda a un profesional -pode ser un libreiro, un editor, un profesor...- ou participe en fórums e blogues da especialidade. Estas comunidades de lectores axudarano a integrarse máis facilmente na súa nova realidade.
8.- Cambie de hábitos para evitar locais onde poida convivir con persoas completamente desinteresadas.
9.- Non faga pausas demasiado longas e compleménteas coa lectura dun xornal, revista, de banda deseñada ou dunha historia infantil.
10.- Parabéns. Se chegou ata aquí é porque xa é un bo lector. Mentres, evite os entusiasmos esaxerados, como, por exemplo, pasar a considerarse un intelectual.


Fonte: Trafegando Ronseis.
Comentarios (0) - Categoría: Ler - Publicado o 06-06-2009 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
A CLASE, de François Bégaudeau
NA NOSA BIBLIOTECA


A clase é un libro editado por Xerais que acadou moita sona despois de que a película homónima acadase a Palma de Ouro no Festival de Cannes 2008. O seu autor, François Bégaudeau, é un home polifacético, ademais de profesor de Lingua Francesa é xornalista deportivo, escritor, cantante e actor. El mesmo interpretou a película premiada en Cannes. Esta é a súa terceira novela, publicada en Francia no 2006 co título orixinal de Entre le murs, moito máis acaído co seu contido co pouco significante de A clase.

Cóntanos a propia experiencia de François como profesor nun instituto de Secundaria dos arrabaldes de París. A narración é crúa, descarnada. Aparentemente non sucede nada, pero alí se manifestan todos os problemas de convivencia entre os membros dunha comunidade educativa multicultural asfixiada polos muros que limitan o espazo do centro. Non hai acción, non hai progreso, só se nos presentan unha serie de escenas que discorren entre a aula, o patio e a sala de profesores.

Non é fácil de ler, porque estamos acostumados a novelas cun comezo, un desenvolvemento e un desenlace. Aquí non, aquí só hai pequenas historias, cun punto de vista moi persoal. O autor escribe a través dos seus propios ollos e sentimentos, nunha especie de diario sen concesións. Nada resulta divertido nin fascinante, nada nos intriga nin nos entretén. E isto é todo o que ocorre entre os muros dun colexio? Non, non só.

A pesar do pesimismo e do aburrimento 'funcionarial' que destila o libro, a min a resultoume moi interesante e evocador. Lembroume moitos dos momentos que eu mesmo vivín, e vivo, no colexio. Púxome en alerta sobre o perigo de caer na cómoda frustración: 'con este/s alummo/s non hai nada que facer, eu non podo facer nada, a culpa é do sistema e da sociedade, dos pais'. Nunca tiven alumnos con tantas dificultades de integración e de aprendizaxe coma os de François, pero eu tamén teño pasado ás veces máis tempo procurando manter a orde e a atención na clase que transmitindo coñecementos. Cala! Atende! Senta! Fai as actividades! Falta de orde! son exclamacións máis habituais do que sería desexable nunha aula.

En cantas ocasións 'temos durmido mal' e agudizamos os conflitos co alumnado enfrontándonos a eles como se nos ofenderán persoalmente, esquecendo que nós somos os profesores! Cantas veces, por cansazo e/ou impotencia, recorremos aos regulamentos legais para aplicar sancións, que máis que cambiar actitudes serven só para tapar a nosa incapacidade e o noso fracaso como educadores!

A min, as escenas que me pareceron máis ilustrativas foron as da sala de profesores. Aí condénsase o fracaso, nun grupo de persoas simples, fartas de trasfegar co alumnado, sen ilusión, sen ganas nin coñecementos para mellorar o seu traballo, que só teñen en común o espazo que comparten unhas horas ao día. De que falan os profesores? Falan mal dos que eles consideran malos alumnos, da estúpida burocracia, de que non funciona a fotocopiadora, das vacacións, dos castigos... Non falan de como mellorar a convivencia e o ensino, diso a penas hai nada que dicir porque xa se renderon.

Kantara era a seguinte na lista. As opinións comezaron a correr ao longo das mesas en forma de U. -Un trimestre para nada. -Non fai nada, pero nada de nada. -Sobre todo é o comportamento. -É insoportable. -Pasa o tempo a falar seguido. (...) -Daquela que facemos? Advertímolo? Unha aprobación colexiada percorreu a mesa en forma de U e o director agarrou o seu bolígrafo. -Advertencia en traballo ou en conduta? A mesa dividiuse de novo. -Traballo é o mínimo. -Si, traballo. -Econduta tamén. -Si, conduta, é o mínimo. -Traballo e conduta, xa está. O bolígrafo do director estaba suspendido riba do boletín. -Adevertencia en traballo e advertencia en conduta? Unha aprobación colexiada percorreu a mesa e o bolígrafo caeu sobre o boletín. -Advertencia en traballo e en conduta, anotado. Pasamos a Salimata.

Pero eses mesmos profesores son quen de organizar unha colecta e acudir a un xuízo para axudar a familia dun alumno. Porque, entre as persoas que formamos ese mundo surrealista que é un colexio, pasan un montón de cousas positivas, cheas de bos sentimentos froito dunha aprendizaxe compartida. A clase é un bo libro, orixinal, que todos aqueles interesados en coñecer o que acontece detrás dos muros debería ler, pero que non conta toda a realidade. Moitos de nós nos erguemos pola mañá sentíndonos uns privilexiados, contentos de poder ensinar, con gañas de aprender e mellorar e, sobre todo, capaces de botar máis dunha risa cos alumnos e cos compañeiros.




Heladio
Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 04-06-2009 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
VALS con BASHIR, de Ari Folman y David Polonsky
Vals con Bashir é ao tempo unha película de animación e un cómic (novela gráfica dise agora) realizado coas propias imaxes do filme. Hai xa algún tempo que merquei o libro e resistín a tentación de lelo durante unhas semanas, agardando a facelo seguindo o mesmo proceso de creación. Desgraciadamente, a película non se estreou en Santiago e as espléndidas referencias obrigáronme a lelo sen demora, encantoume. Onte, vin a película en DVD, aínda me gustou máis.

Trata da memoria, de como agochamos no subconsciente os feitos do pasado que non fan difícil vivir o presente. E trata da guerra, cando os seres humanos amosamos o peor do nós mesmos. O protagonista (o mesmo director, Ari Folman) reconstrúe a súa actuación como soldado do exército israelí durante a invasión do Líbano en 1982 e a matanza nos campos de refuxiados palestinos de Sabra e Chatila, apoiándose nas testemuñas doutros compañeiros de armas.

Non hai respiro, nada sobra pero tampouco falta. Isto é a guerra, medo, moito medo, sen heroes, só xente derrotada pola indignidade da violencia que, vinte anos despois, comproban que é imposible fuxir do pasado, que os atormenta.

O cómic, editado por Salamandra, é magnífico, pero a película é excepcional. A animación case mecánica, os colores e, sobre todo, a música e o son, que teñen un papel dramático de primeira orde fannos estremecer. É unha obra (ou dúas) auténtica, verdadeira, redonda e á vez chea de matices, directa ao estómago e á cabeza. A guerra nos converte a todos en vítimas, pero para facer a guerra fan falta soldados, uns séntense heroes e outros, como Ari Folman, miran cara atrás con perplexidade e tristura: onde estaba eu durante a matanza de Sabra e Chatila? Lede o cómic e vede a película, non vos arrepentiredes.


Heladio


Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 24-05-2009 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Los pilares de la tierra, de Ken Follett
El amor y la muerte se entrecruzan vibrantemente en este magistral tapiz cuyo centro es la construcción de una catedral gótica. El escritor Ken Follett nos transporta al fascinante mundo de la Edad Media, un convulso período histórico que se erige en el escenario de enconadas pugnas, intrigas y pasiones desenfrenadas. El libro comienza con el ahorcamiento de un extraño personaje cuya verdadera historia no conoceremos hasta el final de la novela, (un millar de páginas más tarde). A partir de aquí se desarrollan varias subtramas que se relacionan y enredan entre sí al igual que los personajes que las protagonizan. A través de los capítulos conoceremos los esfuerzos del prior Philip por gobernar el priorato de Kinnsbridge y construir en él una hermosa catedral, su enemistad con el taimado obispo Warelan, las vicisitudes del maestro constructor Tom Builder y su familia, la historia de amor entre Jack y Aliena, las andanzas del malvado y cruel William Hamleigh?todo ello sazonado con el contexto histórico de la guerra civil entre el rey Stephen y la emperatriz Maud, las disputas entre Henry II y Thomas Becket, y los esbozos arquitectónicos y artísticos que nos acercan un poco más a la complejidad constructiva de una catedral. A pesar de tener más de un millar de páginas, la prosa del libro es bastante ágil, destacando los diálogos y las descripciones a partes iguales. Los personajes parecen responder a una personalidad prefijada, los malos son muy malos y los buenos son muy buenos, no hay término medio entre la bondad y la maldad y todos ellos parecen carecer de profundidad psicológica y de evolución interna. Como desventajas es importante destacar que el lector corre el peligro de perderse ante los inesperados giros y relaciones entrecruzadas entre los diversos personajes de la trama, pero todo ello se resuelve después de haber realizado un pequeño esquema mental. Sinceramente, recomiendo su lectura, eso si, pausada y relajada. Engancha considerablemente, es digno de leer, de juzgar y de valorar.
LOLI COUSO
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 14-05-2009 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
La buscadora de perlas, de Jeff Talarigo
Una joven de 19 años se dedica, a pesar de la oposición de su familia, a buscar perlas; un trabajo duro y arriesgado que sin embargo la hace sumamente feliz. Pero su vida da un trágico vuelco cuando contrae la lepra y es recluida en una isla cercana a Nagashima, después de haber sido repudiada por su familia y por el resto de la sociedad. Allí, la joven se ve obligada a cambiar de nombre y olvidar todo su pasado, es entonces cuando decide llamarse Fuji (en honor al monte sagrado) y emprender una nueva vida al servicio de los demás. Así aprende a valorar las cosas más insignificantes, gozando de la amistad del poeta Yami y de la belleza de la isla. Transcurridos veinte años, tras los cuales su espíritu rebelde se mantiene firme, los nuevos progresos médicos determinan que Fuji está curada y que puede abandonar la isla, sin embargo, el mundo que descubre en el exterior no le convence. Es una obra de Jeff Talarigo, escritor estadounidense que ha trabajado como periodista antes de dedicarse a la literatura y a la enseñanza en Japón, donde reside desde inicios de los años 90.La buscadora de perlas es su brillante debut literario y ha sido recomendado por la asociación de los libreros independientes de Estados Unidos. A título personal , deciros que a pesar de la brevedad con la que el escritor conforma el argumento ( creo que podría haberse detenido más en el corazón y el alma de la protagonista )es una obra digna de ser leída y valorada ,pues la protagonista vive una hermosa historia de superación y de dignidad en un hipócrita mundo de desprecios y deshonra.
LOLI COUSO
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 14-05-2009 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
Otra idea de Galicia, de Miguel-Anxo Murado
En pouco tempo teño lido dous libros do meu admirado Miguel-Anxo Murado. Xa escribín aquí do magnífico Fin de Século en Palestina e agora vouno facer de Otra idea de Galicia, publicado pola editorial Debate no ano 2008. Son dous libros moi distintos, que teñen en común a escritura limpa, a erudición e a retranca do autor, conseguindo que a lectura sexa sempre áxil, nunca nos decepciona.

Otra idea de Galicia forma parte dunha serie de ensaios sobre as Comunidades ou territorios do Estado español cos que se pretende desmontar algúns dos mitos, dos estereotipos, que reinan no imaxinario colectivo, tanto dentro como fóra deses territorios. Todos tendemos á xeneralizar, a obviar as diferenzas e os matices, cando queremos definir e particularizar a un determinado pobo ou país. Esas xeneralizacións, sen embargo, só son útiles para debates de radio ou de taberna, e carecen de rigor intelectual. É dicir, son mentiras. É moito o que compartimos todos os galegos, pero non existe un carácter galego único. Non somos unha única árbore con moitas gallas, senón moitas árbores distintas que medran distintas e distantes nun espazo común (o mapa de Domingo Fontán), co que todos dunha ou outra maneira nos identificamos (algúns mesmo se caracterizan por desprezar a súa propia condición de galegos, o que é colmo da ignorancia).

Neste libro, Murado non escribe sobre o carácter dos galegos, el sabe ben que non existe, senón que recorre a súa ampla formación histórica para desmontar os tópicos que se teñen acuñado sobre Galicia. A Historia é a única ferramenta que pode axudarnos a comprender o presente. Unha Historia que analizada con criterio xamais é lineal, non hai un único camiño pechado que nos conduce inevitablemente ao presente (a ao futuro), senón que existen moitas corredoiras que levan a moitos camiños e eses a súa vez rematan hoxe en múltiples cruces que inician outros vías, algúns con orixes distantes. A Historia explica o presente pero non o xustifica, e así o entende o autor. Neste libro, de lectura obrigada para todos aqueles que queiran coñecer o noso pasado, non só reafirmar as ideas preconcibidas, atoparemos unha sinxela e evocadora interpretación do pasado de Galicia que nos ilustra sobre o presente.

Nunha entrevista en A Nosa Terra sobre o libro, Murado di: 'Non temos datos para saber desde cando exactamente a xente fai determinado ritual. O que si podemos deducir é que canto máis se defende a ?eternidade? dunha tradición máis probábel é que esta nacera hai pouco tempo. Por exemplo, as romarías naceron logo da recatolización de Galiza, en plena Contrarreforma após o Concilio de Trento (1545-1563). En calquera caso, que as tradicións sexan inventos non significan que non sexan reais. É dicir, se unha sociedade toma por bos trazos de identidade e dálles rango de verosimilitude, ao final eses conceptos inflúen nas súas vidas e na súa autopercepción colectiva. Non hai que esquecer que cada un de nós inventa o seu pasado, reconstruímos o noso pasado, convertemos as lembranzas en mitos. Pois as nacións tamén inventan a súa infancia'.

En definitiva, un libro máis que recomendable (ogallá se publique en galego) que non pretende adoutrinarnos desmontando uns tópicos e reforzando outros, que non pretende adoutrinarnos senón que nos fai formular máis preguntas, que non é un libro de Historia pero que nos ensina a Historia, un libro optimista que rexeita o tópico da decadencia de Galicia e que, ademais, está moi ben escrito.


Heladio
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 10-05-2009 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
Dedicatoria de Manel Cráneo

O pasado xoves día 30 de abril Manel Cráneo presentou na libraría Kómic de Santiago o a súa novela gráfica Os Lobos de Moeche, ambientada durante a gran revolta irmandiña de finais do século XV. Alí tivemos e sorte de que, con gran amabilidade, nos fixera un fermoso debuxo e escribise unhas palabras para o noso clube nun exemplar da súa obra. Moitas grazas.


Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-05-2009 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Crepúsculo, Luna nueva e Eclipse, de Stephenie Meyer
Estes son os primeiros libros da saga de Stephenie Meyer. A autora escolle unha historia que desborda o real do irreal.

Bella,unha rapaza de dezasete anos, decide mudarse a vivir co seu pai porque súa nai volveuse a casar e non é feliz. Os primeiros dias, Bella non sabe que facer,pero en pouco tempo coñece a Edward, un vampiro, ainda que non o sabe.

Cando ela se dá conta de como é el,comeza a saír con el e volvese moi feliz. Pero un dia atopase cun inimigo que ninguén desexaría.


En Luna nueva, Bella vai celebra-lo seu cumpreanos á casa da familia Cullem, a familia de Edward, pero sofre un accidente a causa do cal, o seu amado marcha coa intención de non volver. Cae nunha forte depresión e non é capaz de recuperarse até que comeza a saír co seu amigo Jacob, grazas a quen descobre a verdade sobre Edward. Pero non momento menos sospeitado os recordos sobre o seu antigo mozo volven, facendo que recaia unha vez mais nunha forte depresión que a impulsan a practicar "Salto ao acantilado", un deporte de altísimo resgo que case a mata de non ser por Jacob. A causa diso a irma de Edward, Alice, regresa pensando que morreu e a causa diso, Edward, moi preocupado, chama á súa casa e cando o mellor amigo (Jacob) lle di que o seu pai vai non enterro, pensa que era o enterro da súa amada e decide que o maten para reencontrarse ca súa amada. Bella e a súa irma van detelo correndo o risco de que moitos vampiros acaben coa vida de Bella, aínda así van e deteñen o macabro intento de suicidio de Edward. Despois de todo iso, Bella, decide somete-la súa humanidade a votación, saíndo gañador a súa transformación en "vampira"; aínda en total desacordo, Edward decide que será el quen a transforme se a cambio diso se converte na súa muller.

A historia segue en Eclipse con moitas máis aventuras.


Podedes ver moitos vídeos sobre a película e o libro aquí.




Vanessa Míguez
Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 29-04-2009 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
El Perfume, de Patrick Süskind
NA NOSA BIBLIOTECA


El sentido del olfato parece tener muy poca importancia en nuestras costumbres cotidianas. El Perfume nos introduce en ese mundo mágico del olfato que eequivale al sentido de las vista, pero mucho más penetrantante y potente.

El protagonista comienza siendo un ser al que le niegan su entrada en la vida y es rechazado por su falta de identidad olfativa.

Poco a poco va descubriendo como puede lograr su entidad personal a través de su fabuloso sentido del olfato. Esto no es suficiente para él. Infatigablemente sigue una frenética investigación de todo tipo de materiales que puedan tener alma, ser percibidos por el olfato.Su falta de sentido moral no pone límites ante ningún tipo de investigación, aunque tenga que extraer el alma de los personas ocasionándole la muerte.

Los personajes que aparecen en esta historia son inmorales y depredadores para sus semejantes.

El valor descriptivo del libro en el tema del olfato es profundo, original y lleno de sentido


Emilia M.
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 29-04-2009 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0