As Campaíñas


Memorias de Idhún, de Laura Gallego García
NA NOSA BIBLIOTECA


Memorias de Idhún é unha triloxía de libros de fantasía e aventura publicados pola editorial SM. É unha obra escrita por Laura Gallego, autora tamén de Las hijas de Tara ou Crónicas de la Torre.

Os protagonistas son dous rapaces e unha rapaza: Jack, Victoria e Kirtash. Eles viven unha serie de aventuras fantásticas entre dous mundos: a Terra e Idhún.

Jack é un rapaz que perdeu ós seus pais.Kirtash, un vil asesino mandado por Asrhan, o nigromante decide que o ten que matar. Máis por instinto que por outra cousa...

A raiz do asasinato de seus pais este únese á Resistencia, un grupo de persoas decidido a acabar co malvado conquistador.

Cos compañeiros da Resistencia Jack chega a Idhun, decidido a acabar dunha vez por todas co seu sufrimento. Atópase con problemas,xa que se pelexa con Kirtash polo amor de Victoria... Ti podes seguir lendo, non te arrepentirás.


Vanesa Míguez
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 17-12-2009 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
Latitude Austral, de Xavier Alcalá
Latitude Austral, de Xavier Alcalá, publicada por Galaxia en 1991, é unha novela formada por seis relatos encadeados que teñen como protagonistas a galegos e aos seus descendentes na épica aventura da colonización da Patagonia arxentina.

A obra móstranos desde diferentes perspectivas a situación dos emigrantes cara un novo continente, onde tiñan que conquistar novos territorios gañándolle terreo aos indios.

As diversas historias que coñecemos ao longo da obra dan pé a conectar coa vida actual e cos sentimentos que xorden na mesma.

É unha lectura amena e que engancha facilmente ao lector polo cal lla recomendo a todo aquel que lle guste a temática.


Marga


Ficha do autor
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 16-12-2009 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
Caminaba un hombre de Otar Chiladze
Caminaba un hombre é unha tradución de 1986 dun libro xeorxiano, da época soviética, na que o lector atopará unha adaptación da lenda do vélaro de ouro e doutros mitos da Grecia clásica, pero agora contados desde outra perspectiva.

E se todo estivese preparado?, se nada fose froito da casualidade?, se todo fose unha escusa do poder, longa e pacientemente preparada para levar a cabo os seus plans? Pois iso parece desprenderse das páxinas desta novela, que nos vai mostrando a loita do ser humano, representado en varios dos personaxes, por seguir adiante coas súas vidas a pesar dos infortunios.

Chama poderosamente a atención o control que exerce o poder e como maquina e prepara os seus plans para cando os necesite. Ante isto, os protagonistas pouco poden facer, salvo tratar de resistir e liberarse, pero a traizón vén sempre dos que están máis próximos, daqueles dos que nunca se espera.

Sorprende tamén a pasividade ou a aceptación da situación or parte dalgúns individuos, que se cadra, por temor a non ser comprendidos, non fan partícipes da súa situación aos demais.

En definitiva, é un libro altamente recomendable, aínda que a tradución ao castelán podería ser mellor, pero isto non lle impedirá ao lector descubrir presonaxes interesantísimos desde o punto de vista psicolóxico e de comportamento, como Bedia, aquel mariñeiro de Vani que observa como o mar os está abandonando sen que el se atreva a contarllo a ninguén, ou Malalo a dos ollos negros, unha prostituta de Babilonia no apoxeo da súa profesión que trata de vencer a morte por medio das súas fillas, ou máis aínda o personaxe de Kusa, sobriño de Farnaoz, un dos protagonistas, un ser vil e rastreiro, sempre ao servizo do poder e que non dubida en vender a quen faga falta.


Xosé Álvarez
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 14-12-2009 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Lecturas das mestras e mestres
A principios de curso fixemos unha enquisa entre o profesorado para coñecer os libros que leran durante o verán. A verdade é que saíu unha extensa e variada lista de títulos. Iso si, como millóns de persoas en todo o mundo, os máis citados (13) foron os da triloxía de Millenium.
Aquí tedes unha presentación coas portadas dos libros.



Patricia e Noelia Pequeño, Vanesa Míguez
Comentarios (0) - Categoría: Recomendacións - Publicado o 03-12-2009 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Territorio comanche, de Arturo Pérez Reverte
Territorio comanche é unha novela do famoso escritor Arturo Pérez-Reverte, publicada pola editorial Ollero y Ramos no ano 1994. Foi escrita despois da súa etapa como reporteiro de guerra durante 21 anos (1973-1994), e está adicada ao cámara de TVE, José Luis Márquez, que cubriu o conflito iugoslavo xunto a Pérez Reverte.

É unha obra de ficción, baseada na propia experiencia, con dous protagonistas que son corresponsais de TVE, que están agardando que o exército croata voe unha ponte para frear o avance dos bosnio-musulmáns, mentres recordan acontecementos pasados, nesta e noutras guerras.

No 1996 fíxose unha película baseada neste libro, dirixida por Gerardo Herrero, e protagonizada por Imanol Arias e Carmelo Gómez.

Arturo Perez Reverte neste libro, descríbenos a situacion bastante traxica, á vez que dramatica, que aconteceu nos Balcáns durante a guerra de Iugoslavia.

Nárranos, sobre todo, as dificultades que tiñan os reporteiros internacionais para poder transmitir a tempo as súas reportaxes para as distintas televisións. De maneira moi clara descríbenos o mal que o pasan os reporteiros recén chegados, cando lles toca atoparse con cadáveres nas beiravías, que xa teñen un fedor putrefacto, ou un neno ca cabeza esmagada por un tanque.

Un libro bastante real á vez que moi duro.

Era lo que ellos llamaban territorio comanche en jerga del oficio. Para un reportero en una guerra, ése es el el lugar donde el instinto dice que pares el coche y des media vuelta. El lugar donde los caminos están desiertos y las casas son ruinas chamuscadas; donde siempre parece a punto de anochecer y caminas pegado a las paredes, hacia los tiros que suenan a lo lejos mientras escuchas el ruido de tus pasos sobre los cristales rotos. Territorio comanche es allí donde los oyes crujir bajo tus botas y aunque no ves a nadie sabes que te están mirando. Donde no ves fusiles, pero los fusiles sí te ven a ti.


Jose
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 30-11-2009 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
Las chicas de alambre, de J. Sierra y Fabra
Portada da novela
NA NOSA BIBLIOTECA


Jordi Sierra i Fabra, un dos escritores de literatura xuvenil máis coñecidos en España, naceu en Barcelona en 1947. Foi locutor de radio e dirixiu dúas revistas musicais (Disco Exprés e Música I). Actualmente adícase exclusivamente á literatura (cousa que moi poucos autores poden dicir e índice de que os seus libros son moi vendidos). Son moitas as obras de Sierra e Fabra; entre as máis coñecidas están Campos de fresas ou El asesinato de la profesora de lengua.

Las chicas de alambre é unha obra narrativa, unha novela. A primeira edición do texto é de 1999. A edición que manexei eu foi a 15ª (dígoo para que vos fagades unha idea da cantidade de exemplares que se venderon). O libro está escrito en castelán e foi publicado pola editorial Alfaguara.

O argumento da obra xira en torno á investigación que Jon Boix, un xornalista, fai sobre a desaparición de Vania, unha popular top model da que non se sabe nada dende hai dez anos. A medida que Jon vai profundizando na súa reportaxe entra en contacto coas diferentes esferas do mundo da moda e da vida cotiá das modelos, e adéntrase nos moitos tópicos que xiran en torno a este mundo (anorexia, drogas, escándalos, etc.).

A acción ten lugar en distintos lugares do mundo, debido á cantidade de viaxes que ten que facer o protagonista na procura da desaparecida Vania, pero o lugar onde vive e traballa Jon é Barcelona. O autor non profundiza moito na descrición destes lugares, prefire centrarse no glamour que rodea ás modelos e no retrato dalgúns dos personaxes. Dende o meu punto de vista, na novela queda bastante ben reflexada a superficialidade e a beleza do ambiente das pasarelas e revistas. É unha novela bastante sinxela para ler, pois nela abundan os diálogos e non ten un vocabulario difícil. Ademais, o feito de ter unha investigación como fío condutor da trama narrativa facilita que o lector manteña o interés, a curiosidade por saber que foi de Vania, ata o final da obra, e non abandone a lectura pola falta doutros estímulos.

Penso que este libro pode ser lido por rapaces a partir de doce ou trece anos, especialmente se teñen interés pola moda ou polo xornalismo. Non é unha obra mestra da literatura universal (recordemos que non sempre o éxito de vendas garantiza a calidade literaria), pero pode estar ben para afianzar o hábito lector.
Na biblioteca do colexio hai varios exemplares desta novela, sete se non lembro mal.

Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 25-11-2009 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
Albert y el domador de dragones, de David Blanco
 É a portada
NA NOSA BIBLIOTECA


Albert esperaba un motón sus vacaciones, pero nunca hubiera soñado con quedar atrapado en un lugar del que nadie ha logrado escapar. Enfrentarse a un ejército de zombis o huir de un palacio encantado cuyo secreto guardan cinco crías de dragón.
¡Su principal preocupacion no es que las vacaciones se acaben ,sino que éstas no acaben con él!

Recoméndovolo ler porque a min gustoume moito; as historias con animais mitolóxicos son as miñas favoritas!!



GUSTAVO ESPIÑO TURNES

Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 25-11-2009 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Crepúsculo, de Sthefanie Meyer
NA NOSA BIBLIOTECA


Este libro é de Sthefanie Meyer, foi escrito no 2007, e tivo moito éxito, como toda a saga que están levando ao cine.

O libro é de aventuras, misterio e amor.

Esta novela vai de que un vampiro se namora dunha humana, pero o seu amor é moi complicado, ata que un día uns vampiros malos apararecen e queren matar á humana e teñen que fuxir.

Este libro gustoume moito porque tiña moitas aventuras e sobre todo moito misterio. Recoméndovos este libro, máis os que veñen a continuación que son: Luna Nueva,Eclipse e Amanecer.

Eu linos todos e son moi bonitos e entretidos.





Noelia González Pereiro (1ºB ESO)

Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 25-11-2009 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Guía de lectura contra a violencia de xénero
Da man de Anxo e do seu blog Trafegando Ronseis chéganos esta imprescindible guía de lectura, cine e música para concienzarnos da necesidade de implicarnos na loita contra violencia de xénero. É unha vergonza que non parece ter fin e na que todos temos a nosa parte de responsabilidade. Non conseguiremos nada se a sociedade non rexeita de maneira efectiva eses comportamentos terroristas. Machismo non.

Comentarios (0) - Categoría: Guías de lectura - Publicado o 25-11-2009 03:14
# Ligazón permanente a este artigo
Pornografía infantil, non
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-11-2009 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0