As Campaíñas


Torres de Malory e Santa Clara, de Enid Blyton
NA NOSA BIBLIOTECA


Estas dúas coleccións da autora inglesa, compostas por seis novelas cada unha, teñen un argumento similar: as aventuras das rapazas que estudian en sendos internados desde os doce ata os dezaoito anos. As relacións entre nenas moi diferentes dá lugar a enfrentamentos e reconciliacións, encontros e desencontros nos que sempre triunfa como exemplo un modelo de comportamento caracterizado por valores tales como a lealtade, a valentía, a xustiza e a comprensión.

O internado Torres de Malory é máis estricto ca o de Santa Clara no referente á disciplina, e a protagonista destas novelas, Darrell Rivers, é unha rapaza responsable que anhela chegar a ser algún día delegada do colexio, pero que tamén sabe disfrutar coas numerosas bromas das súas compañeiras. No colexio Santa Clara estudian as irmáns O'Sullivan, Isabel e Patricia, bastante máis traviesas que Darrell, quen nun principio se opoñían a ir a Santa Clara. Neste internado o profesorado considera que o maior éxito que se pode acadar é lograr que as rapazas problemáticas acaben por aprender a levar unha vida en comunidade.

O funcionamento destes centros educativos responde a dous modelos pedagóxicos diferentes que existían na Inglaterra de mediados do século XX. As obras son de lectura sinxela, moi amenos para os rapaces a pesar de tratarse de novelas un tanto anticuadas desde o punto de vista da comunidade educativa actual. Están recomendadas para rapaces de entre 9 e 12 anos, aínda que tamén poden ter interés para lectores de máis idade.


MARÍA OCCAM
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 09-12-2010 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0