As Campaíñas


Unha estrela no vento - Ledicia Costas
A novela de Ledicia Costas é unha das lecturas preferidas polos rapaces e rapazas da ESO e tamén polos membros do Clube da Lectura.

Está é unha historia que conta a vida dun rapaz de dezasete anos que se chama Miguel Foz que vai ao Instituto e pensa que a súa profesora de literatura lle ten manía. Un día atopouse cunha moza xitana que vendía rosas, Reina, da que se fixo moi amigo. Uns días despois unha pandilla de gamberros déronlle unha malleira que o levou ao hospital.

Mentres, Miguel descubre que o seu pai engana a súa nai cunha amante e a nai acaba botándoo da casa. Un curmán de Miguel, Abel, quedou orfo e vai vivir a súa casa.

Os amigos de Miguel deciden vingarse dos que lle deran a malleira. O líder dos gamberros era Bruto, irmán de Reina. Miguel segue confiando nela, pero non o seu colega Maqui, co que pelexa por defendela. Bruto non consinte que Reina ande con Miguel e ela acepta irse a vivir tamén a casa de Miguel. O día da pelexa Maqui, a traizón dálle unha navallada a Miguel e tirou a Abel, que era minusválido, por un cantil, morrendo. O libro remata cos dous amigos indo todos os meses ao cantil, a recordar a Abel, cheos de tristura.

Recomendamos este libro porque é moi entretido e fácil de ler e ao mesmo tempo ten intriga. Ademais, a pesar da traizón de Maqui, permítenos apreciar o valor da amizade e que non todas as persoas se comportan iguais, sexan xitanos ou non. Maqui, o personaxe máis malvado non é xitano. Un libro con final triste, pero moi fermoso e do que aprendemos moitas cousas.


Natalia Camiña, Noelia Pequeño, Patricia Pequeño
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 26-11-2010 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0