As Campaíñas


Cuntis en O coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre
O último libro de Marilar Aleixandre é unha novela chea de relatos que nos levan polo tempo e o espazo seguindo os sentimentos duns personaxes magnificamente retratados en episodios aparentemente banais pero cheos de profundidade. Un no número deses relatos son magníficos, entretidos, evocadores. Entre eles está Hospicianos, onde o balneario de Cuntis ten un papel principal, escenario dun amor prohibido que a todos satisfai:

(...)
- Creo que en Cuntis teñen unhas curas novas. Desde que está de director o doutor Venancio Castro disque fan marabillas.
(...) En Santiago colleu outro coche de liña e chegou a Cuntis ás seis da tarde.
Venancio deu grandes mostras de alegría e aseguroulle que estaba convidado a todas as curas, non cobraban aos colegas. Faltaría máis!
- Por certo, teño unha paciente tomando as augas aquí. A señora Freire.
- É paciente túa? Parece gozar de boa saúde. Anda paseando todo o día. Agora mesmo debe estar no parque, onda o río.
- Agora? Se está orballando...
- Que queres? Quen entende as mulleres!
Manuel deixou as cousas no cuarto, colleu un paraugas e saíu ao parque. Semellaba baleiro, os grandes carballos, as catalpas e outras árbores exóticas os seus únicos habitantes. Camiñou polos paseos e estaba a piques de dar volta cando albiscou, preto do río, unha figura envolta nun mantón, desafiando a chuvia.
- Madalena!
Un intre despois estaba xunto a ela, amparándoa da chuvia co paraguas.
- Que tolada! Pasear coa chuvia!
- Só orballo -dixo ela.
El non explicou que facía en Cuntis e ela non llo preguntou, unicamente sorriu co seu sorriso misterioso.
(...)
Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 01-11-2010 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 So beautiful, I really like your stuff let me s#blgtk08#hines,Thank you for sharing, and work smoothly
Comentario por Mulberry Replica Handbags (02-07-2013 05:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0