As Campaíñas


Un novo curso, unha nova travesía

Un ano máis, o Club de Lectura "As Campaíñas" inicia as súas actividades, con algunhas novidades con respecto ó ano pasado. Unha delas é a celebración das reunións en diferentes días para os alumnos de Educación Infantil e Primaria (que se reunirán os martes) e os de Educación Secundaria (que se reunirán os mércores). As reunións terán lugar de 14:15 a 15:15 e nos recreos, de forma alterna (é dicir, a semana que o Club se reúna no recreo, non se reunirá á hora do xantar, e viceversa).

Esta semana celebramos a nosa primeira reunión. Aínda que as rás lectoras somos algunhas menos que o ano pasado, esperamos facer moito ruído na nosa querida charca da biblioteca do centro coas nosas acordadas voces. Ó mesmo tempo, acolleremos afectuosamente a canto cágado queira zambullirse con nós.

Polo momento, entre as actividades programadas temos un contacontos en Carboeiro, onde nos reuniremos cos membros doutros clubes de lectura e disfrutaremos das máxicas narracións de Celso Fernández, a quen tivemos o pracer de escoitar o pasado curso. O motivo desta excursión é o Samaín, festa que o equipo da biblioteca xa se está encargando de ambientar coa exposición sobre libros de medo.
Comentarios (1) - Categoría: Eventos - Publicado o 23-10-2010 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Ola meus, como sinto non poder estar aí con vós na poza das Camp#blgtk08#aíñas. Noraboa aos valentes e pronto seremos máis e máis fortes.
Comentario por Eladio (26-10-2010 22:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0