As Campaíñas


A Cidade en chamas, de Ariel e Joaquín Dorfman
NA NOSA BIBLIOTECA


A cidade en chamas é unha novela xuvenil escrita por Ariel Dorfman en colaboración co seu fillo Joaquín. Publicada por Xerais no 2005 na colección Fóra de Xogo.

O protagonista desta particular historia é un adolescente, Heller, vive cos seus avós e percorre a cidade de Nova York na súa bicicleta durante o verán do 2000 traballando para axencia Noticias Suaves. El é o encargado de anunciar as novas máis tristes, para o que ten unha habilidade especial convertendo as desgrazas anunciadas nunha mensaxe de esperanza. Ao tempo que fai o seu Tour entre o tráfico da gran cidade Heller efectúa a súa propia viaxe cara a madurez a través da súa relación cos inmigrantes que constitúen a súa principal clientela. Con eles descubre a amizade e o amor, as pancas que o liberan dos medos e erros da adolescencia e lle permiten aceptarse a si mesmo e comprender a ausencia dos seus pais.

Gustoume moito este libro. Achegueime a el pola orixinalidade da súa temática, pero con certas prevencións pola súa cualificación como ?xuvenil?. Uns temores infundados, é das poucas novelas recomendables para mozos e maiores, fácil de ler e con moita acción. O protagonista é un rapaz, pero a súa historia non é infantil; é tenra, é sensible, pero tamén crúa, realista. Heller non é ningún modelo, é inseguro, ás veces caprichoso, pero capaz de comprender. Para conseguir a pedalada axeitada, para atopar a tranquilidade vital ten que caer moitas veces da bicicleta, e volver a levantarse, coa axuda dos demais. Así, cun equipo de xente que te quere e aos que querer, nós, como Heller, seremos quen de gozar de cada unha das etapas do Gran Tour, da vida.


Eladio Anxo
Comentarios (5) - Categoría: Lecturas - Publicado o 16-06-2010 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 No conocia este titulo, pero por lo que has contado, promete ser bastante in#blgtk08#teresante, no? A ver si lo encuentro en mi libreria y le puedo echar un ojo.
Comentario por Seguridad Social (28-08-2010 12:57)
2 Llevo tiendo buscando un hueco para leerlo. Haber si este mes que entra pued#blgtk08#o. me lo han recomendado varias personas.
un saludo.

Comentario por auto renting (20-11-2011 11:31)
3 esta entre mi lista #blgtk08#para leerlo, gracias
Comentario por tarjetas de visita (12-01-2012 10:03)
4 Para conseguir a pedalada axeitada, para atopar a tranquilidade vital ten que caer moitas veces da bicicleta, e volver a levantarse, coa axuda dos de#blgtk08#mais. Así, cun equipo de xente que te quere e aos que querer, nós, como Heller, seremos quen de gozar de cada unha das etapas do Gran Tour, da vida.
Comentario por hotmail inicio sesion (28-09-2012 21:53)
5 Ao tempo que fai o seu Tour entre o tráfico da gran cidade Heller efectúa a súa propia viaxe ca#blgtk08#ra a madurez a través da súa relación cos inmigrantes que constitúen a súa principal clientela.
Comentario por no mas 900 (28-09-2012 21:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0