As Campaíñas


Tokio Blues, de Haruki Murakami
NA NOSA BIBLIOTECA


Tokio blues é o título en español desta novela editada por Tusquets. O seu autor é o afamado Haruki Murakami. O ano pasado recolleu no IES Rosalía de Castro de Santiago o premio S. Clemente, outorgado polo alumnado dese e outros catro centro galegos, pola súa obra Kafka en la orilla, como mellor novela en lingua estranxeira. Outra das súas novelas de éxito é Do que estou a falar cando falo de correr (Galaxia).

Achegueime a Tokio blues con receo, xa que os poucos achegamentos que teño feito á literatura xaponesa non me resultaron moi satisfactorios, pero teño que recoñecer que a historia narrada por Toru Watanabe enganchoume desde o principio, producíndome unha constante inquietude, un permanente vaivén entre o frío e a calor, entre a rutina e a paixón.

Porque o que conta non parece extraordinario, non é máis que vida cotiá dun estudante ao final da súa adolescencia en Toquio, pero detrás da vulgaridade da normalidade late o irremediable desexo de amar que todos sentimos e que, como lle ocorre aos protagonistas, nos conduce moitas veces ao desencanto, á frustración por non ser capaces de ser felices. É aquí, nesa capacidade de moverse no fío entre o insignificante e os máis profundos sentimentos onde o autor se manexa con mestría. As escenas de sexo son o paradigma desa dualidade, descritas sen adornos, crúas, sempre nos deixan o sabor da súa necesidade. Abonda con ter alguén disposto a agarimar a túa pel.

É un drama, con personaxes que loitan por sobrevivir (e ás veces non o conseguen), por non ceder á dor de vivir e ao peso do pasado, pero o autor é quen de darnos moitos respiros de humor e, creo, rematar cunha mensaxe optimista, podemos vivir e gozar, convivir coa angustia, a soidade e o medo, sen caer na desesperación. Só temos que recoñecer que somos vulnerables e necesitamos aos demais. Non os deixemos escapar.
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 10-03-2010 01:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0