As Campaíñas


La soledad de los números primos, de Paolo Giordano
Con só 26 anos, o licenciado en Física Teórica, Paolo Giordano, acadou un gran éxito con La soledad de los números primos, a súa primeira novela, editada en España por Salamandra. Un éxito máis que merecido, segundo a miña opinión.

Este libro foi un regalo dun amigo, que mo recomendou vivamente. E non me decepcionou, a pesar de que a historia é moi dura, asfixiante. Cóntanos a vida de Alice e Mattia, dúas persoas particulares, estrañas e alleas ás convencións sociais dominantes. Fracasados no seu intento de vivir coma os demais, marcados ambos por dous sucesos ocorridos na súa infancia, arrastran os seus estigmas no percorrer dos anos, desde a adolescencia no colexio, ata a madurez. Incapaces de romper as barreiras da súa infelicidade, incapaces de gozar, nos poñen diante de emocións e sentimentos que tamén forman parte de todos nós, xente normal.

Non hai nada que contar, nada que resaltar nese mundo claustrofóbico dos números primos, que, sen embargo, nos engancha desde o primeiro capítulo. Un libro redondo, cuns personaxes magnificamente construídos a pesar da súa dificultade. Quen non sentiu algunha vez a soidade entre os muros da incomunicación? quen non ten sufrido experiencias traumáticas imposibles de esquecer?


Heladio Anxo
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 03-02-2010 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0