As Campaíñas


La insoportable levedad del ser, de Milan Kundera
Milan Kundera é un escritor checo nacido en 1929, cando a actual República Checa aínda era Checoslovaquia. Pertenceu ó Partido Comunista, pero foi expulsado del e máis tarde converteuse nun dos principais críticos do Socialismo. Ademais desta novela, escribiu outras obras interesantes como La broma ou El libro de los amores ridículos. Que eu saiba, non hai aínda edicións en galego da súa obra. A edición que manexei eu foi unha tradución ó castelán da editorial Tusquets.

A novela foi publicada por primeira vez en París en 1984, e en 1987 xa existía a súa adaptación cinematográfica, levada a cabo polo director Philip Kaufman (quen tamén dirixiu outros filmes como Henry & June, baseada nos Diarios da escritora Anaïs Nin). Sen embargo, é curioso observar que na República Checa (a ?patria? de Kundera), La insoportable levedad del ser non se edita ata o ano 2006, sen dúbida debido á polémica figura do autor, amado e aborrecido no seu país.

Simplificando moito a trama, pódese dicir que o argumento da obra xira en torno á vida de Tomás, das súas relacións amorosas (especialmente a que mantén coa súa muller Teresa, quen tamén ten moito protagonismo na novela) e o fulminante descenso na súa carreira por cuestións políticas. Os feitos narrados sitúanse na Checoslovaquia de 1968.

O máis interesante da novela e a cantidade de puntos de vista desde os que pode ser lida e estudada, e como todos eles conteñen varios motivos que se reflicten, igual que os pequenos debuxos que se poden observar nun caleidoscopio, de modo que todo na novela encaixa, coma se fose un puzzle. Neste sentido a novela contén unha trama perfecta, sen embargo o lector non debe esperar ver unha historia contada de xeito tradicional (onde tras o plantexamento segue o desenvolvemento, para desembocar no desenlace). Ó contrario, igual que eses motivos que van e veñen e traspasan toda a novela, a mesma historia (o mesmo argumento) é contada unha e outra vez, interprétase e reinterprétase desde os puntos de vista dos diferentes personaxes e é abordada desde distintos puntos de interese. La insorportable levedad del ser pode ser lida como unha historia de amor máis ou menos tormentosa (ou unha escusa para a reflexión sobre as relacións), como unha recreación da Primavera de Praga (ou unha escusa para a reflexión política), ou directamente, como unha escusa para a reflexión filosófica, pois constantemente latexan na ficción cuestións éticas e metafísicas que todo ser humano acaba plantexándose nalgún momento (¿Qué importancia -ou insignificancia- ten cada unha das nosas actuacións, ou a nosa pasividade? ¿Ata qué punto é ético renunciar á verdade para manterse a salvo de perigos? ¿Ata que punto cada un de nós é igual -ou diferente- ó resto dos homes ou mulleres?).

Penso que cada lector pode sacar dunha obra o que máis lle interese, pero particularmente no caso desta novela, cada lector fará a súa lectura particular e diferirá moito da que faga outra persoa. Canto máis, se se fala da sensación coa que un queda despois de tela lido. No meu caso particular, tratábase dunha re-lectura, moi grata, porque descubrín nela cousas que na primeira pasaron inadvertidas (sen dúbida pola falta de experiencia lectora e vital -experiencias que nunca son suficientes, claro está-). A sensación final foi de satisfacción intelectual (porque moitas reflexións de Kundera me levaban a reflexións personais), e tamén de desencanto e tristeza, con respecto á confianza no ser humano. O episodio que máis me gustou dos narrados foi a terxiversación que, con fins políticos, fixo a prensa do artigo de Tomás, e como a partir dese momento a súa brillante carreira precipítase ata derrubarse, pero el mantén a súa dignidade como persoa por ter cumprido co seu deber moral, aínda opoñéndose a un xigante.
Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 31-12-2009 02:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Ola María, vexo que te divirtes nestas vacacións. Para min este foi un libro de iniciación á literatura 'seria'(intelectual), nos primeiros anos da#blgtk08# carreira. Daquela gustárame moito (ou iso quería), pero non é un libro que me apeteza volver a ler. Divertinme máis cos 'amores ridículos'. Saúdos
Comentario por Eladio (01-01-2010 22:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0