As Campaíñas


Las chicas de alambre, de J. Sierra y Fabra
Portada da novela
NA NOSA BIBLIOTECA


Jordi Sierra i Fabra, un dos escritores de literatura xuvenil máis coñecidos en España, naceu en Barcelona en 1947. Foi locutor de radio e dirixiu dúas revistas musicais (Disco Exprés e Música I). Actualmente adícase exclusivamente á literatura (cousa que moi poucos autores poden dicir e índice de que os seus libros son moi vendidos). Son moitas as obras de Sierra e Fabra; entre as máis coñecidas están Campos de fresas ou El asesinato de la profesora de lengua.

Las chicas de alambre é unha obra narrativa, unha novela. A primeira edición do texto é de 1999. A edición que manexei eu foi a 15ª (dígoo para que vos fagades unha idea da cantidade de exemplares que se venderon). O libro está escrito en castelán e foi publicado pola editorial Alfaguara.

O argumento da obra xira en torno á investigación que Jon Boix, un xornalista, fai sobre a desaparición de Vania, unha popular top model da que non se sabe nada dende hai dez anos. A medida que Jon vai profundizando na súa reportaxe entra en contacto coas diferentes esferas do mundo da moda e da vida cotiá das modelos, e adéntrase nos moitos tópicos que xiran en torno a este mundo (anorexia, drogas, escándalos, etc.).

A acción ten lugar en distintos lugares do mundo, debido á cantidade de viaxes que ten que facer o protagonista na procura da desaparecida Vania, pero o lugar onde vive e traballa Jon é Barcelona. O autor non profundiza moito na descrición destes lugares, prefire centrarse no glamour que rodea ás modelos e no retrato dalgúns dos personaxes. Dende o meu punto de vista, na novela queda bastante ben reflexada a superficialidade e a beleza do ambiente das pasarelas e revistas. É unha novela bastante sinxela para ler, pois nela abundan os diálogos e non ten un vocabulario difícil. Ademais, o feito de ter unha investigación como fío condutor da trama narrativa facilita que o lector manteña o interés, a curiosidade por saber que foi de Vania, ata o final da obra, e non abandone a lectura pola falta doutros estímulos.

Penso que este libro pode ser lido por rapaces a partir de doce ou trece anos, especialmente se teñen interés pola moda ou polo xornalismo. Non é unha obra mestra da literatura universal (recordemos que non sempre o éxito de vendas garantiza a calidade literaria), pero pode estar ben para afianzar o hábito lector.
Na biblioteca do colexio hai varios exemplares desta novela, sete se non lembro mal.

Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 25-11-2009 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 So beautiful, I really like your stuff let me s#blgtk08#hines,Thank you for sharing, and work smoothly
Comentario por Replica Rolex (02-07-2013 05:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0