As Campaíñas


Los maestros cerveceros, de Van Hanme & Vallés
Esta fin de semana de temporal adiqueime a reler as dúas primeiras partes de Los maestros cerveceros e, claro, non puiden evitar ir a mercar as dúas seguintes. É esta unha banda deseñada, ou unha novela gráfica, como se di agora, de 1994-95, publicada en España por Planeta-DeAgostini dentro da Colección BD, no 2003. Conta a historia da familia Steenfort, unha saga de cervexeiros belgas. Divídese en 8 partes, con catro números dobres. Cada parte pode lerse illada, pero imos querer máis.

O guión é de Van Hanme e os debuxos de Vallés. O primeiro é guionista de series como Thorgal, XIII, Largo Winch e Western. O excelente debuxante francés Vallés ten participado noutras obras, como Dorian Dombre, Bimon Francoeur ou Ráfales. Os debuxos perderon algo na edición española pola redución de formato feita por Planeta, pero aínda así son bos.

A historia comeza a mediados do século XIX con Charles, un monxe circunstancial que traizoa a súa amada e ao seu amigo para facerse coa fábrica de cervexas da súa vila. Aquí comezan as peripecias desta familia nada convencional, enmarcadas dentro dos acontecementos históricos. Non é unha obra redonda, e moitas veces as relacións familiares recordan as telenovelas máis convencionais, pero entretén e engancha. Dos dous tomos que lin me gustou moito máis o primeiro, centrado en dous personaxes fascinantes, pero pouco recomendables como amigos (sobre todo se es un obstáculo para que a cervexa fermente ben).

En xeral, tamén me atraeu o tratamento de episodios históricos, como a I Guerra Mundial e o ascenso do fascismo nos anos 30. A documentación en canto aos feitos, como á ambientación da época é moi boa (roupa, rúas, casas, paisaxe...). En definitiva, máis que recomendable para mozos e mozas amantes da banda deseñada (ou coa suficiente curiosidade como para vencer os prexuízos sobre esta marabillosa arte), da intriga, da Historia ou mesmo dos culebróns. Sen darte conta, a familia Steenfort métese na túa sala de estar e non che apetece nada que marchen. Nunca te aburrirá.


Heladio
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 18-11-2009 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0