As Campaíñas


Sherezade Bardají: 'O que máis me gustou foi contarvos contos a vós'
O mércores pasado, día do San Martiño, veu a nosa biblioteca Sherezade, unha conta contos catalá que leva en Galicia catro anos e xa fala un galego perfecto. Pola mañá tivo unha sesión co alumnado de 2º Ciclo de Primaria, e ás 14,10 comezou a contarnos contos aos das Campaíñas en exclusiva. Se queres ver as fotos preme aquí.

Pasámolo moi ben, pequenos e grandes, e botamos unhas boas gargalladas. A verdade é que nos gustou moito e non nos importaría nadiña repetir. A continuación presentamos unha entrevista que lle realizamos á artista:

- Cal foi a razon que te levou a ser contacontos?
Pois...facía teatro cando era moi pequena e cheguei a Santiago cunha beca.Un día facendo bromas entre amigos decidimos xuntarnos para contarnos historias. Despois dun tempo, chamáronme dunha biblioteca para que lles contara contos aos nenos e nenas, e como me gustou moito decidín facerme conta contos.

- Na túa profesion gustache tratar con nenos?
Si,pero tamén me gusta moito contarlles contos aos adultos.En Barcelona hai moitos bares destinados á representación de contos.

- Inventas ti os contos ou xa os colles directamente dos libros?

Conto contos tradicionais populares,ás veces invéntoos,pero gústame moito máis unir varios contos e contalos coma un só.

-Traes pensados os contos?
Normalmente. Pero hai veces que digo algún espontaneamente... Pero a maioría das veces si.Un conto tamén se pode contar de varias maneiras diferentes.

- Á xente gústanlle os teus contos?
Si. Normalmente funcionan ben. O bo dos contos é que cando non gustan dáste de conta.

- Antes de contar un conto, ensaias? Como o fas? Canto tempo lle adicas a ensaiar?
Si. Primeiro leo moito, o conto que escolles tenche que gustar. Nun papel fas o resumo do conto, fas un esquema e durante un tempo gárdalo nun caixón. Despois, cando vas narrar o conto, colles todos os resumos que teñas e escolles varios deles.
Cando acabas de contarlles aos nenos fas unha pequena reflexion sobre o que contaches.
Ensaio tres ou catro horas con cada conto.

- Os teus contos son para todos en xeral ou hai alguns en especial para diferentes idades?
Normalmente para todos en xeral, pero hai algúnns que lles conto aos mais pequenos e hai outros que lles conto aos maiores.

- Disfrutas da tua profesion?
Si, moito.

- Que foi o que máis che gustou da nosa vila?

O que mais me gustou foi contarvos contos a vós, porque estabades moi atentos e paseino moi ben. De Cuntis o que mais me gustou foi o parque do Castro e máis as burgas.

Vanessa Miguez, Noelia Pequeño, Patricia Pequeño
Comentarios (6) - Categoría: Actividades - Publicado o 16-11-2009 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Gustáronme moito os comentarios de Shere#blgtk08#zade e tamén a vosa entrevista. Moi ben.
Comentario por Heladio (18-11-2009 00:00)
2 Moitas gracias, que lindo o blog, a entrevist#blgtk08#a e todos vos!! Paseino moi ben, ata pronto!
Comentario por Sherezade (19-11-2009 19:09)
3 Pareceume unha chica mo#blgtk08#i agradable e simpatica
Comentario por kinky e ivan senin (25-11-2009 14:57)
4 Os contos pareceronme moi divertidos e gustaronme#blgtk08# moito espero que volva outra vez a nosa escola.
Comentario por noelia gonsalez pereiro (25-11-2009 15:00)
5 O contou uns contos que me pareceron moi sim#blgtk08#paticos e para rapaces pequenos tamén valen.
Comentario por kinky e ivan senin (25-11-2009 15:00)
6 Gustáronnos moito as súas historia#blgtk08#, e a entrevista, moi boa! Grazas
Comentario por sary d & uxiia (25-11-2009 15:09)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0