As Campaíñas


Crepúsculo, Luna nueva e Eclipse, de Stephenie Meyer
Estes son os primeiros libros da saga de Stephenie Meyer. A autora escolle unha historia que desborda o real do irreal.

Bella,unha rapaza de dezasete anos, decide mudarse a vivir co seu pai porque súa nai volveuse a casar e non é feliz. Os primeiros dias, Bella non sabe que facer,pero en pouco tempo coñece a Edward, un vampiro, ainda que non o sabe.

Cando ela se dá conta de como é el,comeza a saír con el e volvese moi feliz. Pero un dia atopase cun inimigo que ninguén desexaría.


En Luna nueva, Bella vai celebra-lo seu cumpreanos á casa da familia Cullem, a familia de Edward, pero sofre un accidente a causa do cal, o seu amado marcha coa intención de non volver. Cae nunha forte depresión e non é capaz de recuperarse até que comeza a saír co seu amigo Jacob, grazas a quen descobre a verdade sobre Edward. Pero non momento menos sospeitado os recordos sobre o seu antigo mozo volven, facendo que recaia unha vez mais nunha forte depresión que a impulsan a practicar "Salto ao acantilado", un deporte de altísimo resgo que case a mata de non ser por Jacob. A causa diso a irma de Edward, Alice, regresa pensando que morreu e a causa diso, Edward, moi preocupado, chama á súa casa e cando o mellor amigo (Jacob) lle di que o seu pai vai non enterro, pensa que era o enterro da súa amada e decide que o maten para reencontrarse ca súa amada. Bella e a súa irma van detelo correndo o risco de que moitos vampiros acaben coa vida de Bella, aínda así van e deteñen o macabro intento de suicidio de Edward. Despois de todo iso, Bella, decide somete-la súa humanidade a votación, saíndo gañador a súa transformación en "vampira"; aínda en total desacordo, Edward decide que será el quen a transforme se a cambio diso se converte na súa muller.

A historia segue en Eclipse con moitas máis aventuras.


Podedes ver moitos vídeos sobre a película e o libro aquí.




Vanessa Míguez
Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 29-04-2009 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Para min, Crepúsculo é o libro da saga que máis me gustou, e o que menos Luna Nueva, porque Edward marchou e Bella quedou soa durante un montón de tempo. Sempre se sentía moi triste e nunca lle pasaba nada interesante, ata que empeza a darse de conta de que cando vive unha situación de perigo, Edward apareceselle na mente. Así, ela, ponse a facer loucuras para que el se lle apareza.
En Crepúsculo e Eclipse, viven unha historia moi romántica ainda que algo extraordinaria. E en Amanecer, #blgtk08#pásanlle cousas que non son nada creíbles, e sen embargo, teñen algo de lóxica. A causa de que Bella se transforme no que ela máis quería (converterse en vampiro) é que ela quedou embarazada de Edward, cousa que ata daquela non era posible. Bella decide ter a filla, ainda que el se opón. Ó final teñen unha filla, que se chama Reneesme. Pásanlle máis cousas, como todo o que lle pasa....
Bueno, recoméndovolos todos..



Lorena Núñez
Comentario por Lorena N. (14-10-2009 15:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0