As Campaíñas


Con nome de muller
O Clube de Lectura As Campaíñas achega a guía de lectura correspondente ao mes de marzo, unha guía que, baixo o título "Con nome de muller", achega novelas asinadas por escritoras ou protagonizadas por personaxes femininas para o mes da muller. Pódese descargar premendo aquí.




Ordenemos o universo
arrombemos constelacións e órbitas
saquemos brillo á Polar
e a todas as que nos guían.

Descolguemos as nubes,
lavar, dobrar, gardar,
as súas extensións inútiles,
incómodas para a viaxe.

Eu son Penélope
e rexeito teas e fíos
non te vou agardar.

Ordenemos o universo
lavemos a cuberta e botemos pola borda
tanto lastre inútil,
e así, sen peso,
co universo ordenado
debuxemos un mapa para a viaxe.

Marta Dacosta, As amantes de Hamlet(2003)
Comentarios (0) - Categoría: Guías de lectura - Publicado o 15-03-2009 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0