As Campaíñas


Toponimia de Galicia, de Fernando Cabeza Quiles
Fernando Cabeza Aquiles abriu con este título a nova colección "Guías AZ" coa que a Editorial Galaxia quere achegar ao grande público, non só ao especializado nas diferentes materias, guías ilustradas, accesíbeis, ordenadas alfabética e tematicamente para coñecer a sociedade, a historia e a cultura do país.

En Toponimia de Galicia recolle uns 6000 nomes de lugares, apenas unha pequena parte do cuarto de millón de topónimos rexistrados en Galiza. Partindo da explicación filolóxica pero non só, o autor busca nas raíces históricas, naturais e humanas a orixe destes nomes que revelan grande parte do noso pasado colectivo e testemulan a simbiose entre o home e a terra que lle tocou habitar.

A súa disposición en guía ordenada alfabeticamente e a incorporación dun índice toponímico fan que este libro se deixe ler aos poucos, saltando de aquí a alá deixándonos levar pola curiosidade, tentando descubrir a orixe dos topónimos que nos son máis próximos ou daqueles máis chamativos e aparentemente indescifrábeis nunha xeografía na que o pobo galego foi deixando a súa pegada en milleiros de lugares até trazar unha mesta arañeira ao longo da historia. Tamén as imaxes tomadas polo propio autor axudan a situar os topónimos e fan máis atractiva e amena a súa lectura.

Podedes acceder a unha reseña da obra publicada no xornal El País premendo aquí. Na biblioteca do colexio dispoñedes dun exemplar.


Román
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 21-02-2009 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0