As Campaíñas


Donde surgen las sombras
Hxe vou comentar este libro que hai pouco que empezei e aínda non acabei pero é un libro que engancha e teño ganas de terminalo para saber como acaba.

Vai dun rapaz chamado Álex, que unha noite estaba só na súa casa xogando a un xogo de ordenador cando, de súpeto, lle apareceu un mensaxe para que entrara nunha páxina. El entrou. Nesa mesma noite o rapaz desapareceu sen avisar a ninguén. Oúnico que atoparon foi unha carta de despedida.

Os seus amigos non crian que marchara pola súa propia vontade. Puxéronse a indagar un pouco e un día, cando un dos compañeiros estaba axudando a seu pai no bar, chegoulle unha mensaxe desde o móbil do seu amigo para citalo nun sitio. O rapaz acudiu a onde o seu compañeiro lle dixera sen dicirlle nada a ninguén. Cando chegou ó sitio acordado, atacárono pero foi capaz de escapar.

Despois seguiron buscando máis probas e metéronse nos sumidoiros xa que lle parecera raro que houbera distintas tapas, pero cando estaban dentro a súa compañeira Lucía desapareceu, xa que a collera un home pero nun despiste do home foi capaz de escapar. Aí foi onde quedei pero teño moitas ganas de terminalo para saber se atopan o seu amigo.

Engancha moito. Eu recomendaríallo á xente que lle gustase libros de misterios.


Patricia
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 11-02-2009 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0