As Campaíñas


O bosque dos raposos aforcados, de Arto Paasilinna
NA NOSA BIBLIOTECA


Arto Paasilinna

A historia comeza cando Oiva Juntunen recibe a mala noticia de que os seus compañeiros no roubo ó banco de Noruega van saír do cárcere. E por iso escapa á Laponia finlandesa, donde coñecerá a Remes, un comandante do exército finlandés, que decide tomarse un ano sabático. Tamén coñecerá a Cincocentos, un raposo que é moi listo e o quitará de algún problema. Despois de moitas peripecias, chega á cabana do outeiro de Kuopsu a koltta máis vella de toda Finlandia, Naska Mosnikoff, que vivirá con Oiva e Remes despois de escapar dos servicios sociais que a queren meter nun asilo. Durante unha das borracheiras que Remes colle cando vai a Pulju a facer a compra e vender o ouro co que viven, chama a Stickan (un amigo de Oiva)para que lle envíe a dúas prostitutas para pasar o inverno, pero tardan moito tempo porque ningunha quere ir e ademais cando chegan, o guía que as leverá ata a cabana aproveita e pasa dúas noites can elas. No bosque que hai detrás da cabana deciden poñer varias trampas para os raposos por orde de Naska, pero en vez de caír os raposos, cae o gardabosques, quen lle impón unha multa a Remes, mentres que Oiva e Naska están no calabozo que Oiva construeu para que Remes non saiba onde está agochado o ouro. Despois de que marchen as señoritas, Naska cae enferma e ós poucos días morre. Oiva e Remes deciden facerlle un enterro na Terra do Defunto Juha, pero nada é igual sen ela. Aínda así non pasa moito tempo ata que teñen a visita de Hemmo Siira, un perito mercantil que lle axudara a Oiva no roubo, para reclamar a súa parte do botín. Despois de ter o premio, marcha en dirección ó Bosque dos raposos aforcados e cae nunha trampa. Oiva e Remes entérrano do outro lado a Naska e despois deciden marchar de alí e refacer as súas vidas.

O libro engancha moito e é moi fácil de ler,e ademais riste moito.



Rocio
Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 04-02-2009 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Eu lino hai algúns meses e foi un entretemento magnífico, unha historia disparatada que, sen embargo, te enche de sorr#blgtk08#isos e ganas de vivir. Hai alguén que poida rexeitar vivir no bosque dos raposos aforcados a pesar do frío da Laponia?
Comentario por Eladio (18-02-2009 20:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0