As Campaíñas


O club inicia as súas actividades no novo curso
O noso Club de lectura ponse en marcha de novo neste curso con moitas ganas de agradar e motivar na lectura, e con novidades que xa iremos dando a coñecer pouco a pouco.
A primeira delas é o cambio na coordinación do Club, xa que Eladio non sigue connosco, e o novo profesor de Historia (Jesús) é o que se fai cargo de dita coordinación. Dende aquí quero animarvos a participar.
Tamén hai cambios no horario de reunións, que serán os martes de 14.30 a 15.30 os de Secundaria, e de 15.00 a 16.00 os de Primaria, en semanas alternas. Hose é a primeira reunión de Primaria, e o vindeiro martes será a de Secundaria. Debido a que os recreos deste curso son máis curtos, non faremos reunións nos mesmos.
Entre as actividades xa planeadas temos para estoas primeiras semanas un concurso de relato breve que pretende poñer nome a nosa mascota. Como sabedes, é unha rá, por iso o relato debe ser protagonizado por unha rá nas Campaiñas. A mascota quedará có nome que teña a rá no relato gañador.
Outra actividade que propoñemos é, con motivo da cercanía do Samaín, a recollida de lendas e relatos de terror, que poden ser contados nas reunións do club e nas aulas.
Nas reunións contaranse con máis detalles estas e outras novidades.
Esperamos a vosa participación
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-10-2011 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0